Saltar
Ir á lista de produtos

Bogada e limpeza

White shirts on hangers, a wooden surface, an iron and a JÄLL ironing board table with a white and black cover.

Nin unha soa engurra, agora a un mellor prezo

Baixamos o prezo dos nosos produtos máis emblemáticos. Aproveita esta oportunidade para anovar o teu fogar por menos.

Os nosos prezos máis baixos

Non tes lavadoiro? Non pasa nada.

Que podo facer se non teño lavadoiro? Mira ao teu redor. Só precisas un pequeno recanto dun cuarto para poñerte mans á obra. Engádelle un carriño NISSAFORS, un par de colgadoiros con ganchos e unha bolsa para a bogada PÄRKLA. O resultado é un recanto para lavar do máis eficiente. 

Dálle un xiro

A cesta TORKIS para interior/exterior e o tendal colgante PRESSA danlle un pequeno xiro ao día da bogada e ao estilo do teu lavadoiro. É un novo xeito de arrostrar as tarefas da casa.

Tendal colgante PRESSA verde con 16 pinzas

Dálle un xiro

A cesta TORKIS para interior/exterior e o tendal colgante PRESSA danlle un pequeno xiro ao día da bogada e ao estilo do teu lavadoiro. É un novo xeito de arrostrar as tarefas da casa.

Un lavadoiro pregable

Se "pequeno" e "versátil" son as palabras clave para definir o teu lavadoiro, a serie JÄLL está feita para ti. O tendal e a bolsa para a bogada pódense pregar e gardar facilmente. Goza do espazo para ti sen que a bogada conquiste o baño.

Consellos rápidos e sinxelos para unha vida máis sostible

Cada vez máis persoas están interesadas en reducir o impacto que teñen no planeta, pero moitas non saben como facelo. Para levar unha vida sostible, hai que facer pequenos cambios nos nosos hábitos diarios. E é que a suma de moitas pequenas accións pode xerar un gran impacto ao noso ao redor.

A domicilio a partir de 48 horas

Enviámosche o teu pedido pequeno a domicilio dende 2,90€* por ser de IKEA Family. Envío de mobles dende 9,90€.

Máis información

Click & Collect GRATIS este verán

IKEA Family: Recolle o teu pedido pequeno dende 1,90€* en calquera do máis de 14.000 puntos de recollida (Inpost, Correos, tendas e puntos IKEA), só por tempo limitado!

Máis información

Opcións de financiamento

Gózao agora e vai pagando aos poucos* cos nosos servizos de financiamento.

365 días para cambiar de opinión

Podes devolver os teus artigos nas nosas tendas ou a domicilio

Máis información

Financiamento

PUBLICIDADE. 1. Financiamento a través da tarxeta IKEA Visa, emitida pola entidade de pagamento híbrida CaixaBank Payments & Consumer, E. F. C., E. P., S. A. U. e suxeita á súa autorización. A entidade escolleu, como sistema de protección dos fondos recibidos de usuarios de servizos de pagamentos que presta, o seu depósito nunha conta bancaria separada aberta en CaixaBank, S. A. Obtén máis detalles sobre as formas de pagamento da túa tarxeta aquí: www.caixabankpc.com/es/productos.Financiamento dispoñible en 3, 6, 10, 12, 18 e 24 meses sen xuros (TXN: 0%. TAE: 0%), e en 36, 48, 60 e 72 meses para compras realizadas en tendas IKEA do territorio peninsular e na tenda en liña (IKEA.es), agás a tenda IKEA Asturias. Importe mínimo de 10€ para tres, seis e dez meses, e de 120€, 180€, 500€ e 720€ para 12, 18, 24 e 36 meses, respectivamente, e de 960€ para 48, 60 e 72 meses. Importe máximo que financiar: 3000€. Exemplo representativo nunha compra financiada en dez meses de 1500€. TXN: 0%; TAE: 0%. 10 cotas de 150€. Prezo total a prazos e importe total debido: 1500€. Custo total do crédito (xuros): 0€. Exemplo representativo nunha compra financiada en 36 meses de 3000€. TXN: 4,89%; TAE: 5%. 35 cotas de 89,76€. Última cota de 89,97€. Importe total debido e prezo total a prazos: 3231,57€. Custo total do crédito (xuros): 231,57€.Sistema de amortización francés.

2. Elixe a túa cota mensual, dun mínimo de 5€, sempre que non sexa inferior ao importe mínimo mensual que fixamos para evitar que a túa débeda dure máis tempo. As condicións desta cota mínima son as establecidas na INE e no contrato, e poderás vela calculada no teu espazo de cliente na web ou na aplicación, así como no teu extracto mensual, en función do importe que dispuxeses. Exemplo representativo para unha compra de 1500€ financiada coa modalidade de pagamento aprazado ("revolving"). TXN: 20,88%; TAE: 23%. 48 cotas mensuais de 46,35€. Xuros e custo total do crédito: 724,80€. Prezo total a prazos e importe total debido: 2224,80€.Sistema de amortización francés.

