Saltar
Ir á lista de produtos

Fai sitio para máis cousas!

Non podemos prometer máis metros cadrados, pero si axudarche a ter espazo para todo o que queres no teu fogar. Dá igual se se trata dun espazo para gardar roupa, para estudar ou para reunirse: coas solucións de almacenaxe axeitadas, poderás dispoñer del. 

Reserva un oco para o que che apaixona

Quizais, os andeis de almacenaxe son o teu pasaporte a un fogar tranquilo (e a un garaxe no que non cabe nin un alfinete). Poden facer que desaparezan as moreas, organizar os materiais que precisas para os teus pasatempos e poñer orde ao caos que provocan os artigos de tempada, ao mesmo tempo que ofrecen máis espazo para as túas afeccións favoritas. 

Reserva un oco para o que che apaixona

Quizais, os andeis de almacenaxe son o teu pasaporte a un fogar tranquilo (e a un garaxe no que non cabe nin un alfinete). Poden facer que desaparezan as moreas, organizar os materiais que precisas para os teus pasatempos e poñer orde ao caos que provocan os artigos de tempada, ao mesmo tempo que ofrecen máis espazo para as túas afeccións favoritas. 

Serie de dormitorio GULLABERG

Co seu aspecto escandinavo tradicional e os seus detalles artesanais, a serie de dormitorio GULLABERG achega calidez e harmonía ao fogar. A colección inclúe unha estrutura de cama, cómodas amplas, armarios e mesas de noite; son pezas atemporais que fan que sexa doado que todo estea ben organizado. 

Almacenaxe clásica que encaixa en calquera cuarto

Tanto dá se a colocas na sala de estar ou no dormitorio ―e se a empregas para agochar as cousas ou para presumir delas―: KALLAX ofrece un deseño clásico e versátil que se adapta a todos os espazos. É doado combinar a colección KALLAX con calquera estilo, así como personalizala con accesorios e organizadores. 

Reserva un oco para botar unha boa sesta

Organiza todo o que precisas para durmir cunha almacenaxe con rodas; así, gozarás dun produto móbil co que terás doces soños. 

Un carriño VESKEN branco con rodas no que hai gardados e organizados cueiros, toalliñas e outros artigos pensados para bebés, que contribúen a que as sestas vaian sobre rodas.

Reserva un oco para botar unha boa sesta

Organiza todo o que precisas para durmir cunha almacenaxe con rodas; así, gozarás dun produto móbil co que terás doces soños. 

STORKLINTA: Almacenaxe coa que é fácil convivir

A nova cómoda STORKLINTA adáptase á perfección a calquera estancia. Ademais de elegante e contemporánea, é funcional, xa que conta con amplos caixóns corredíos suaves e tiradores integrados de agarre doado. Os caixóns quedan moi ben aliñados se colocas dous módulos STORKLINTA un ao lado do outro. Tamén che axuda a manter pechados os caixóns que non utilizas. Se abres un segundo caixón, o primeiro péchase de xeito automático. Non é superpráctico? 

Fiable por natureza

A familia de mobles de almacenaxe KRONÖREN pode parecer sinxela, e é precisamente aí onde reside o seu encanto. Non obstante, cada detalle do seu deseño é o resultado dunha reflexión meticulosa, especialmente no que respecta á escolla dos materiais. Optamos pola calidez da madeira, que podes tratar e reparar na casa. E ese coidado comeza moito antes de chegar ás túas mans. Temos requisitos estritos e controis exhaustivos con respecto á orixe da nosa madeira. Todo comeza co noso compromiso coa calidade e continúa co coidado que lle prestas no teu fogar. 

Se queres manter as túas cousas ordenadas, os mobles de almacenaxe son unha grande opción. Temos unha gran variedade de opcións de almacenaxe, como armarios, librarías, vitrinas, andeis de parede e moito máis. Estas unidades flexibles son perfectas para calquera recuncho da casa, xa sexa o dormitorio ou o comedor. Aquí tes algunhas solucións de almacenaxe coas que agardamos que aproveites ao máximo o espazo e lle deas un estilo fresco ao teu fogar. 

Que tipo de mobles de almacenaxe se adaptan mellor ás túas necesidades?

Segundo a estancia, hai diferentes opcións de almacenaxe entre as que elixir. Temos unha solución práctica para organizar as túas cousas, xa sexan libros ou roupa. 

Se buscas un moble para presumir dos teus artigos decorativos e libros, os estantes son a solución perfecta. Estas unidades non só ofrecen un espazo de almacenaxe práctico, senón que tamén che permiten expresar o teu estilo persoal ao amosar imaxes, revistas ou mesmo testos. 

Se precisas mobles para gardar a roupa, os zapatos e os accesorios, os armarios son a opción ideal. Ofrecémosche unha gran variedade de opcións para personalizar o armario segundo as túas necesidades de almacenaxe específicas. Tes a liberdade de elixir entre varios armarios e organizadores de interior que reflictan o teu estilo persoal e satisfagan as túas necesidades prácticas e preferencias estéticas. 

Se o espazo é o problema, un módulo de almacenaxe pequeno é a solución. Unha forma de optimizar o teu espazo e acceder máis facilmente ás túas cousas é colocar un moble de caixóns baixo o escritorio. Ademais, se a organización é o teu forte, un organizador de escritorio converterase nunha adición moi útil para ter cada cousa no seu sitio. 

Expresa a túa propia personalidade!

Os mobles adoitan considerarse só unha solución de almacenaxe, pero poden ofrecer moito máis. Se queres mobles de almacenaxe que, ademais, che axuden a crear un ambiente elegante e organizado, bótalle unha ollada á nosa serie de mobles de almacenaxe modernos.  

Se tes en mente unha opción de almacenaxe versátil que che proporcione numerosas posibilidades de personalización, bótalle unha ollada ao noso sistema de almacenaxe EKET. Tamén podes considerar a serie VIHALS, que che resultará moi útil porque podes personalizala e usala de diferentes xeitos para almacenar calquera cousa, sexa cal sexa a súa forma ou o seu tamaño. 

Non te conformes con menos! Realza o teu espazo con opcións modernas.