Saltar

IKEA para Empresas

Talvez te dediques aos hoteis, ás oficinas, ao pequeno comercio... Sexa cal for o teu negocio, en IKEA axudámoste a atopar as ideas e os produtos que precisas para construír a empresa dos teus soños.

Únete á Rede IKEA para Empresas

Únete á Rede IKEA para Empresas de balde

Non importa se es autónomo/a ou responsable dunha empresa: queremos axudarche a facer medrar o teu negocio. Por ser do club, poderás beneficiarte de numerosas vantaxes:

  • Recibe un cupón de desconto de ata 150€ cada dous meses, segundo o volume das túa compras
  • Ofertas exclusivas cada mes
  • Tarifa reducida no servizo de transporte 
  • Servizo de deseño de interiores a un prezo especial
  • E moito máis...

 

Xa es da Rede? Inicia sesión aquí.

Únete á Rede IKEA para Empresas

Unha avaliación continua do espazo de traballo

Ter un lugar adecuado de estudo ou traballo é fundamental, pero son moitos os elementos que considerar, e, ás veces, custa decidirse. Por sorte, agora os nosos produtos emblemáticos, como ALEX ou KALLAX, teñen un prezo máis baixo. É o momento perfecto!

Os nosos produtos emblemáticos para o teu negocio

Baixamos o prezo
Baixamos o prezo

Só polo café, quedaba a vivir aquí

Non é só o produto ou servizo o que fai que o teu restaurante ou cafetaría sexa inesquecible. É un todo. En IKEA queremos traballar contigo para que a experiencia dos teus clientes sexa extrasensorial.

O logotipo de IKEA en branco. Dúas mulleres conversan mentres comen e beben nunha cafetaría asollada mentres un home manexa unha máquina de café detrás dunha barra. (MÚSICA ANIMADA) O camareiro leva unha cunca de café branco a un cliente que sorrí. Noutras partes da buliciosa cafetaría, a xente faise fotos, comparte auriculares e conversa. Unha muller le o periódico nunha mesa cadrada verde da esquina. O camareiro leva bebidas a máis clientes sentados fóra. O logotipo de IKEA azul e amarelo.

Deixa que o teu negocio entre polos seus cinco sentidos

Sabes que a túa comida é a mellor, o teu ambiente agradable e o servizo impecable. Pero aínda hai que ter en conta moitos detalles. Traballemos xuntos para que un simple café, unha cea familiar ou mesmo unha comida de negocios na túa cafetaría ou restaurante faga que se esquezan ata do tempo.

Restaurantes e cafetarías

Un restaurante ou cafetaría con todo o necesario

Obtén máis información sobre este servizo

Consigue axuda especializada para planificar o teu espazo

IKEA ofrece un servizo integral de deseño de interiores para todas as túas necesidades empresariais. Así que, para todo o que precises, dende ideas de iluminación ata consellos de almacenaxe, ao noso equipo cualificado de deseño de interiores encantaralle axudarte.

Obtén máis información sobre este servizo

Perdoa, posme outro, por favor?

Unha cafetaría precisa coidar infinidade de detalles para facer que os seus clientes estean o máis a gusto posible (e que repitan unha e outra vez). En IKEA temos todo o necesario para que non queiran marchar á súa casa. Agás á hora do peche, claro...

Todo o enxoval listo para o teu negocio

Personaliza a túa oficina con TROTTEN

Este sistema modular de mobiliario de oficina está pensado para adaptarse ás túas necesidades en cada momento. Xoga coas composicións que mellor encaixen co teu espazo e o teu xeito de traballar.

Sistema TROTTEN

O sistema TROTTEN é o paquete completo

Un sistema modular que se adapta a calquera persoa e lugar. Escritorios, cadeiras, armarios, soportes para monitores e mesmo separadores de espazos: TROTTEN axudarache a superar a xornada.

Sistema TROTTEN

Todo o necesario para a túa oficina

Un vídeo sobre as pantallas acústicas MITTZON que reducen o ruído e axudan a concentrarse no traballo.

Reduce o ruído, aumenta a concentración

Conversas sobre a fin de semana, unha charla rápida sobre a presentación de hoxe ou alguén almorzando na súa mesa. Todo forma parte do ritmo do lugar de traballo, pero ás veces convértese nunha distracción e non te podes concentrar. A nosa variedade de produtos acústicos MITTZON pode axudarche a crear un oasis de tranquilidade en medio dunha oficina atafegada.

Velaquí a variedade de produtos acústicos MITTZON

Solucións MITTZON para espazos de traballo á medida

Velaquí máis sobre o sistema MITTZON
Velaquí máis sobre o sistema MITTZON

Planificación e asesoramento

Asesoramento personalizado facilitado por especialistas

Máis información

Opcións de pagamento

Como pagar, na tenda e mais en Internet

Máis información

Entrega e retirada

Despídete do vello para abrir camiño ao novo

Máis información

Montaxe

Un servizo profesional, no fogar ou no traballo

Máis información
Únete á Rede IKEA para Empresas

As túas compras suman

Consigue ata 150€ de desconto para o teu negocio con este beneficio exclusivo da Rede IKEA para Empresas.

Únete á Rede IKEA para Empresas
Mesa de comedor branca con seis cadeiras beixes en liña detrás da mesa

Unha alianza estratéxica nacional

IKEA e Lagoom Living, compañía con sede en Málaga, asinan un acordo baseado na accesibilidade, o deseño funcional e a busca de solucións para integrar o deseño e un modelo de vivenda de alugueiro accesible.