Saltar
Ir á lista de produtos

Smart home

A vida na casa é agora un chisco máis intelixente

Acende, apaga, axusta e respira. A vida é xenial cando todo flúe sen esforzo, tes un maior control da vida cotiá e gozas máis dos pequenos momentos. Descubre as marabillas das aplicacións e os dispositivos intelixentes para o fogar.

Un hub DIRIGERA redondo para produtos intelixentes sobre unha mesa de madeira antiga á beira dun xogo de xadrez.
Unha man suxeitando un móbil coa aplicación IKEA Home smart cunha pantalla con varias opcións nunha sala de estar.

Durmir mellor está ao teu alcance

Un altofalante para reproducir música tranquila, iluminación agradable, persianas eléctricas que bloquean a luz do exterior, un purificador de aire… Cos produtos intelixentes para o fogar de IKEA, podes crear un ambiente perfecto no dormitorio para durmir coma un tronco con só premer un botón.

Unha cama KLEPPSTAD diante dunha fiestra cun estor celular opaco TREDANSEN e cortinas opacas ANNAKAJSA.
Unha persoa tombada na cama estirando o brazo para premer un amortecedor sen fíos TRÅDFRI colocado enriba dunha morea de libros.
Un sensor de calidade do aire VINDSTYRKA enriba de varios libros, sobre unha caixa de madeira e ao lado dun vaso e unha cunca nunha esquina.
Unha lámpada con altofalante wifi SYMFONISK acendida entre unha fiestra e dous estores opacos enrolables FYRTUR nunha habitación escura.
Un par de libros e un floreiro con flores sobre unha mesa STARKVIND en chapa de carballo tinguida/branca con purificador de aire.

Altofalantes cun gran son que combinan co ambiente

Estes altofalantes wifi e marcos de fotos todo nun permítenche escoitar música cun estilo que se adapta ao teu fogar. Forman parte da serie SYMFONISK de altofalantes wifi, deseñados en colaboración con Sonos. Se os deseños que che amosamos non combinan coa túa decoración, podes conseguir outros paneis para os marcos.

Velaquí todos os altofalantes wifi
Unha lámpada de pé de bambú con altofalante wifi SYMFONISK nunha sala de estar á beira dun sofá verde.
Un marco con altofalante wifi SYMFONISK negro pendurado na parede nun recuncho dunha sala de estar.
Velaquí todos os altofalantes wifi

Explora ideas e inspiración para un fogar intelixente

Transforma o teu fogar nun intre con iluminación intelixente

Click & Collect

Pedidos para recoller

Máis información

Entrega e retirada

Adeus ao vello para abrir camiño ao novo

Máis información

Instalación

Un servizo completo para a cociña ou o baño

Máis información