Política de privacidade

Todos os días traballamos para mellorar a vida cotiá de tantas persoas como sexa posible, non só a través dos nosos produtos e coleccións, senón tamén a través dos nosos servizos. Nalgúns casos, temos que solicitar información para conseguilo. Non recompilamos información só porque si. A fin de contas, estamos a falar da túa privacidade e cremos que debemos ser totalmente transparentes en todo o que a rodea.

O noso compromiso coa privacidade dos clientes

En calquera caso, para nós, é importante explicarche o seguinte:

  • Recompilamos os teus datos para que a túa experiencia de compra en IKEA sexa mellor, atendendo os desexos específicos dos que tes mentes e sempre con total transparencia.
  • Somos transparentes e sinceros respecto aos datos que obtemos sobre ti e a razón pola que o facemos.
  • Queremos ofrecerche unha mellor experiencia con IKEA, polo que buscamos sorprenderte constantemente. Para iso, necesitamos coñecerte mellor e poder adaptarnos ás túas preferencias, á túa situación persoal e aos teus gustos. Cando vaiamos usar a túa información persoal para obter información máis exhaustiva sobre ti, farémolo cumprindo a normativa, e cando sexa necesario, pedirémosche permiso para iso.
  • Comprendemos que os teus datos che pertencen. Polo tanto, podes informarnos en calquera momento se xa non nos autorizas a procesalos.
  • Garantimos a túa seguridade e tratamos os teus datos de acordo coas leis europeas.
  • Para obter máis información sobre estas cuestións, consulta nos distintos apartados da política de privacidade que encontrarás deseguido:

1. Cales son os teus dereitos sobre os teus datos?

Se quixeres facerlle un pedimento a IKEA relacionado cos teus datos e exercer os teus dereitos nesta materia, contacta con IKEA de forma rápida e sinxela por medio do seguinte formulario: Dereitos ARSOPOL.

O dereito de acceso aos datos persoais Tes dereito a obter unha copia dos datos persoais que IKEA ten sobre ti e información de como os utilizamos. En termos xerais, estas solicitudes serán tramitadas sen custo ningún para o interesado.

O dereito de rectificación Podes solicitar a IKEA que actualicemos ou rectifiquemos a información que IKEA ten sobre ti.

O dereito de supresión Podes solicitarnos que cancelemos os teus datos, aínda que isto poida implicar que non sexa posible prestarche un servizo.

O dereito de oposición e á limitación do tratamento Podes opoñerte ao tratamento dos teus datos persoais ou solicitar que non se empreguen para determinadas finalidades.

O dereito á portabilidade Sempre que se cumpran os requisitos necesarios, podes solicitar os teus datos persoais nun formato electrónico de uso común, e que estes se transmitan a outro terceiro da túa elección.

O dereito a non ser obxecto dunha decisión automatizada (incluído perfilado) Tes dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente en tratamentos automatizados.

O dereito á revogación do consentimento Se nos deches o teu consentimento para un tratamento de datos concreto, informámoste de que podes retiralo en calquera momento.

O dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de datos Se nalgún momento estás insatisfeito/a ou preocupado/a sobre como respondemos á túa solicitude, podes presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

2. Que datos persoais recollemos?

Os datos persoais que nos proporcionas habitualmente son:

• O teu nome, enderezo e data de nacemento.
• O teu enderezo de facturación e o teu enderezo de envío.
• O teu número de teléfono e enderezo de correo electrónico.
• A túa información relativa a pagamentos e devolucións. Non obstante, no caso de que xestiones un pagamento a través da nosa web ou na nosa tenda, non conservaremos esta información en cumprimento da normativa vixente, de xeito que os teus datos se enviarán directamente a través da pasarela de pagamentos ao provedor de servizos de pagamento.
• O enderezo IP, que recollemos cando compras en liña con fins de seguridade e prevención da fraude.
• Calquera outra información que decidas compartir con nós.

En función do uso de novas tecnoloxías para distintas iniciativas, poderemos solicitar datos diferentes, do que te informaremos debidamente en cada caso.

Recorda que os datos que nos proporcionas deben ser adecuados e pertinentes. En caso de que os datos que nos facilites sexan falsos, incompletos, inexactos ou non estean actualizados, IKEA resérvase o dereito de finalizar os servizos contratados ou calquera outro contrato que se subscribise. Ademais dos datos persoais, podes compartir connosco outra información adicional, en particular se te dás de alta no Club de Fidelización IKEA Family, que aparecerá vinculada a ti, tal e como:

• Número de membros da familia.
• Formación académica.
• As túas preferencias relacionadas co fogar e a decoración.
• O teu historial de compra de produtos e servizos de IKEA, tanto nas tendas físicas como en liña ou por calquera outra canle de IKEA.
• As características da túa casa: tipo de vivenda, metros cadrados, estilo de decoración, proxectos de decoración.
• Así como calquera outra información que decidas compartir connosco.

3. Quen é o responsable do tratamento dos teus datos?

IKEA IBÉRICA S.A.U. se compras ou contratas servizos nas tendas da Península, agás Barakaldo e IKEA NORTE S.L., no caso de que compres ou contrates servizos na tenda de Barakaldo (ou no punto de entrega de Pamplona) son as entidades responsables de recompilar esta información.

Enderezo postal:
IKEA IBERICA S.A.U.                                     IKEA NORTE S.L.
Avda. Matapiñonera 9                                Centro Comercial Megapark s/n
28703 San Sebastián de los Reyes          48903 Barakaldo (Biscaia)
Madrid

4. Por que e para que tratamos os teus datos?

Utilizamos de diferentes maneiras os datos que nos proporcionas, tanto cando visitas as tendas físicas de IKEA como a través de diferentes seccións da web, entre outras circunstancias con carácter enunciativo pero non limitativo cando:

• Te rexistras no noso sitio web.
• Solicitas que che enviemos o catálogo anual.
• Realizas algunha consulta sobre os nosos produtos ou fas un pedido que requira identificarte.
• Realizas unha compra en liña ou na tenda.
• Solicitas ser informado/a da dispoñibilidade dun produto.
• Solicitas unha cita para algún dos nosos servizos.
• Pasas a formar parte do Club IKEA Family ou de IKEA Business
• Participas en enquisas de calidade dos servizos ou deixas a túa opinión sobre os produtos de IKEA
• Te pos en contacto coa tenda ou co equipo de Atención ao Cliente e nos indicas onde che podemos escribir ou como nos podemos poñer en contacto contigo por teléfono ou por correo electrónico.
• devolves un produto ou presentas unha reclamación;
• participas nalgún concurso, sorteo ou outra actividade promocional organizada por IKEA;
• inscríbeste para realizar unha actividade na tenda;
Deixas o teu fillo na Sala de Xogos mentres visitas a tenda


Como poderás ver, podemos tratar os teus datos para diferentes finalidades. Ti podes elixir para que podemos utilizar os teus datos. Non obstante, informámoste de que hai algunhas finalidades que resultan necesarias para poder prestar o servizo que nos pides ou para poder completar a túa compra, así como para poder identificarte. Contámoscho deseguido:

Finalidades relacionadas coa contratación:

Necesitamos os teus datos tanto para xestionar os teus pedidos daqueles artigos que elixiras nas nosas tendas, así como se queres comprar en IKEA ou contratar algún dos nosos servizos, xa for en liña na web, ou nas tendas físicas de IKEA. Gardamos a información por se necesitamos comprobar que compraches ou contrataches connosco nun momento dado. Nestes casos, só recollemos datos básicos e de contacto, que se non nolos facilitas non nos permitirán ofrecerche o servizo contratado ou localizarte cando chegue o artigo que nos encargaras. Se decides deixar os teus fillos na Sala de Xogos, IKEA coidará deles namentres realizas as túas compras logo de rexistralos na aplicación informática que habilitamos para tal fin.

