Comer en IKEA
Comer non é só alimentarse. Trátase de compartir un anaco agradable coa nosa familia, os nosos amigos e amigas e mesmo cos nosos pensamentos. É o olor a café do almorzo e a bolaría que se acaba de preparar. É toda unha experiencia en conxunto.
Sempre podes almorzar no noso restaurante para iniciar as túas compras con enerxía ou descansar nel durante a túa viaxe na tenda e aproveitar para comer algo rico. Toda experiencia mellora co estómago cheo.
Goza dunha experiencia deliciosa
Restaurante IKEA
Xa sabes que vas comer? Bota unha ollada aos nosos pratos no restaurante da túa tenda IKEA.
Bistró
Se xa remataches a túa compra, podes pasar polo noso bistró a gozar dun bo petisco.
A tenda sueca
Leva o mellor da gastronomía sueca, con produtos como marmelada ecolóxica ou salmón con certificación ASC.
A gastronomía sueca, na túa casa
Leva o mellor da nosa gastronomía. Podes pedir en liña e recollelo na túa tenda IKEA ou levalo do restaurante durante a túa visita.
Too Good To Go
Sabías que cada ano se desperdician no mundo un terzo da comida producida para consumo humano? Isto equivale a aproximadamente 1,6 mil millóns de toneladas de alimentos. En IKEA, aliámonos con Too Good To Go para loitar contra o desperdicio de comida. Se te queres unir a esta loita, descarga a súa aplicación e goza dos deliciosos paquetes sorpresa do noso restaurante.
Para levar
Fai o teu pedido no noso restaurante ou bistró e goza de toda a gastronomía sueca onde quixeres.