Saltar

Facturas e tíckets

En todas as compras en IKEA, emitimos unha factura simplificada en formato tícket sen incluír os teus datos fiscais. Se precisas unha factura ordinaria (que inclúa os teus datos fiscais), debes solicitala antes de realizar o pagamento na propia caixa.

Vantaxes por ser da Rede IKEA para Empresas

Se es da Rede, a través da túa páxina de usuario podes acceder ao teu historial de compras en calquera momento e consultar os teus tíckets, as facturas dos teus pedidos e moitas outras vantaxes (As túas compras suman, descontos exclusivos, etc.). Só tes que iniciar sesión!

Aínda non es da Rede? Só tes que crear o teu perfil e indicar "Estou a mercar para a miña empresa" no formulario.

Únete á Rede IKEA para Empresas ou inicia sesión nela

Necesitas unha factura ordinaria?

Tes varios xeitos de facelo:

Formulario

Tamén podes facer clic na seguinte ligazón "Solicitude de facturas e duplicados" e anexar unha foto do teu tícket de compra, e nun prazo aproximado de dúas semanas recibirás a túa factura ordinaria por correo electrónico.

Mercaches en IKEA nas Baleares ou nas Canarias?Visita a tenda. 

En calquera caso, sempre podes acudir á sección de asistencia ao cliente da túa tenda IKEA máis próxima co tícket de compra e os teus datos fiscais para solicitar a túa factura ordinaria.

Cando e como podo solicitar unha devolución de IVE?

Existen varios supostos nos que un cliente pode solicitar a devolución de IVE pagado nas súas compras:
 
1. DEVOLUCIÓN DE IVE A CLIENTES EN RÉXIME DE VIAXEIROS.
Se es un cliente particular residente nun país estranxeiro non comunitario ou residente en Ceuta, Melilla ou as Illas Canarias, poderás solicitar o reembolso do IVE das túas compras realizadas en IKEA. No caso das compras realizadas a partir do 05/07/2018, a solicitude non require un importe mínimo de compra. As compras anteriores a esta data deben superar, para solicitar o reembolso de IVE, un importe mínimo de 90,15€.
 
Onde teño que xestionar a miña solicitude?
Primeiro, para xestionar a túa solicitude, deberás dirixirte ao departamento de asistencia ao cliente de calquera das nosas tendas. É imprescindible que leves contigo a túa factura ordinaria da compra e o teu documento de identificación (pasaporte, tarxeta de residencia...). Lembra que a factura ten que incluír os teus datos fiscais e debe emitirse ao domicilio do teu lugar de residencia: isto é o que che dá dereito á devolución de IVE.

Por último, deberás selar electronicamente nos quioscos DIVA ou nas oficinas da alfándega, situadas nos portos ou aeroportos, o Documento Electrónico de Reembolso (DER) emitido en tenda. Dispós dun prazo de tres meses a partir da data de compra da mercadoría.

Podes contactar connosco a través do 900 400 922 ou no noso chat. 


Como podo solicitalo?
Indícanos en asistencia ao cliente a través de que modalidade queres solicitar o reembolso do IVE (Global Blue ou IKEA), para que poidamos emitirche correctamente o Documento Electrónico de Reembolso (DER).
 
- A través de Global Blue: Nestes casos, a devolución de IVE solicitarase a través da entidade colaboradora Global Blue. O reembolso será inmediato (mediante ingreso en tarxeta de crédito ou en efectivo) unha vez que entregues toda a documentación nas súas oficinas, situadas en portos ou aeroportos. Esta entidade cobrarache unha comisión.
 
- A través de IKEA: Nestes casos, a devolución solicitarase directamente a IKEA. O reembolso será íntegro a través de transferencia bancaria e realizarase aproximadamente no prazo de 15 días hábiles, unha vez que recibamos toda a documentación solicitada ao seguinte enderezo:
DEVOLUCIÓN ÍNTEGRA - Calle Me falta un tornillo 5, Arroyo de la Encomienda (Valladolid) 47195. 

Se tes calquera consulta, podes contactar connosco a través do correo electrónico so.devolucioniva.es@ingka.ikea.com
 
Que documentación preciso achegar en cada unha das modalidades?
 
- A través de Global Blue: O DER selado electronicamente e o número de tarxeta de crédito onde queres que che realicen o reembolso (tamén poderán reembolsarte en efectivo)
 
- A través de IKEA: O DER selado electronicamente, unha copia do teu documento identificador (pasaporte, tarxeta de residencia…) e o número da conta bancaria (SEPA*) onde queres que se realice a transferencia.
 
* A zona única de pagamentos en euros (SEPA, polo seu acrónimo en inglés) é a área na que cidadáns, empresas e outros axentes económicos poden efectuar e recibir pagamentos en euros en Europa, dentro e fóra das fronteiras nacionais, nas mesmas condicións e cos mesmos dereitos e obrigas, independentemente do lugar no que se atopen. 
 
2. DEVOLUCIÓN DE IVE A DIPLOMÁTICOS E EMPRESAS QUE REALIZAN UNHA EXPEDICIÓN COMERCIAL. 
Se es un cliente e pertences ao persoal diplomático, consular ou da OTAN, ou ben es unha empresa (tanto comunitaria como non comunitaria), deberás solicitarnos directamente o IVE, de acordo coas instrucións do seguinte formulario:
 
Formulario de devolución de IVE (IKEA Ibérica)
 
Unha vez selada a factura fisicamente na alfándega, xunto co formulario completo e o resto da documentación, deberás enviarnos todo o expediente ao seguinte enderezo postal: Calle Me falta un tornillo 5, Arroyo de la Encomienda (Valladolid) 47195.

O reembolso realizarase integramente no prazo de 15 días hábiles, unha vez recibida toda a documentación como é debido no enderezo indicado.

Para poder realizar a solicitude de devolución de IVE, é imprescindible que dispoñas de factura ORDINARIA. No caso das empresas, deberás selar a factura na alfándega ou realizar o DUA no prazo dun mes a partir da data de compra da mercadoría.

3. PARA CONSULTAS RELACIONADAS CON SOLICITUDES DE DEVOLUCIÓN DE IVE. 

Pide información no departamento de asistencia ao cliente da túa tenda ou no correo so.devolucioniva.es@ingka.ikea.com.

Preguntas frecuentes