Finalidades que requiren o teu consentimento:

Se nos dás o teu consentimento, podemos elaborar ou enriquecer o teu perfil co fin de coñecerte mellor por medio de procedementos estatísticos e matemáticos, mesmo obtendo información relativa á túa persoa de fontes públicas. Para poder obter información relevante, poderemos utilizar algoritmos e diversas ferramentas automatizadas que nos permitan obter datos de interese cos que poder coñecerte mellor e ofrecerche o que máis che interesa. Non obstante, non tomamos decisións automatizados con efectos significativos para ti. Isto permítenos ofrecerche produtos e servizos de IKEA e/ou produtos e servizos de terceiros cos que IKEA alcanzara algún acordo de colaboración, entre eles, a título enunciativo, entidades de pagamento e sector financeiro.

Se nos deches o teu consentimento para enviarche comunicacións de mercadotecnia por correo electrónico, tentaremos que eses correos sexan o máis relevantes posible para ti, polo que che enviaremos comunicacións personalizadas consonte ós teus gustos, intereses e historia de compra. Tamén podemos enviarche correos electrónicos publicitarios baseados nas túas compras previas, nos teus hábitos de navegación na web, así como nas planificacións ou listas da compra que gardases na túa conta, correos electrónicos para recordarche os artigos que puxeches no carro da compra e que finalmente non mercaches, así como enviarche correos electrónicos se amosas interese nun produto na web pero finalmente non o mercas, ou, por exemplo, se advertimos que levas un tempo sen mercar en IKEA para recordarche que podes mercar os nosos produtos e servizos. Podes rexeitar en calquera momento a recepción deste tipo de mensaxes seguindo a ligazón para darse de baixa no pé de calquera das comunicacións.

Desenvolver accións comerciais e elaborar un perfil comercial por medios automatizados a partir das túas preferencias persoais, mediante a análise dos teus hábitos de compra e o teu historial de compras, tanto nas tendas físicas de IKEA como a través da web.

En caso de que non autorices o tratamento dos teus datos con fins comerciais, isto non afectará a túa relación con IKEA, aínda que non poderemos ofrecerche de forma personalizada e axustada aqueles produtos e servizos que máis se adapten ás túas necesidades.

Se participas nunha acción de IKEA na que se realizarán fotos ou vídeos, pedirémosche que nos autorices a súa difusión, agás que exista outra base legal aplicable ao consentimento que aplique no seu caso.

É un servizo opcional e, en calquera momento, podes rexeitar a recepción deste tipo de mensaxes seguindo a ligazón para darse de baixa no pé de calquera das comunicacións.

Finalidades baseadas no interese lexítimo de IKEA:

IKEA entende que como cliente non esperas que interrompamos constantemente o teu proceso de compra nin que obteñamos o teu consentimento para cada interacción con IKEA que implique tratamento de datos persoais. Cremos que podemos ofrecerche unha experiencia personalizada coa marca IKEA e, para iso, podemos:

Enviarche información comercial sobre produtos, servizos, promocións ou eventos de IKEA e recomendarche produtos ou servizos semellantes aos que contrataras no pasado, en especial se es socio do noso Club de Fidelización IKEA Family. Isto incluirá o envío de felicitacións nas datas sinaladas. Estes envíos realizaranse por calquera medio de contacto facilitado, e preferentemente por correo electrónico ou outros medios electrónicos equivalentes. Poderemos utilizar algoritmos e diversas ferramentas automatizadas para a elaboración e o envío de publicidade. Non obstante, non tomamos decisións automatizados con efectos significativos para ti.

Realizar unha análise sociodemográfica dos clientes e adaptar a información comercial de IKEA ás túas características e ás túas posibles preferencias, gustos ou intereses de forma xeral e non personalizada con fins exclusivamente internos.

Analizar os datos internamente e elaborar estudos, informes e estatísticas para ver como poderemos mellorar os servizos, os produtos e o propio sitio web con fins exclusivamente internos. 

IKEA entende tamén que o seu interese lexítimo de comunicarse cos clientes e usuarios prima fronte ao dereito do cliente a que non se traten os datos sen consentimento previo. Non obstante, sempre poderás opoñerte ao tratamento dos datos para estas finalidades en calquera momento. Outros tratamentos de datos baseados no interese lexítimo son:

Previr a fraude nas compras

Gravar a túa voz para manter a calidade do servizo e usar as gravacións con fins formativos.
Atenderte e proporcionarche o servizo de Atención ao Cliente para resolver as túas dúbidas ou preguntas, así como resolver as incidencias que nos formules.
Contactar contigo no caso de que lancemos unha advertencia de seguridade sobre algún dos nosos produtos ou de que precisemos investigar casos relacionados coa seguridade dos produtos de IKEA.
Enviarche enquisas de calidade dos servizos prestados.
O envío de convites para valorar os produtos IKEA
Recoller os teus datos cando completes unha folla de queixa ou de felicitación.
Comunicar os teus datos a empresas do Grupo IKEA con fins de administración interna e facturación, para a correcta xestión das nosas bases de datos, así como para que nos proporcionen servizos diversos que nos permitan funcionar no día a día e ofrecer os nosos produtos e servizos.

Finalidades baseadas no cumprimento de obrigas legais:

Para cumprir coas obrigas legais que corresponden a IKEA, temos que manexar datos persoais de facturas e documentos relacionados con estas; así como para poder responder a reclamacións tanto de clientes como as que proveñen das Administracións públicas. Nalgúns casos é necesario facilitar información ás autoridades ou terceiras empresas por motivos de auditoría. Tamén temos que manexar os teus datos para resolver reclamacións no tempo legalmente establecido, así como cando che subministramos pezas de reposto dos artigos.

5. Cando proporcionamos datos persoais?

NA TENDA:

Cámaras de seguridade

Todas as nosas tendas están equipadas con cámaras que son necesarias para garantir a túa seguridade e a do noso persoal, así como para protexer os nosos produtos. As imaxes das cámaras eliminaranse, como máximo, transcorridos 30 días, a menos que existan razóns fundamentadas para almacenalas durante máis tempo (por exemplo, se forman parte dunha investigación policial).
 
