Descubre o dormitorio perfecto: Comodidade, estilo e solucións de almacenaxe intelixentes
O teu dormitorio é algo máis que o lugar no que dormes: é o teu santuario persoal, un espazo no que relaxarte e cargar as pilas. En IKEA, comprendemos a importancia de crear un dormitorio que reflicta de verdade o teu estilo e satisfaga as túas necesidades de confort. Explora a nosa ampla variedade de mobles de dormitorio, dende cómodas camas e colchóns que che ofrecen todo o seu apoio ata solucións de almacenaxe intelixentes e tecidos elegantes.
Non importa se buscas un cambio de imaxe radical ou se só queres modificar un par de cousiñas para realzar o teu dormitorio: temos todo o que precisas para deseñar o cuarto perfecto. Descubre ideas que te inspiren e solucións prácticas que che axuden a desconectar e a durmir a sono solto todas as noites.

Dormitorios destacados
Tras décadas de soños
Levamos máis de 50 anos estudando o sono, polo que sabemos o que fai que un colchón sexa bo. Os nosos enxeñeiros do laboratorio de confort garanten que cada capa estea deseñada para ofrecer comodidade e suxeición, para que poidas espertar con enerxía. Ademais, grazas á ciencia, ás probas no mundo real e a unha garantía de 10 anos, podes relaxarte e centrarte en perseguir os teus soños.
Durme baixo un solpor nocturno
Por que quedar cunha soa cor se podes telas todas? A funda nórdica FLÄDERBUSKE pasa dunha cor a outra para darlle ao teu dormitorio a mesma enerxía que a túa lista de reprodución favorita.
O tecido, fabricado cunha mestura de poliéster e viscosa, é suave, duradeiro e doado de coidar. Non se deforma, seca con rapidez e é suave ao tacto, polo que poderás despreocuparte un pouco pola bogada e gozar máis dun sono de calidade.
Merca produtos para un fogar máis sostible
Decoración do fogar
Axuda co deseño de interiores


























