Aplicación IKEA
Hai máis dunha forma de crear un fogar con IKEA e máis dunha aplicación que pode axudarche a conseguilo. As nosas aplicacións IKEA facilitan aínda máis a procura de inspiración para a decoración do fogar, a compra de mobles e moito máis. Nesta páxina atoparás todo o que necesitas saber sobre elas.

Novidade na aplicación: escanea e paga sen colas!
En que consiste e que vantaxes ten?
Ao usar a aplicación IKEA cando visites a túa tenda máis próxima, poderás pagar sen necesidade de agardar en colas. Escanea os teus artigos co teléfono, controla o teu orzamento polo camiño e paga nun abrir e cerrar de ollos. Sinxelo, rápido e cómodo.
Como funciona?
- Descarga a aplicación IKEA en Google Play (Android) ou na App Store de Apple (iOS).
- Escanea os produtos na tenda antes de gardalos no carro.
- Paga en caixa co QR que xera automaticamente a aplicación. Feito!

Aplicación IKEA
A túa compra, máis fácil
A aplicación IKEA é unha forma sinxela de mellorar o teu fogar, esteas onde esteas. Merca mobles, crea listas da compra, escanea produtos na tenda para obter máis información, comproba a túa conta IKEA Family ou inspírate: todo coa nosa aplicación IKEA.
Aplicación IKEA Home smart
Fai que o teu día a día sexa máis intelixente
A nosa gama de produtos intelixentes está deseñada para facer a túa vida cotiá un pouco máis práctica. E coa aplicación IKEA Home smart conectada á pasarela TRÅDFRI, é fácil gozar deles. Descubre un día a día máis práctico con son, persianas, purificadores de aire e enerxía intelixentes.