Xogos en Småland

Non esquecemos os nosos visitantes máis pequenos. Poden xogar a pracer en Småland mentres os adultos botan unha ollada pola tenda. Para que o teu fillo poida xogar en Småland, necesitamos información sobre ti, como o teu nome e número de teléfono, o nome e a idade do teu fillo. Desta forma, podemos garantir que a persoa adecuada recolla o neno e poñernos en contacto contigo se algo lle sucedese ao teu fillo. Nalgunhas das nosas tendas esta información é solicitada por IKEA e o seu persoal, mentres que noutras tendas, a Sala de Xogos está xestionada por unha empresa externa que é a que se encarga de rexistrar os datos do teu fillo. En calquera caso, os datos de rexistro na Sala de Xogos só se conservarán no prazo máximo dunha semana, agás que fose necesario conservalos durante máis tempo, por exemplo, para resolver calquera tipo de reclamación ou consulta ou ben se nos autorizaras o envío de publicidade sobre produtos infantís.
 
Uso da nosa rede wifi

Podes utilizar a nosa rede wifi de forma gratuíta cando visites calquera das nosas tendas. Este servizo proporciónao un provedor externo contratado por IKEA que xestiona integramente o servizo de wifi. Unha vez que inicies sesión, recompilaranse automaticamente algúns datos, como o número de identificación (enderezo MAC) do teu dispositivo. Esta información eliminarase transcorrido un ano e só se poderá usar para evitar calquera uso indebido. De se levaren a cabo actividades ilegais ou de se produciren accesos a contidos non permitidos dende a rede wifi, o provedor poderá bloquear o acceso ao dispositivo que se está a utilizar.
 
A factura das túas compras

É moi probable que remates comprando algún produto ou servizo IKEA ao visitar unha das nosas tendas. Unha vez realizado o pagamento, os datos da transacción rexistraranse para finalizar o pedido. Para os efectos fiscais, estamos obrigados a conservar os detalles das facturas, así como os documentos relacionados con estas, como solicitudes de duplicados de facturas ou de devolución de IVE durante dez anos. 
 
Se amosas a túa tarxeta IKEA Family, ao finalizar a túa compra vincularemos os datos da transacción á túa conta IKEA Family. Desta forma, tamén podemos aplicar calquera desconto.

Tamén te podes subscribir á emisión de facturas en formato electrónico (Os meus tíckets), o que che permitirá ter sempre dispoñible, na túa área de socio IKEA Family, as facturas de todas as compras realizadas nunha tenda física, sempre e cando pasases a tarxeta IKEA Family ao realizar a compra. Podes desactivar este servizo en calquera momento desde a túa área de socio sen que supoña ningún tipo de cambio na túa pertenza a IKEA Family.

Servizos

En IKEA, ti podes encargarte de todo, pero debes saber que sempre estamos dispostos a botarche unha man. Por exemplo, podemos axudarche coa instalación da cociña, a montaxe dos teus armarios PAX ou levarche as compras á casa.
 
Se adquires un servizo, rexistraremos certa información sobre ti. Necesitamos o teu enderezo para poder proporcionar o servizo no teu fogar, así como o teu enderezo de correo electrónico e número de teléfono para poder manterte ao tanto das citas concertadas ou para saber se estás satisfeito co noso servizo. Cando é necesario, compartimos esta información cos provedores externos de servizos que se encargan destas tarefas no noso nome. Por exemplo, o servizo de transporte necesita saber o teu nome e enderezo para poder levarte os nosos produtos á casa. Estes provedores externos de servizos só poden usar os teus datos para proporcionar o servizo correspondente nas condicións acordadas con eles por IKEA.
 
Conservamos os datos sobre as túas compras para poder responder a calquera pregunta ou xestionar calquera reclamación sobre o servizo.
 
Se empregas a túa tarxeta IKEA Family, ao finalizar a compra vincularemos os datos da transacción á túa conta IKEA Family. Desta forma, tamén podemos aplicar calquera desconto.
 
Nalgunhas das nosas tendas é posible celebrar aniversarios no Restaurante. Para iso, necesitamos rexistrar os datos básicos da persoa que fai a reserva, pero non necesitamos rexistrar os nomes completos dos nenos que asistirán nin tampouco gardar datos sensibles relacionados coa súa alimentación. Pedímosche que acompañes o teu fillo nese momento para que poidas gozar dun aniversario feliz.
 
Alugueiro de vehículos

Que podes facer se o teu coche non é o suficientemente grande como para que caiban as túas compras ou se non dispós dun vehículo propio? Nalgunhas tendas IKEA podes alugar un vehículo para levar as túas compras IKEA á casa.
 
IKEA non aluga os vehículos, senón que un dos nosos socios ofrece esta opción en varias tendas IKEA. Para alugar un vehículo, debes proporcionar certa información, que quedará protexida pola política de privacidade do noso socio de alugueiro. Esta información non se transfire a IKEA. Só de forma excepcional e temporal, e se é necesario para que se leve a cabo o alugueiro, é posible que IKEA, cumprindo coas garantías necesarias, manexara a documentación requirida polo noso socio co único fin de facilitarche o alugueiro do vehículo.
 
Ferramentas para facilitar a compra

Sabemos que hai veces en que necesitas unha pequena axuda, para o que nalgunhas tendas che facilitamos o uso dunha cadeira de rodas ou carriños onde podes ir acompañado do teu bebé, para o cal levamos un rexistro sinxelo co fin de facilitar o seu acceso a todos os clientes. Nalgunhas tendas, tamén podes solicitar no Departamento de Recovery ou no Faiado un préstamo de ferramentas para poder desmontar os artigos que queiras levar á túa casa. Nese caso só conservaremos os formularios que rexistran ese préstamo durante o prazo máximo de trinta días.
Poderás atopar quioscos para creares o teu propio pedido ou simplemente creares a lista da compra. En ámbolos casos indicarémosche se é necesario recoller os artigos na localización indicada no pedido ou podes pagar directamente na caixa. Almacenamos o teléfono ou o correo electrónico durante un ano e transcorrido este prazo elimínase definitivamente.
 
Obxectos perdidos/encontrados

Nalgunhas das visitas a IKEA pode que te despistes, o que fai que ás veces nas nosas tendas aparezan obxectos esquecidos ou perdidos que, en ocasións, os propios clientes deixan no Servizo de Atención ao Cliente. Nese caso rexistramos os teus datos básicos de contacto para chamarte, ou anotamos o artigo persoal que perderas por se o encontramos. Transcorrido o prazo dunha semana, destruiremos estes formularios, agás se for necesario conservalo por máis tempo para poder devolver un artigo ao seu dono ou dar parte ás autoridades. Neses casos, xestionamos estes artigos segundo a normativa de cada comunidade autónoma na que se encontre a tenda.

