Saltar
Ir á lista de produtos

Escritorios e cadeiras de escritorio

A superficie necesaria para as túas mellores ideas

O escritorio KALLAX é un moble atemporal e estreito dabondo como para que o poidas encaixar en calquera sitio, ao mesmo tempo que ofrece o espazo que requires para as cousas que che fan falla. Ata podes agochar os cables baixo o taboleiro! 

Novos altofalantes Bluetooth: Son de calidade, tamaño compacto e prezo baixo

O altofalante Bluetooth portátil KALLSUP ofrece un son sorprendente para o seu tamaño e, grazas á súa batería recargable, permíteche escoitar música ou pódcasts por toda a casa. Mesmo podes conectar varios altofalantes os uns aos outros. 

Un todo terreo humilde que se adapta a calquera lugar

O taboleiro de madeira clara e maciza de piñeiro, a estrutura en forma de cruz allea ao paso do tempo e os detalles meticulosos do escritorio BOLLPOJKE acentúan o seu carácter tradicional. O andel aberto que hai debaixo do taboleiro mantén os obxectos que utilizas con máis frecuencia ao alcance da man, mentres que a organización de cables discreta axuda a manter a orde. Trátase dun escritorio compacto que encaixa na maioría dos fogares con pouco espazo, xa sexa pola súa conta ou en combinación con series como HAVSTA ou HEMNES.

Deseñado para moverse contigo

O escritorio elevable TROTTEN deseñouse para facilitar unha xornada laboral máis flexible. Grazas ao seu práctico axuste de altura, é sinxelo pasar de estar de pé a sentado (e viceversa) ao longo do día. O deseño adaptable fomenta o movemento e axuda a crear un espazo de traballo que se adapta a ti, e non ao revés. 

Compatible coa túa forma de traballar

A nosa gama de cadeiras de traballo supera as probas das normas BIFMA no que respecta ao cumprimento; estas normas esixen que as cadeiras se expoñan a cargas e movementos de forma constante para garantir a súa estabilidade e durabilidade. As probas replican os numerosos xeitos en que se utiliza unha cadeira ao longo dunha xornada laboral. Así, asegurámonos de que as nosas cadeiras che permitan sentar con comodidade día tras día. 

Compatible coa túa forma de traballar

A nosa gama de cadeiras de traballo supera as probas das normas BIFMA no que respecta ao cumprimento; estas normas esixen que as cadeiras se expoñan a cargas e movementos de forma constante para garantir a súa estabilidade e durabilidade. As probas replican os numerosos xeitos en que se utiliza unha cadeira ao longo dunha xornada laboral. Así, asegurámonos de que as nosas cadeiras che permitan sentar con comodidade día tras día. 

Estudar con estilo é unha opción co escritorio BETESHÄST

O escritorio BETESHÄST combina un deseño cómodo e estilizado cunha almacenaxe práctica e unha función flexible. É doado de colocar e de utilizar, e deseñouse para facer máis levadío o estudo diario a través dun formato compacto que encaixa á perfección no cuarto. Ofrece unha distribución que pon o foco nos estudos sen ocupar o espazo dun escritorio normal. 

Montaxe

Servizo profesional, tanto para o fogar como para o traballo

Máis información

Click & Collect

Pedidos para recoller

Máis información

Recompra e revenda

Diñeiro polos teus produtos IKEA usados

Máis información

Opcións de pagamento

Como pagar, na tenda e mais en Internet

Máis información