Os nosos expertos, á túa disposición
Porque, ás veces, os grandes soños precisan axuda
Poñemos a experiencia dos nosos expertos á túa disposición para axudarche a deseñar e construír a solución que buscas. Elixe o servizo que máis se adapte ás túas necesidades e reserva unha cita mediante videoconferencia dende a comodidade do teu fogar ou na túa tenda IKEA favorita.
Servizo de planificación
Estamos á túa disposición para axudarche a planificar os mobles da túa cociña, o teu dormitorio e a túa sala de estar.
Reserva a túa cita e elixe se a queres na túa tenda máis próxima, de xeito virtual ou a domicilio.
Proxectos de deseño de interiores
Renova o teu fogar con estilo; ti elixes que estancias queres cambiar e nós creamos un proxecto á túa medida que se adapte ás túas necesidades, coidando cada detalle, dende mobles ata accesorios, pasando por cores e texturas.
Proxectos personalizados para o teu negocio
Sexa cal for o teu negocio, temos solucións funcionais para ti. Os nosos expertos en deseño de interiores ofreceranche unha atención personalizada e traballarán para crear o proxecto que precisas.