Salvemos os mobles

A sostibilidade é un dos piares fundamentais para IKEA. Se os teus mobles cumpren os requisitos necesarios, poden ser vendidos a IKEA e un experto de IKEA valorará o teu moble. A Deseguido recibirás un correo electrónico indicando se en IKEA desexamos comprarcho e a valoración segundo o prezo actual. A cambio recibirás unha tarxeta de IKEA polo valor acordado na proposta.
 
Para poder enviar as fotos dos mobles e poder contactar contigo, necesitamos os teus datos de contacto, así como para formalizar a compravenda e cumprir as obrigas legais que corresponden a IKEA, polo que conservaremos os teus datos durante 10 anos para poder xustificar esta transacción a efectos fiscais.
 
Participación nunha promoción ou un evento

Organizamos promocións, eventos e minieventos con regularidade na nosa tenda, como concursos de debuxo, exposicións ou talleres. Por razóns organizativas, para nós, é importante saber quen participa. Tamén podemos utilizar eses datos para enviarche información sobre a hora e o lugar do evento ou mandarche un recordatorio xusto antes de que se leve a cabo e, se es o afortunado gañador dun premio, contactar contigo para comunicarcho.
 
Para algunhas promocións ou eventos precisamos asistencia adicional. Nese caso compartiremos os teus datos con provedores de servizos externos. Estes provedores de servizos externos só poden usar os teus datos para proporcionar o servizo correspondente. Polo tanto, non poden usar a devandita información para os seus propios fins ou cedela a terceiros.
 
Se tes unha conta IKEA Family, a túa participación estará vinculada á túa conta IKEA Family.
 
Déixanos a túa opinión
 
Na tenda encontrarás postos habilitados para deixar a túa opinión sobre a túa experiencia en IKEA. Estaremos encantados de escoitarte. Se queres, podes deixarnos os teus datos de contacto, non usaremos estes datos para nada máis que responder ás túas dúbidas ou preguntas.

CARGADORES CHARGY

Cando empregas a APP de Chargy para cargares o teu dispositivo nas tendas IKEA, Chargy comunícanos os datos cos que te rexistraches na APP, coa única finalidade de que poidas cargar o teu dispositivo móbil e mostrarche enquisas sobre aspectos que IKEA considera que poden mellorar a túa experiencia en IKEA como, por exemplo, se tes mascota ou se vés frecuentemente, que poderemos valorar internamente para ofrecerche mellores produtos e servizos. Por iso, após rexistrarte na APP de Chargy e darnos o teu consentimento para a carga do dispositivo, amosarémosche directamente unha enquisa que poderás cubrir voluntariamente.

Empregaremos os teus datos para outras finalidades, alén das aquí indicadas, malia sinalar outras finalidades na nosa política de privacidade.

DEVOLUCIÓN DE IVE

Para a devolución de IVE, IKEA colabora coa empresa GLOBALBLUE, que é a responsable de recadar os datos para xestionar dita devolución, realizando IKEA un labor de colaboración coa dita entidade.

TASKRABBIT EN TENDA

TaskRabbit é unha plataforma que conecta profesionais cualificados interesados en unirse á comunidade con persoas con necesidades vinculadas ás tarefas domésticas, como a montaxe de mobles, decoración, limpeza e un amplo etcétera.

Nas tendas, podes facilitarlle a IKEA o teu correo electrónico e código postal para que TaskRabbit che envíe un orzamento do seu servizo. TaskRabbit é a empresa coa que deberás contratar o servizo directamente, e é a responsable dos datos persoais recadados. Neste caso, IKEA actuará como encargado de tratamento.

NA WEB:

Club de Embaixadores IKEA
O Club de Embaixadores de IKEA ten como fin crear unha comunidade de persoas amantes dos produtos, servizos e a marca IKEA, no que os seus membros poidan acceder de primeira man a contidos, información e ao gozo de experiencias proporcionadas por IKEA. Solicita o teu ingreso.

Poderemos usar os teus datos de contacto se dás o teu consentimento, no caso de que completaras a solicitude de acceso ao noso Club de Embaixadores, para poder contactarte puntualmente por correo electrónico e ofrecerche información sobre promocións ou eventos de IKEA nas que poidas estar interesado en colaborar.

Comprar online ou comprar por teléfono e pagar a través da web

Se realizas unha compra online ou compras por teléfono e pagas despois a través da web de IKEA, os datos da túa transacción rexistraranse para poder procesar o pago. Para os efectos fiscais, estamos obrigados a conservar os detalles de cada compra durante dez anos.

Se pagas cunha tarxeta de crédito, podemos realizar unha verificación de fraude, polo que procederemos a verificar se a tarxeta de crédito está en uso ou pode usarse para transaccións fraudulentas. Facemos isto, entre outras cousas, baseándonos no país onde se expediu a tarxeta de crédito, o teu código postal e o teu país de orixe. Neste caso informarémosche de que esta decisión se toma de xeito automatizado. A base legal é a execución dun contrato ao tratarse dunha xestión necesaria no proceso de compra. Se descubrimos que a tarxeta de crédito está empregándose ou podería empregarse para transaccións fraudulentas, comunicarémoscho e non poderás completar o teu pedido en liña con esa tarxeta de crédito, e terás que pagar con outro método. Neste caso, informámoste de que se fará unha verificación automática.

Para poder entregarche a mercadoría, precisamos o teu enderezo de envío, enderezo de correo electrónico e número de teléfono para poder manterte ao tanto da entrega. Tamén almacenamos os datos sobre as túas compras para poder responder a calquera pregunta con respecto á garantía, así como outras preguntas ou queixas sobre o produto, e para poder demostrar que compraches con IKEA. Almacenámolos un mínimo de cinco anos.

Cando sexa necesario, compartiremos esta información cos provedores de servizos externos. Por exemplo, o servizo de transporte necesita saber o teu nome e enderezo para poder levarte os nosos produtos á casa. Estes provedores de servizos externos só poden usar os teus datos para proporcionar o servizo correspondente. Polo tanto, non poden usar a devandita información para os seus propios fins ou cedela a terceiros.

Informámoste de que traballamos cun provedor externo que se atopa fóra do Espazo Económico Europeo. Este provedor tratará os datos exclusivamente para a xestión da compra en liña e a prevención da fraude no devandito pagamento. Con este provedor subscribimos cláusulas modelo que garanten a correcta xestión dos datos aos que acceden.

IKEA APP

Cando uses a nova IKEA APP, recolleremos datos persoais ao instalala e mentres interactúas con ela. Deste xeito, nada máis acceder á aplicación recompilaremos información básica, como a rexión á que pertences e o teu código postal, para dicirche que tenda está máis preto de ti.

Coa nova IKEA APP poderás crear un perfil personalizado para gardar as túas listas da compra, facerte socio IKEA Family ao instante e engadir artigos ao teu carriño para efectuar a compra. Podes consultar información máis detallada sobre como manexamos os teus datos persoais se visitas a Política de Privacidade específica da APP que atoparás aquí.