3. Servizo de fraccionamento válido para compras feitas fóra de IKEA. Poderase fraccionar cada compra superior aos 30€, sempre que a modalidade de pagamento, no momento de realizar a compra, sexa a de final de mes. É necesario solicitar o fraccionamento antes do día 20 de cada mes. Para fraccionar en tres meses, importe mínimo de 30€, TXN: 0%, TAE: 19,77%, prezo do servizo 3% que aboar na primeira cota. Exemplo representativo: para unha compra fraccionada de 1500€, primeira cota de 545€, e de 500€ as demais, e importe total debido de 1545€. Custo total do crédito: 45€. Prezo total a prazos: 1545€. Para fraccionar en seis meses, importe mínimo de 60€, TXN: 14,95%, TAE: 16,01%. Exemplo representativo: para unha compra fraccionada de 1500€, seis cotas de 261,01€, xuros de 66,06€ e importe total debido de 1566,06€. Custo total do crédito: 66,06€. Prezo total a prazos: 1566,06€. Para fraccionar en dez meses, importe mínimo de 100€. TXN: 14,95%, TAE: 16,01%. Exemplo representativo: para unha compra fraccionada de 1500€, 10 cotas de 160,47€, xuros de 104,70€ e importe total debido de 1604,70€. Custo total do crédito: 104,70€. Prezo total a prazos: 1604,70€. Para fraccionar en 12 meses, importe mínimo de 120€, TXN: 14,95%, TAE: 16,01%. Exemplo representativo: para unha compra fraccionada de 1500€, 12 cotas de 135,35€, xuros de 124,20€ e importe total debido de 1624,20€. Custo total do crédito: 124,20€. Prezo total a prazos: 1624,20€. Utilizouse o sistema de amortización francés para o fraccionamento en 3, 6, 10 e 12 meses.

Artigos básicos para o lavadoiro

Transforma o lavadoiro coa nosa gama de produtos, coidadosamente seleccionada e deseñada para facilitarche as tarefas do fogar. Descubre a fusión perfecta de funcionalidade e estética para converter un lavadoiro común nun espazo magnífico.

Como podo aproveitar ao máximo o espazo do meu lavadoiro?

Optimiza o teu espazo con solucións de almacenaxe intelixentes. Os estantes de parede e os cestos permiten ter os artigos básicos á man sen desorde. Proba a mercar unha táboa de pasar o ferro pregable para aforrares espazo sen renunciar a lucir roupa impecable. Descubre a maxia dun lavadoiro en orde!

Cal é o segredo para lavar a roupa con máis eficacia?

Para que lavar a roupa non sexa un inferno, proba coa nosa gama de artigos esenciais para o lavadoiro. Merca cestos resistentes que che permitan ordenar a roupa sen esforzo e así facilitar o momento de lavala. Temos tendais que aforran espazo e alcándaras para secar a roupa ao aire de maneira eficiente, o que reduce o consumo de enerxía. Converte o proceso de lavar a roupa nunha tarefa rápida e ben organizada cos elementos adecuados.

Algún consello para aproveitar ao máximo os electrodomésticos do lavadoiro?

Amplía a vida útil dos heroes do lavadoiro cuns poucos coidados que farán maxia. Limpa con frecuencia os filtros de peluxe das secadoras para conseguir un rendemento óptimo e como medida de seguridade contra incendios. Procura ter as xuntas da lavadora impecables para evitar fugas e manter a máxima eficiencia. Cos coidados oportunos, conservarán todo o seu encanto.

Como podo crear un lavadoiro elegante?

Realza o lavadoiro alén da funcionalidade cun toque de estilo. Elixe solucións de almacenaxe en tonalidades que complementen o teu espazo e transmitan personalidade. Ilumina a estancia con iluminación LED suave para conseguir un ambiente cálido e acolledor. Un toque de vexetación ou papel adhesivo de parede daranlle un aspecto divertido sen comprometer a utilidade. Aproveita o potencial do teu lavadoiro para a decoración do teu fogar.

Goza da satisfacción de ter un lavadoiro ben ordenado e con moito estilo. A nosa gama de artigos esenciais para o lavadoiro garante que todas as visitas a este espazo funcional se convertan nunha experiencia agradable. Descubre o equilibrio entre forma e función, e transforma o teu lavadoiro nun paraíso que reflicta un estilo de vida divertido, auténtico e optimista. A eficacia e a estética van da man en cada detalle para gozares máis das tarefas da casa.