Política de divulgación responsable

Seguridade para todos

En IKEA valoramos a confianza que os nosos clientes depositan en nós. Por iso é tan importante a seguridade da nosa páxina web.

  • Se descobres algunha vulnerabilidade nos nosos servizos, agradeceriámosche que nos informases dela enviándonos o que atopases* a través do informe de divulgación responsable que poderás encontrar na nosa Bugs website.

Revisaremos o que nos envíes e, se todo é correcto e es a primeira persoa en informar diso, poderás obter unha compensación económica** polo teu esforzo.

Visita a nosa web de bugs para obteres máis información e para coñeceres a nosa política de divulgación responsable. Xuntos podemos garantir a seguridade de IKEA.com.

*De acordo con esta política de divulgación responsable, IKEA non emprenderá accións legais contra as persoas que descubran e informen sobre vulnerabilidades de seguridade.

**Os informes de divulgación responsable poden ser recompensados cunha retribución económica segundo o alcance e o posible risco de vulnerabilidade que supoña para a empresa. Por favor, lembra que isto só é válido para as solucións polas que IKEA ofrece unha compensación económica.