Concertar unha cita
Necesitas asistencia persoal para deseñar a túa cociña ou consellos sobre como amoblar o teu fogar? Se é así, podes concertar unha cita en liña. Rexistraremos o teu nome, código postal, número de teléfono e enderezo de correo electrónico para poder comunicarnos contigo sobre a cita. Tamén empregaremos os datos que nos facilitaches para contactar contigo e facer o seguimento do orzamento, así como para facerche chegar enquisas de calidade sobre o servizo prestado. Se nos autorizas, tamén poderemos ofrecerche información sobre produtos e servizos de IKEA que poidan resultar do teu interese de acordo coas preferencias que nos deras ao elaborar o orzamento. Tamén poderemos empregar a información recollida para analizala internamente co fin de ofrecerche mellores produtos e servizos. Informámoste de que traballamos cun provedor externo que se atopa en Estados Unidos que ten autorizadas Normas Corporativas Vinculantes (BCR) como garantía da xestión correcta dos teus datos persoais. Este provedor tratará os datos exclusivamente para os fins descritos.

Planificador de produtos IKEA
Antes de realizares unha compra (xa for en liña ou mediante o noso persoal nunha tenda IKEA), podes utilizar unha das nosas ferramentas de planificación para axudarche a deseñar o teu propio armario, lámpada ou mesmo o baño. Algunhas destas ferramentas de planificación permítenche gardar o teu deseño e recibir un código co que poder recuperalo.

Listas da compra
Viches algo que che gusta? Pono na túa lista da compra IKEA.

Preparado? Imprime a túa lista da compra e lévaa a unha tenda IKEA ou comproba se podes pedir o produto en liña. Tamén podes enviarte a túa lista da compra IKEA por correo electrónico. Almacenaremos o teu enderezo de correo electrónico durante un máximo de sesenta días.

Tamén podes gardar a túa lista da compra. Ao iniciar sesión na túa conta IKEA Family ou no teu perfil IKEA na nosa web, a túa lista da compra gardarase mentres a túa conta ou perfil permanezan activos ou ata que ti mesmo/a elimines os produtos da lista.

IKEA Family
Ao formar parte de IKEA Family, pertences á nosa familia. E aos membros da familia trátaselles sempre de forma especial. Por exemplo, sempre haberá unha cunca de té ou café esperándote, podes participar de forma gratuíta nas nosas actividades, e temos prezos especiais e ofertas dispoñibles só para socios, por nomear algunhas vantaxes.

Se te fas socio de IKEA Family pedirémosche que proporciones o teu nome, enderezo de correo electrónico e data de nacemento. Necesitamos esta información para poder rexistrarte como socio de IKEA Family. Tamén utilizamos os teus datos para enviarche a túa tarxeta de socio de IKEA Family. Para iso, compartimos os teus datos cun provedor externo que imprime e envía a túa tarxeta IKEA Family.

Tamén solicitamos información para coñecerte mellor e personalizar as ofertas que che presentamos. Poderiamos preguntarche, por exemplo, sobre os membros da túa familia ou a casa na que vives, cal é o seu estilo ou de que parte do teu fogar queres encargarte.

As finalidades para as que podemos tratar os teus datos de socio IKEA Family son as seguintes:

Para procesar e xestionar o teu perfil no Club IKEA Family.
Para a emisión de facturas electrónicas (Os meus tíckets)
Para analizar os teus hábitos de compra e o teu historial de compras tanto en liña como nas tendas IKEA, co fin de enviarche ofertas de produtos e servizos IKEA personalizadas e melloradas mediante a elaboración de perfís automatizados.
Para enviarche publicidade de terceiras empresas vinculadas con IKEA como as ofertas de financiamento da entidade financeira colaboradora, entidades de medios de pagamento a través das cales realizas as túas compras, así como empresas colaboradoras dos sectores de seguros, fogar e decoración.
Para o envío de enquisas sobre produtos e servizos de IKEA.
Para elaborar e/ou enriquecer o teu perfil co fin de coñecerte mellor a través de procedementos estatísticos e matemáticos, mesmo obtendo información relativa á túa persoa de fontes públicas.
Para verificar que os teus datos son correctos, corrixir erros tipográficos que poidas cometer ao completar os formularios utilizados e previr a fraude na pertenza ao Club de Fidelización de IKEA Family.
Para ofrecerche, baseándonos na información que temos de ti, unha navegación mellor adaptada ás túas preferencias e presentarche a publicidade de produtos de IKEA que se axusta aos teus padróns de navegación.
Para enviarche enquisas sobre os produtos que adquires en IKEA
Para mellorar a web do Club IKEA Family e garantir que os seus contidos se presentan do mellor xeito no teu ordenador ou no teu dispositivo móbil.

Darémosche un número único de IKEA Family. Este número de IKEA Family permíteche iniciar sesión doadamente na nosa páxina web (www.IKEA.es) e preparar unha lista da compra, comprar, ou deseñar a cociña dos teus soños, por exemplo.

Xa se trate dos detalles sobre as túas compras, os deseños que creaches coa axuda das nosas ferramentas de planificación, o contacto que tiveches co noso Centro de Atención ao Cliente ou un evento no que participaches, sempre que sigas sendo un socio activo de IKEA Family, asegurarémonos de que os teus datos se garden.

Analizamos todos estes datos para comprender mellor os requisitos dos clientes e, por tanto, mellorar a experiencia de compra en IKEA. Tamén poñemos atención continuamente á visión en conxunto para que IKEA continúe mellorando.

Ao facerte socio de IKEA Family, podes indicar se desexas que contactemos contigo por correo postal, SMS ou correo electrónico con fins comerciais.

Deste xeito, podemos comunicarnos contigo se temos algo que cremos que che pode atraer (produtos novos, ofertas únicas, obradoiros inspiradores etc.) ou se queremos comunicarche calquera outra cousa. Isto permítenos mandarche unha alerta en canto a cociña que sempre soñaches, a que deseñaches utilizando a nosa ferramenta de planificación de cociñas, baixase de prezo, ou pedirche a túa opinión sobre un produto que compraras.
A pertenza ao Club IKEA Family pode comportar a cesión de datos a terceiros no caso de solicitares factura electrónica (Os meus Tíckets) a entidades financeiras e Administracións Públicas.
IKEA comparte datos con distintas empresas que prestan servizos a IKEA e que precisan acceder aos datos para a correcta xestión do Club de Fidelización de IKEA Family, cos que firmamos os correspondentes contratos que conteñen as salvagardas necesarias para a protección de datos: a empresa que realiza o envío de publicidade por distintos canais, empresas de distintos sectores que nos axudan a analizar os clientes do Club IKEA Family, así como con empresas do Grupo IKEA (localizadas na Unión Europea) para a correcta xestión da base de datos do Club de Fidelización. Ademais, para prestarche un mellor servizo, os teus datos persoais poderán ser transferidos dentro e fóra da Unión Europea para as seguintes finalidades: para os envíos de información comercial mediante un provedor que conta con Normas Corporativas Vinculantes (BCR), así como no caso de usares a ferramenta de valoración de artigos (Rating and Reviews) baixo o Escudo de Privacidade, ou para fins de analítica poderemos contar con Google, que está adherido a Privacy Shield.

