Menos "onde o gardo" e máis "cinco minutos máis"
Cada minuto que pasas organizando é un minuto que non estás descansando. Por iso, unha cama con almacenaxe é a mellor inversión para o teu benestar. Da igual se o teu é o estilo moderno o prefires un toque máis tradicional; temos unha cama para ti que esconde un armario aos teus pés.
Con caixóns, canapés ou diváns: todo para soñar á túa medida
O dormitorio que sempre quixeches ter
GULLABERG combina a solidez do deseño tradicional cunha elegancia que encaixa no dormitorio de hoxe. Robusto, artesanal e con carácter propio. O tipo de mobles que elixes unha vez e que non cambiarías por nada
Un colchón con firme personalidade
Pénsao ben: escoller un colchón apropiado non é tarefa fácil. Ofrecémosche VALEVÅG, con dúas densidades diferentes: firme e extrafirme. Tamén ten un suave tecido acolchado que se adapta aos teus movementos. E, agora, os nosos produtos emblemáticos, como VALEVÅG, teñen un prezo máis baixo.
A domicilio a partir de 48 horas
Enviámosche o teu pedido pequeno a domicilio dende 0,90€* por ser de IKEA Family. Envío de mobles dende 12,90€.
Máis informaciónOpcións de financiamento
Gózao agora e vai pagando aos poucos* cos nosos servizos de financiamento.
365 días para cambiar de opinión
Podes devolver os teus artigos nas nosas tendas ou a domicilio
Máis informaciónRecomendado para ti
Embárcate nunha viaxe de comodidade coa nosa excepcional gama de colchóns. Cada colchón foi creado pensando no descanso e garánteche unha combinación de comodidade e luxo que transformará as túas noites. Descubre a nosa selección, onde encontrarás desde colchóns firmes ata opcións suaves como unha nube: seguro que atoparás a solución perfecta para o teu santuario do descanso.
Que coidados necesita o meu colchón novo?
Para empezar, proba con estes consellos sinxelos. Dálle a volta ao colchón con frecuencia para asegurarte de que o desgaste sexa uniforme e que o colchón dure máis tempo. Merca roupa de cama de calidade para durmir mellor e protexer o colchón. E non esquezas ventilalo con frecuencia para así conservar o seu frescor e gozar dunha sensación agradable pola noite.
Como podo elixir o colchón perfecto para as miñas necesidades de descanso?
Elixir o colchón perfecto é algo moi persoal. Aí entran en xogo a postura á hora de durmir, o nivel de firmeza que prefires e calquera aspecto relacionado coa saúde. A nosa gama ofrece opcións de descanso para todo o mundo, tanto para aquelas persoas que optan por un soporte de colchón firme como para aqueloutras que prefiren un máis suave.





















































