Saltar
Ir á lista de produtos

Comodidade que encaixa en espazo e prezo

Cómoda, resistente e deseñada para o día a día. A súa estrutura metálica achega estabilidade, mentres que o asento acolchado e o respaldo curvado ofrecen un confort engadido. Un deseño moderno e atemporal que encaixa en calquera espazo sen ocupar moito sitio e a un prezo excepcional.

Velaquí todos os produtos cun prezo máis baixo
Unha cadeira SANDSBERG xunto a varias cadeiras empilladas, todas de diferentes cores, sobre un fondo vermello intenso.
Cadeiras ÖSTANÖ negras nun comedor iluminado polo sol xunto a unha mesa DOCKSTA redonda branca con accesorios de centro.
Velaquí todos os produtos cun prezo máis baixo
Mesa auxiliar LACK de efecto carballo tinguido de branco na sala de estar

Oferta exclusiva, só na tenda

As cousas como son: a todo o mundo lle encanta unha boa oferta. Por iso, cada tenda IKEA ten unha selección propia de produtos ao mellor prezo por un tempo limitado. Bule á túa tenda favorita antes de que se esgoten!

Velaquí máis produtos en oferta

Un toque de Copenhague cunha particularidade divertida

Buscas un estilo escandinavo desenfadado no teu comedor? Temos a solución. A mesa e as cadeiras KARSKÄR achegan calidez, mentres que os tons fríos en rosa claro, verde menta e azul enchen dunha personalidade divertida os accesorios, os mobles e mesmo a louza infantil. A madeira clara, as paredes brancas e as liñas sinxelas achegan equilibrio e unha sensación de espazo. Acolledoras, económicas e listas para gozar do hygge a diario.

Celebra cada momento arredor da mesa por menos de 9,99€

Velaquí o enxoval para cociñar, comer e beber
Velaquí o enxoval para cociñar, comer e beber

Serie de comedor TONSTAD

A serie de comedor TONSTAD combina funcionalidade e estilo. Presenta un deseño clásico cunha variedade de acabados que inclúen chapa de carballo e branco óso, así como detalles suaves e arredondados que proporcionan calidez e elegancia. Podes elixir cadeiras tapizadas por completo ou con asentos acolchados ―todas con fundas lavables―, e mesmo atoparás mesas extensibles por se ás veces precisas máis espazo. 

Ir á páxina de IKEA para Empresas

Buscas inspiración para a túa empresa?

Nunha cafetaría ou nun restaurante, hai unha morea de factores que inflúen na experiencia dos teus clientes: a decoración, o enxoval, o mobiliario... Queremos traballar contigo para construír o negocio dos teus soños. Asesorámoste e axudámosche a realizar a planificación, o pedido e a factura de maneira virtual ou telefónica, ou directamente na túa tenda máis próxima.

Ir á páxina de IKEA para Empresas

A domicilio a partir de 48 horas

Enviámosche o teu pedido pequeno a domicilio dende 0,90€* por ser de IKEA Family. Envío de mobles dende 12,90€.

Máis información

Montaxe de mobles

Porque hai ocasións nas que vén ben un pouquiño de axuda

Máis información

Opcións de financiamento

Gózao agora e vai pagando aos poucos* cos nosos servizos de financiamento.

Mercado Circular

Merca mobles IKEA de segunda man ou véndenos os que xa non utilizas: ti elixes!

Máis información

Financiamento

PUBLICIDADE. 1. Financiamento a través da tarxeta IKEA Visa, emitida pola entidade de pagamento híbrida CaixaBank Payments & Consumer, E. F. C., E. P., S. A. U. e suxeita á súa autorización. A entidade escolleu, como sistema de protección dos fondos recibidos de usuarios de servizos de pagamentos que presta, o seu depósito nunha conta bancaria separada aberta en CaixaBank, S. A. Obtén máis detalles sobre as formas de pagamento da túa tarxeta aquí: www.caixabankpc.com/es/productos.Financiamento dispoñible en 3, 6, 10, 12, 18 e 24 meses sen xuros (TXN: 0%. TAE: 0%), e en 36, 48, 60 e 72 meses para compras realizadas en tendas IKEA do territorio peninsular e na tenda en liña (IKEA.es), agás a tenda IKEA Asturias. Importe mínimo de 10€ para tres, seis e dez meses, e de 120€, 180€, 500€ e 720€ para 12, 18, 24 e 36 meses, respectivamente, e de 960€ para 48, 60 e 72 meses. Importe máximo que financiar: 3000€. Exemplo representativo nunha compra financiada en dez meses de 1500€. TXN: 0%; TAE: 0%. 10 cotas de 150€. Prezo total a prazos e importe total debido: 1500€. Custo total do crédito (xuros): 0€. Exemplo representativo nunha compra financiada en 36 meses de 3000€. TXN: 4,89%; TAE: 5%. 35 cotas de 89,76€. Última cota de 89,97€. Importe total debido e prezo total a prazos: 3231,57€. Custo total do crédito (xuros): 231,57€.Sistema de amortización francés.

2. Elixe a túa cota mensual, dun mínimo de 5€, sempre que non sexa inferior ao importe mínimo mensual que fixamos para evitar que a túa débeda dure máis tempo. As condicións desta cota mínima son as establecidas na INE e no contrato, e poderás vela calculada no teu espazo de cliente na web ou na aplicación, así como no teu extracto mensual, en función do importe que dispuxeses. Exemplo representativo para unha compra de 1500€ financiada coa modalidade de pagamento aprazado ("revolving"). TXN: 20,88%; TAE: 23%. 48 cotas mensuais de 46,35€. Xuros e custo total do crédito: 724,80€. Prezo total a prazos e importe total debido: 2224,80€.Sistema de amortización francés.

3. Servizo de fraccionamento válido para compras feitas fóra de IKEA. Poderase fraccionar cada compra superior aos 30€, sempre que a modalidade de pagamento, no momento de realizar a compra, sexa a de final de mes. É necesario solicitar o fraccionamento antes do día 20 de cada mes. Para fraccionar en tres meses, importe mínimo de 30€, TXN: 0%, TAE: 19,77%, prezo do servizo 3% que aboar na primeira cota. Exemplo representativo: para unha compra fraccionada de 1500€, primeira cota de 545€, e de 500€ as demais, e importe total debido de 1545€. Custo total do crédito: 45€. Prezo total a prazos: 1545€. Para fraccionar en seis meses, importe mínimo de 60€, TXN: 14,95%, TAE: 16,01%. Exemplo representativo: para unha compra fraccionada de 1500€, seis cotas de 261,01€, xuros de 66,06€ e importe total debido de 1566,06€. Custo total do crédito: 66,06€. Prezo total a prazos: 1566,06€. Para fraccionar en dez meses, importe mínimo de 100€. TXN: 14,95%, TAE: 16,01%. Exemplo representativo: para unha compra fraccionada de 1500€, 10 cotas de 160,47€, xuros de 104,70€ e importe total debido de 1604,70€. Custo total do crédito: 104,70€. Prezo total a prazos: 1604,70€. Para fraccionar en 12 meses, importe mínimo de 120€, TXN: 14,95%, TAE: 16,01%. Exemplo representativo: para unha compra fraccionada de 1500€, 12 cotas de 135,35€, xuros de 124,20€ e importe total debido de 1624,20€. Custo total do crédito: 124,20€. Prezo total a prazos: 1624,20€. Utilizouse o sistema de amortización francés para o fraccionamento en 3, 6, 10 e 12 meses.