Podemos compartir os teus datos básicos con Google como membro de IKEA FAMILY con fins analíticos baseados no interese lexítimo de IKEA co fin de entender mellor o que interesa aos clientes e ofrecer publicidade relevante, tamén baixo o Escudo de privacidade (Privacy Shield).

Se non usas activamente a túa conta IKEA Family ou deixas de usar a devandita conta, eliminarémola transcorridos cinco anos.

Para facerte socio Family preme aquí.

No caso de compartir os seus datos con Google con fins analíticos no Escudo de privacidade.

A base legal que nos permite tratar os teus datos 

Contrato (Condicións IKEA Family) 

Como socio do Club IKEA Family, podemos comunicarnos contigo para xestionar o teu rexistro no programa de fidelización IKEA Family e darche a benvida, enviarche a túa tarxeta dixital IKEA Family, comunicarnos cos membros rexistrados dos eventos e identificar a participación, por exemplo, para confirmar o rexistro, recordatorios, a cancelación, ou o envío de parabéns nas datas sinaladas, etc.) ou se queremos comunicarche calquera outra cuestión relacionada coa pertenza ao Club de Fidelización IKEA Family, a súa xestión ou o seu funcionamento. Estes envíos realizaranse por calquera medio de contacto facilitado, e preferentemente por correo electrónico ou outros medios electrónicos equivalentes. 

Consentimento: 

Se nos dás o teu consentimento poderemos elaborar e/ou enriquecer o teu perfil co fin de coñecerte mellor por medio de procedementos estatísticos e matemáticos, mesmo obtendo información relativa á túa persoa de fontes públicas. Para poder obter información relevante, poderemos utilizar algoritmos e diversas ferramentas automatizadas que nos permitan obter datos de interese cos que poder coñecerte mellor e ofrecerche o que máis che interesa. Porén, non tomamos decisións automatizadas con efectos significativos para ti. 

Se nos dás o teu permiso para enviarche comunicacións de márketing por correo electrónico, procuraremos que esas mensaxes sexan o máis relevantes posible para ti, polo que recibirás comunicacións personalizadas consonte os teus gustos, intereses e historial de compra. Tamén poderemos enviarche mensaxes de correo electrónico publicitarias baseadas nas túas compras previas, os teus hábitos de navegación na web, así como nas planificacións ou listas da compra que tiveres gardadas na túa conta, mensaxes de correo electrónico para recordarche os artigos que puxeches no carriño da compra e que finalmente non compraches, así como enviarche mensaxes de correo se amosas interese por un produto da web pero finalmente non o compras, ou se por exemplo advertimos que levas un tempo sen mercar en IKEA, para lembrarche que podes comprar os nosos produtos e servizos. Podes rexeitar a recepción deste tipo de mensaxes en calquera momento seguindo a ligazón para darse de baixa no pé de calquera das comunicacións. 

Cumprimento das obrigas legais: Emisión e xestión de facturas electrónicas (Os meus tickets). 

Interese lexítimo: 

  • Enviarche comunicacións comerciais sobre produtos e servizos similares aos xa contratados previamente. 
  • Realizar análises con fins exclusivamente internos e adaptar a información comercial de IKEA ás túas características e ás túas posibles preferencias, gustos ou intereses de forma xeral e non personalizada  
  • Analizar os datos internamente e elaborar estudos, informes e estatísticas para ver como poderemos mellorar os servizos, os produtos e o propio sitio web con fins exclusivamente internos.  
  • Previr a fraude nas compras 
  • Gravar a túa voz para manter a calidade do servizo e usar as gravacións con fins formativos. 
  • Atenderte e proporcionarche o servizo de Atención ao Cliente para resolver as túas dúbidas ou preguntas, así como solucionar as incidencias que nos formules. 
  • Contactar contigo no caso de lanzarmos unha advertencia de seguridade sobre algún dos nosos produtos, en relación coa seguridade dos produtos IKEA ou por mor de cuestións relativas á seguridade e a privacidade. 
  • Enviarche enquisas de calidade dos servizos prestados. 
  • O envío de notificacións para valorar os produtos IKEA e contactar contigo en función da recensión que publicaras. 
  • Recoller os teus datos cando completes unha folla de queixa ou de felicitación. 
  • Comunicar os teus datos a empresas do Grupo IKEA con fins de administración interna e facturación, para a correcta xestión das nosas bases de datos, así como para que nos proporcionen servizos diversos que nos permitan funcionar no día a día e ofrecer os nosos produtos e servizos. 
  • Compartir os teus datos con Google con fins analíticos. 

Perfil IKEA na nosa web
Se queres aproveitar os nosos servizos, como as ferramentas de planificación de IKEA, ou se desexas comprar en liña pero sen facerte socio de IKEA Family, podes crear un perfil IKEA na nosa web introducindo o teu nome, enderezo, enderezo de correo electrónico e número de teléfono. Necesitamos esta información para poder rexistrar o teu perfil.

Se iniciaches sesión co teu perfil IKEA na nosa web, podes gardar a túa lista da compra ou o deseño que creaches coa axuda das ferramentas de planificación.

Se non usas activamente o teu perfil IKEA ou deixas de usar o devandito perfil, eliminarémolo transcorridos cinco anos.

IKEA Business
É posible realizar compras comerciais en IKEA a través dunha conta comercial IKEA. Será necesario que proporciones información, máis especificamente o nome da túa empresa, o teu propio nome, data de nacemento, enderezo, número de teléfono e enderezo de correo electrónico. Tamén necesitaremos coñecer a estrutura legal do teu negocio e o sector no que opera. Por último, serán necesarios o número de identificación fiscal, así como o número dos teus empregados, e unha copia dunha proba válida da túa identidade. Esta información é necesaria para rexistrarte como cliente de IKEA Business e para procesar os teus pedidos.

En canto te deas de baixa como cliente de IKEA Business, eliminaremos os teus datos.

Para os efectos fiscais, estamos obrigados a conservar os datos de facturación durante dez anos.

A túa opinión conta
Gústanos saber o que pensas sobre os nosos produtos. Podes deixar a túa opinión na nosa web en “escribir unha opinión” cando inicies sesión na túa conta IKEA Family ou no teu perfil IKEA na nosa web. Para obter máis información sobre as condicións de utilización de Rating&Reviewing. Informámoste de que traballamos cun provedor externo, Bazaarvoice, que se encontra fóra do Espazo Económico Europeo. Este provedor tratará os datos exclusivamente para a prestación de servizos relacionados coa ferramenta que permite que nos escribas unha opinión sobre os produtos e, ademais, ofrece garantías para a túa privacidade ao encontrarse adherido a Privacy Shield.

