Mente sa en cociña ordenada
No caso dalgunhas persoas, cociñar é unha actividade relaxante, pero facelo nunha cociña desordenada pode producir máis caos mental. Con algúns organizadores UPPDATERA, podes vencer o caos e acadar ese nirvana culinario que tanto precisas.

- Páxina de información do produto
Oferta exclusiva, só na tenda
As cousas como son: a todo o mundo lle encanta unha boa oferta. Por iso, cada tenda IKEA ten unha selección propia de produtos ao mellor prezo por un tempo limitado. Bule á túa tenda favorita antes de que se esgoten!
Cambiar de cociña pode ser doado
Cantas veces entraches na cociña e dixeches: "Isto hai que cambialo de contado"? Pois agora tes a oportunidade de facelo. Os nosos produtos emblemáticos, como as frontes STENSUND, teñen agora prezos máis baixos, perfectos para darlle un novo aire á cociña.
Artigos básicos que non poden faltar nunha cociña funcional
Reserva un oco para o que che gusta preparar, comer e compartir
A almacenaxe podería ser o ingrediente secreto necesario para que a túa cociña leve todos os premios. Non hai de que preocuparse aínda que non teñas moito espazo no mesado ou nos armarios. Aproveitar a parede é unha maneira intelixente de tirarlle partido ata ao último centímetro cadrado á túa disposición.
Recomendado para ti
Mellora a túa experiencia na cociña
Converte a cociña no corazón da casa. Mergúllate no universo da comodidade culinaria con IKEA: ofrecemos o deseño, a funcionalidade e o ambiente perfectos para cada comida caseira.
Apostar por unha cociña cun deseño actual é o mellor investimento?
A función da cociña como núcleo social subliña a importancia na vida moderna. Unha cociña ben deseñada optimiza o espazo, axiliza as tarefas e mellora a eficiencia diaria. Crear unha zona culinaria acorde ás túas preferencias de cores, materiais e estilo xeral é probablemente un dos mellores investimentos que podes facer. Así que anímate a crear un espazo que mellore o teu día a día, así como o valor e aspecto xeral do teu fogar.
Por que investir en electrodomésticos de cociña de calidade?
Os electrodomésticos de cociña funcionais son os heroes esquecidos da cociña. Ao facilitar o proceso de cociña, aforran tempo e esforzo. Imaxina crear delicias sen esforzo con electrodomésticos que combinen facilmente funcionalidade e estilo. A nosa gama garante unha cociña que, máis que cumprir coas túas expectativas, as superará.
Que mantemento necesitan os electrodomésticos de cociña para durar máis?
Amplía a vida útil dos teus compañeiros de cociña cun par de consellos sinxelos. A limpeza frecuente e o uso axeitado axudan bastante a garantir que os electrodomésticos resistan o paso do tempo. Nos manuais de usuario inclúense os coidados específicos que cada electrodoméstico necesita para mantelos nun estado óptimo nos vindeiros anos.








































































