Saltar

Montaxe de mobles

Os nosos produtos están deseñados especificamente para que resulte sinxelo montalos e poidas facelo sen axuda. Porén, se o prefires, podes contactar coa empresa TaskRabbit para que monten os teus mobles IKEA na casa.

TaskRabbit

Montaxe de mobles e moito máis: xa están aquí os taskers! 

Podes contratar os taskers para que monten os teus mobles IKEA e, así, gozar do teu tempo facendo o que máis che pete.

TaskRabbit é unha plataforma que permite poñerte en contacto directo, de forma rápida e sinxela, con taskers (ou traballadores autónomos de confianza) para realizar o servizo elixido. Unha nova forma de montar os teus mobles desde tan só 23€.

 

✔  Solicita o teu orzamento gratuíto en liña ou na tenda.
✔  Escolle a data e a hora que mellor se adapten a ti.
✔  Profesionais autónomos.
✔  Contacto persoal co montador.
✔  Desde 23€.
✔  Paga despois da finalización do servizo.

Dispoñible en todas as tendas da Península e desde a web

TaskRabbit só realiza a montaxe de mobles, non instala cociñas nin baños. Máis información sobre as instalacións aquí.

A contratación de servizos con TaskRabbit está dispoñible en todas as tendas da Península e desde a web.


Como funciona o servizo de montaxe de mobles IKEA de TaskRabbit?

1. Contrata a túa montaxe en liña

Contrata este servizo para as túas compras en IKEA. Se a túa compra é en liña, selecciona os artigos que queres que te montemos. TaskRabbit enviarache un orzamento ao teu correo electrónico ao finalizar a compra en IKEA. Tan só terás que acceder á ligazón e escoller a data e a hora da montaxe.

2. Conexión cun tasker

Os taskers son as persoas encargadas de realizar a montaxe dos mobles. Tras reservar o servizo, TaskRabbit conectarache cun deles. Podes tratar, comentar e confirmar todos os detalles que necesites co tasker.

3. Montaxe e pagamento

Ten os artigos no lugar onde se van montar. Os taskers sempre seguen as instrucións de montaxe dos mobles IKEA. Isto inclúe a fixación á parede se nas instrucións así o indica. O servizo facturarase e cobrarase cando estea todo terminado. *Ten en conta que os taskers non se levarán os cartóns, pero si os recollerán.


Os taskers tamén proporcionan unha infinidade de servizos para o teu fogar

Ademais da montaxe de mobles IKEA, TaskRabbit pode poñerte en contacto con profesionais que ofrecen outros servizos de axuda. Aquí compartimos algúns deles:

Axuda coa túa mudanza
Necesitas transportar algo ou que che axuden na casa para mudarte?

Reparacións do fogar
Os nosos expertos poden realizar todo tipo de reparacións menores no teu fogar.

Servizo de limpeza
Buscas servizos de limpeza do fogar? Déixanos axudarche. Os nosos taskers poden satisfacer todas as túas necesidades de limpeza residencial e doméstica.

Electricistas
Para reparar un enchufe, realizar unha instalación ou levar a cabo o mantemento eléctrico da túa casa.

Colgar cadros ou espellos
Necesitas axuda para colgar os teus cadros ou espellos? Os taskers aseguraranse de que estean nivelados e colgados de forma segura.

Instalación de TV
Goza da televisión de forma ergonómica e fiable co servizo de montaxe de TV dos taskers.

Ver máis servizos dispoñibles

Todas as reservas en TaskRabbit, así como as súas tarefas, están suxeitas aos seus termos e condicións, ademais de á súa política de privacidade.