Contacto co Servizo de Atención ao Cliente
En IKEA, cada día tes á túa disposición un equipo de profesionais completo dispostos a asesorarte, responder as túas preguntas, resolver problemas ou axudarche na compra dun produto. O noso centro de Atención ao Cliente pode poñerse en contacto contigo a través de varias canles: por teléfono, mediante o chat da nosa web, correo electrónico, redes sociais e no noso centro de Atención ao Cliente na tenda.

Se te comunicas connosco por teléfono para realizares unha consulta, reclamación ou xestionares unha incidencia, gravaremos a conversación por motivos de calidade e seguridade e con fins de formación interna. Isto significa que a túa pregunta ou reclamación pode contribuír a mellorar o noso Centro de Atención ao Cliente. En calquera caso, almacenaremos as gravacións como máximo durante trinta días.

Se tes algunha pregunta ou reclamación, necesitamos que nos proporciones certa información, como o teu nome, enderezo de correo electrónico, número de teléfono e, en ocasións, outra información necesaria para xestionar a devandita pregunta ou reclamación. Tamén usaremos estes datos para informarte do progreso na xestión da túa pregunta ou reclamación. Tras resolvelo, gardaremos esta información durante outros cinco anos, de xeito que poidamos proporcionarche un mellor servizo se necesitas poñerte en contacto connosco sobre o mesmo asunto nun futuro.

Se queres usar o noso chat, a finalidade do tratamento é poder resolver as dúbidas que che puideren xurdir cando fixeres a compra en liña, ao preparares a lista da compra ou consultares o estado do teu pedido, así como contactar con IKEA se buscas respostas, desexas resolver un problema ou simplemente desexas dicirnos que tal te atendemos.

En moitos casos non será preciso que te identifiques, se ben noutros casos para podermos axudarche solicitarémosche datos básicos de contacto e de identificación (nome, apelidos, teléfono, correo electrónico e DNI só en caso necesario), así como a información que nos facilites relacionada coa túa consulta. Tamén recolleremos a IP que nos permitirá saber o país ou cidade dende a que contactas con IKEA sen poder saber cal é a túa localización xeográfica real. IKEA non che pedirá datos da túa tarxeta de crédito, do teu número de conta bancaria nin outra información financeira por medio do chat. A IP que recompilemos conservarase por un prazo máximo dun mes.

A base legal para o tratamento é a relación precontractual que se establece con IKEA, a execución dun contrato, o cumprimento de obrigas legais e o interese lexítimo en función da consulta que nos fagas ou a cuestión que nos expoñas. Os datos non se cederán a terceiros agás obriga legal. Informámoste de que durante o uso que realizares do servizo non debes facilitar ningún dato persoal sensible (como poden ser os datos de saúde) nin de terceiras persoas.
Podes contactar connosco no teléfono gratuíto 900 400 922 de 8 a 22 horas de luns a domingo, a través do formulario de contacto dispoñible, do enderezo electrónico do Servizo de Atención ao Cliente: ikeaparati@ikea.com ou a través do noso chat.

Redes sociais
IKEA utiliza as redes sociais para manterte ao tanto das últimas tendencias e produtos, para proporcionar unha visión entre bastidores e ofrecer solucións intelixentes. Podes seguirnos en Facebook, Instagram, YouTube, LinkedIn, Twitter e Pinterest.

IKEA estableceu unhas condicións sobre o uso das redes sociais, pero en calquera caso debes aceptar as condicións establecidas pola plataforma da rede social correspondente.

Contacto con IKEA a través das redes sociais
Se contactas connosco a través das redes sociais cunha pregunta, gardaremos esa mensaxe e o nome da túa conta para poder responderche. Para obter información sobre como contactar co noso Centro de Atención ao Cliente, preme aquí.

Informámoste de que traballamos cun provedor externo que se atopa fóra do Espazo Económico Europeo. Este provedor tratará os datos exclusivamente no caso de que decidas contactar con IKEA a través das redes sociais e sexa imprescindible o uso deses datos para poder contactar contigo. Con este provedor subscribimos cláusulas modelo que garanten a correcta xestión dos datos aos que acceden.

Publicidade de IKEA España nas redes sociais
IKEA utiliza as oportunidades publicitarias que ofrecen as plataformas de redes sociais. Presentámosche anuncios baseados nos datos que a plataforma de redes sociais recompila co teu consentimento, por exemplo, o feito de que nos sigas, que esteas interesado no deseño de interiores ou que vivas nunha rexión determinada. IKEA non ten influencia sobre a natureza dos teus datos almacenados nas plataformas de redes sociais. Isto especifícase nas condicións da plataforma de redes sociais e adoita poder regularse mediante a configuración do teu perfil en redes sociais.

Traballa connosco
Se decides presentarte a algunha das vacantes de IKEA, rexistraremos os teus datos no noso portal para candidatos e conservaremos o teu CV dous anos polo menos, durante os que poderemos contactar contigo para futuros procesos de selección. Se desexas apuntarte ás nosas ofertas de traballo, preme aquí.
 
Máis información sobre a nosa política de privacidade
 
Creación de perfís na web
Se es socio de IKEA Family, tes un perfil IKEA na nosa web ou te subscribiches a unha newsletter IKEA, os teus datos vincularanse á túa conta IKEA Family, ao teu perfil IKEA na nosa web ou ao teu perfil de newsletter IKEA. Isto permítenos coñecerte mellor e podemos enfocar as nosas comunicacións segundo os teus intereses.

TASKRABBIT EN LIÑA

TaskRabbit é unha plataforma que conecta profesionais cualificados interesados en unirse á comunidade con persoas con necesidades vinculadas ás tarefas domésticas, como a montaxe de mobles, decoración, limpeza e un amplo etcétera.

Se engades o teu correo electrónico no proceso de compra, aceptas que TaskRabbit contacte contigo no correo electrónico facilitado para enviarche un orzamento do teu servizo de montaxe. TaskRabbit é a empresa coa que deberás contratar o servizo directamente, e é a responsable dos datos persoais recadados. Neste caso, IKEA actuará como encargado de tratamento.

Durante o proceso de compra na nosa web podes seleccionar os artigos para montar. TaskRabbit enviarache un orzamento pechado e personalizado. Tamén podes seleccionar os artigos para montar despois da túa compra na web www.taskrabbit.es/IKEA. Despois, podes escoller a data e a hora de montaxe que mellor se axuste ás túas necesidades, sempre e cando na cita que escollas xa tiveres os artigos no lugar nos que vaian ser montados. Despois deste proceso, TaskRabbit conectarache cun Tasker. Podes chatear, comentar e confirmar os detalles da túa tarefa co Tasker na web ou na app de TaskRabbit. O servizo facturarase e cobrarase cando estea todo terminado.

