Saltar

O electrodoméstico que merquei deixou de funcionar. Que poco facer?

Apresúrate a buscar o ticket de compra ou factura e, cando o teñas, os nosos compañeiros de Atención ao Cliente indicaránche como contactar co servizo técnico do fabricante

Para xestionar unha revisión do teu electrodoméstrico, é imprescindible conservar o ticket orixinal ou a factura do pedido, xa que é a garantía de compra.  

Se desexas contactar co servizo técnico, primeiro tes que atopar o manual de instrucións, a continuación, detallamos o paso a paso de como facelo na nosa web: 

  1. Localiza a referencia do artigo, podes atopalo no ticket/factura de compra, tamén o precisarás para aplicar a garantía. 
  2. Na barra de busca da nosa web ikea.es, agrega o número ou nome do electrodoméstico. 
  3. Unha vez dentro, escolle "Detalles do produto" e a continuación preme na opción "Montaxe e documentos". 
  4. Abre o manual de instrucións e na última páxina, atoparás información sobre o Centro de servizo autorizado, o teléfono de contacto e horario de atención. Podes acordar unha cita con eles e acudirán a revisar o electrodoméstico no teu domicilio.

No manual de uso tamén poderás comprobar o plazo e as condicións da garantía. 

Se queres coñecer se o teu artigo se atopa dentro do prazo de reclamación, revisa o apartado Garantías na nosa web.  

Se non logras atopar a información, o teu produto xa non se atopa dispoñible ou precisas axuda sobre a garantía dos nosos produtos, contacta co noso equipo de atención ao cliente e axudarémoste.

 

Exactamente, que partes dos nosos artigos consideras insatisfactorias ou pouco útiles?

O texto non se entende ben

O texto non ten que ver coa miña pregunta

O texto ten que ver coa miña pregunta pero non é útil

O texto é demasiado longo ou demasiado curto

Grazas pola túa opinión!

Non lle resultou útil o artigo? Proba cun dos artigos relacionados a continuación