6. Con que terceiros compartiremos os teus datos?

Nalgúns casos, proporcionamos os teus datos (só cando é necesario) a terceiros. Non obstante, nunca venderemos os teus datos a terceiros. Como indicamos anteriormente, nalgunhas situacións traballamos con provedores de servizos externos. Os devanditos provedores só poden usar os teus datos para proporcionar os servizos correspondentes. Polo tanto, non poden usar a devandita información para os seus propios fins ou cedela a terceiros. Podemos compartir os datos que recompilamos a través dos cookies coas partes que crean os devanditos cookies. Isto explícase con máis detalle na nosa Política de Cookies. Tamén é posible que a lei nos esixa revelar os teus datos a organismos públicos ou a outras partes. Se ese é o caso, só revelamos o estritamente necesario.

Cando sexa necesario, as seguintes categorías de terceiros poden coñecer os teus datos:

  • Traballadores de correos.
  • Procesadores de correo electrónico.
  • Impresores.
  • Empresas de repartición.
  • Empresas de transporte, almacenaxe, montaxe e instalación, así como para a recollida de aparatos e a súa xestión ambiental, recollida de residuos, e desmontaxe e retirada de artigos vellos.
  • Empresas de servizo técnico de electrodomésticos
  • Provedores de pagamento.
  • Empresas que analizan o uso do sitio web de IKEA en nome de IKEA.
  • Empresas que personalizan o sitio web de IKEA.
  • Empresas que fan que o noso centro de Atención ao Cliente estea accesible a través das redes sociais.
  • Outras empresas que prestan servizos a IKEA e que necesitan acceder aos datos para poder prestar o servizo.
  • Auditores, consultores e empresas similares de alto nivel que prestan servizos de consultoría e auditoría.
  • Poderemos compartir os teus datos básicos con Google se es membro IKEA Family para fins de analítica, de modo que poidamos comprender mellor que é o que che interesa e ofrecerche publicidade relevante.
  • Empresas do Grupo IKEA, incluídas entre outras: IKEA IT AB, IKEA Services B.V, IKEA Retail Services AB, INTER IKEA e IKEA Business Service Center. Porén, subscribimos os acordos correspondentes con estas empresas que actúan como encargados de tratamento para a salvagarda dos teus datos persoais. 

7. Onde se almacenan os teus datos?

Utilizamos diversas aplicacións para obter e almacenar certos datos. Para garantir a túa privacidade, estas aplicacións están suxeitas a unha normativa estrita. A maioría dos datos almacénanse dentro da Unión Europea. Con respecto aos datos que se envían a países non pertencentes á UE, só utilizamos empresas que ofrecen suficiente protección de acordo coa lexislación europea. Nalgúns casos contamos con provedores que teñen Normas Corporativas Vinculantes, ou ben adheríronse a “Privacy Shield”. Tamén, e co fin de enviar datos a outros países e terceiros, utilizamos Cláusulas Contractuais Tipo. A través desta política o apartado correspondente e para cada tratamento de datos dos indicados informaremos da existencia de transferencias internacionais. Se desexas consultar cales son as garantías que ofrecemos sobre este asunto, non dubides en contactar connosco.

8. Seguridade e confidencialidade dos teus datos

En IKEA procuramos garantir a seguridade dos teus datos persoais cando se envían fóra do Grupo IKEA, e asegurámonos de que esas empresas respectan a confidencialidade e de que contan cos mecanismos adecuados para protexela. Todas esas empresas teñen a obriga de garantir que esa información se procesa de acordo coas leis e as normas relativas á privacidade dos datos.

9. Canto tempo conservaremos os teus datos?

IKEA conservará os teus datos polo tempo que resulte necesario para poder cumprir coa finalidade para a que os recollemos (por exemplo, prestar un servizo ou atender unha petición túa), así como para cumprir con calquera obriga legal que se derive do tratamento destes de acordo coas políticas de conservación de datos de IKEA. Cando deixen de ser necesarios para a finalidade para a que foron recollidos, serán eliminados cando sexa posible e, mentres non sexa posible, serán bloqueados —quedando a disposición de xuíces e tribunais, ou as Administracións públicas competentes, en particular as autoridades de protección de datos— para a atención das posibles responsabilidades derivadas do tratamento dos datos.

Ligazóns a outros sitios web
No noso sitio web www.IKEA.es, hai unha serie de ligazóns aos sitios web dos nosos socios. Ao facer clic nunha ligazón, ábrese o sitio web dun socio. Unha vez que te encontras no sitio web dun dos nosos socios, a túa visita estará suxeita á súa propia política de privacidade.

10. Que deberías facer coas “falsas mensaxes”?

A miúdo circulan ofertas de premios por correo electrónico, redes sociais ou unha mensaxe de texto que non proveñen de IKEA. Polo xeral, ofrecen un cupón de regalo. As devanditas promocións “phishing” usan ilegalmente o nome e o logotipo de IKEA para obter datos persoais ou para enganarte e conseguir diñeiro:

Recomendámosche que verifiques sempre o remitente do devandito correo electrónico. Podes recoñecer os correos electrónicos oficiais de IKEA polo enderezo de correo electrónico do remitente @IKEA.com ou @ikea.es.
IKEA non usa WhatsApp para enviar promocións de premios.

Se non estás seguro de se un correo electrónico ou unha promoción (premio) de IKEA son auténticos, contacta connosco. Na web do Instituto Nacional de Seguridade www.incibe.es, encontrarás máis información sobre que podes facer para usar Internet de xeito seguro.

11. Tes preguntas ou reclamacións?

Se quixeres facerlle un pedimento a IKEA relacionado cos teus datos e exercer os teus dereitos nesta materia, contacta con IKEA de forma rápida e sinxela por medio do seguinte formulario: Dereitos ARSOPOL.

IKEA designou unha Delegada de Protección de Datos coa que podes contactar no correo electrónico tusdatos@ikea.com. Desde esta caixa de correo non poderemos atender outras cuestións á parte das indicadas.

Se es socio Family, podes facer calquera modificación dos teus datos persoais directamente no teu perfil de Family ou ben dirixir a túa petición sobre os teus datos, así como cuestións relacionadas co teu usuario e contrasinal, ao correo electrónico privacidad_ikea@ikeainfo.com.

Se tes algunha queixa sobre, por exemplo, a forma en que usamos os teus datos ou como respondemos ás túas preguntas relacionadas coa privacidade, podes presentar unha reclamación á autoridade española de protección de datos.

Se desexas saber que datos almacenamos sobre ti, non dubides en preguntarnos. Se algún dato é incorrecto, cambiarémolo. Ademais, sempre podes modificar calquera información da túa conta IKEA Family ou do teu perfil IKEA na nosa web en calquera momento.

No entanto, informámoste de que en determinados casos, por exemplo cando financias unha compra coa entidade colaboradora de IKEA, non seremos responsables dos datos, xa que nese caso realizamos soamente labores de mediación. Por iso, se desexas facer unha petición relacionada cos teus datos, recomendámosche que te dirixas directamente á devandita empresa.

12. Pódese modificar esta política de privacidade?

Si, esta política de privacidade pódese actualizar. Esta política de privacidade é do 31/03/2020. Recomendámosche que leas esta política de privacidade con regularidade. En caso de que se realicen cambios significativos, notificarémoschos por separado.