Garantías IKEA

Confiamos na calidade dos nosos produtos e moitos deles están cubertos por garantía. Deseguido incluímos unha lista de todas elas.

Prezos válidos ata o 31 de xullo do 2018, verifica os prezos dos nosos produtos en IKEA.es. Novas guías de compra dispoñibles a partir de setembro de 2018.

Dormitorio

25 anos de garantía IKEA

Colchóns


Que cobre a garantía?

Esta garantía cobre defectos nos materiais e a fabricación dos seguintes compoñentes dos nosos colchóns e/ou bases de colchón descritos deseguido, e é válida dende o mesmo día de compra en IKEA:

• Estrutura de madeira e resortes dos canapés

• Resortes en colchóns de resortes

• Núcleo de escuma en colchóns de escuma

• Núcleo de látex en colchóns de látex

• Estrutura de madeira e táboas dos somieres de láminas. Esta garantía só se aplica para uso doméstico.

 

Que produtos non están cubertos por esta garantía?

Todos os colchonciños. Somier de láminas SULTAN LADE e colchóns JÖMNA. Os colchóns para neno e os colchóns dos sofás cama.

10 anos de garantía IKEA

Armarios PAX/KOMPLEMENT


Que cobre a garantía?

Esta garantía só se aplica ao uso doméstico dos armarios para gardar roupa e zapatos, e cobre os defectos de materiais e fabricación dos seguintes compoñentes dos armarios/accesorios de interior PAX/KOMPLEMENT:

• Estruturas

• Portas de bisagra

• Bisagras

• Separadores de estrutura, estantes adicionais 

• Portas corredizas e mecanismo de portas corredizas

• Organizadores de interior KOMPLEMENT


Que produtos non están cubertos pola garantía?

Accesorio para xoiaría, accesorio con 4 compartimentos, accesorio con compartimentos, separador para bandexa extraíble, caixa, alfombra para caixón e espello extraíble con ganchos KOMPLEMENT.


Baño

10 anos de garantía IKEA

Lavabos e billas


Que cobre a garantía?

Esta garantía é válida para uso doméstico e cobre os defectos de materiais e fabricación de todos os lavabos, incluído o sifón e billas de IKEA. Esta garantía só se aplica ao uso doméstico e cobre os defectos de materiais e fabricación de todos os lavabos e billas de lavabo.


Que non cobre esta garantía?

Esta garantía non se aplicará cando os produtos se almacenaron, montaron, instalaron, usaron ou limparon de xeito incorrecto. Tampouco se aplicará aos produtos que foran utilizados nun ámbito non doméstico ou ao aire libre. Non se aplicará ao aireador da billa, que se debe limpar con regularidade e substituír cando se desgaste.

10 anos de garantía IKEA

GODMORGON


Que cobre esta garantía?

Esta garantía é aplicable só ao uso doméstico e cobre os defectos de materiais e fabricación dos seguintes produtos:

• Os mobles e as patas GODMORGON

• A bandexa con compartimentos GODMORGON 

• A caixa con tapa GODMORGON (xogo de 5)

Que non cobre esta garantía?

Esta garantía non se aplica ao mesado TOLKEN.

 

Mesturadores de ducha

Que cobre esta garantía?

Esta garantía é aplicable a todos os mesturadores termostáticos para ducha de IKEA e cobre os defectos de materiais e fabricación destes. Os produtos sométense a probas segundo as normas relevantes internacionais e utilizamos os mellores compoñentes para asegurar os 10 anos de garantía.

Accesorios para as duchas 3 anos de garantía

Esta garantía é aplicable ao cabezal, ducha de man, tubos flexibles, as barras de fixación e os estantes para ducha BROGRUND e VOXNAN, ducha de man, tubo flexible e barra de fixación ALLAMOSSE e tubo flexible para ducha KOLSJÖN. A garantía é válida a partir da data de compra e é necesario presentar o tícket de compra orixinal.


Sala

10 anos de garantía IKEA

Sofás

Que cobre a garantía?

Esta garantía aplícase só para uso doméstico e cobre defectos nos materiais e a fabricación de estruturas e coxíns do asento e do respaldo dos seguintes produtos:

• Sofá de 3 prazas EKEBOL

• serie EKTORP

• serie FÄRLÖV

• serie GRÖNLID

• sofá KARLSTAD

• serie KIVIK

• sofás KLIPPAN

• serie KNISLINGE

• sofás KNOPPARP

• serie KUNGSHAMN

• serie LANDSKRONA

• serie NOCKEBY

• serie NORSBORG

• serie STOCKSUND

• serie SÖDERHAMN

• serie TIMSFORS

• serie VALLENTUNA

• serie VIMLE

• cadeira de brazos e repousapés EKENÄS

• cadeira de brazos e repousapés POÄNG

• cadeira de brazos EKERÖ

• randeeira GRÖNADAL

• cadeira de brazos KOARP

• cadeira de brazos NOLMYRA

• cadeira de brazos RÅDVIKEN

• cadeira de brazos e repousapés STRANDMON

• cadeiras de brazos VEDBO.

Esta garantía non cobre: as fundas de tea, as fundas

acolchadas, nin as fundas de pel.

Que non está cuberto por esta garantía?

• TULLSTA
• cadeira de brazos MUREN 
• sofá cama TIDAFORS
• coxíns POÄNG 
• cadeira de brazos para nenos POÄNG.

Mobles para espazos de traballo e oficinas

10 anos de garantía IKEA

Serie de escritorios BEKANT e sistemas de almacenaxe GALANT
Que cobre esta garantía?

Esta garantía cobre os defectos de materiais e fabricación dos compoñentes principais da serie de escritorios BEKANT e o sistema de almacenaxe GALANT.

Produtos que non cobre esta garantía: esta garantía non cobre os seguintes produtos:

• pantallas BEKANT.

Cadeiras de traballo VOLMAR, MARKUS e LÅNGFJÄLL
Que cobre esta garantía?

Esta garantía cobre os defectos de materiais e fabricación dos seguintes compoñentes:

• a estrutura

• as partes móbiles.


Cociña

25 anos de garantía IKEA

Garantía dos sistemas de cociña

Que cobre a garantía?
Esta garantía só se aplica ao uso doméstico da cociña. A garantía cobre os defectos de materiais ou de fabricación dos seguintes compoñentes do sistema de armarios de cociñas METOD:
• Estrutura dos armarios 
• Frontes
• Guías de parede
• Bisagras UTRUSTA 
• Caixóns totalmente extraíbles MAXIMERA

• Andeis UTRUSTA de vidro temperado e melamina 
• Zócolos 
• Patas
• Amortecedores de porta.

Produtos que non cobre esta garantía:

• Pomos, tiradores
• Bisagra ERSÄTTARE para lavalouza
semiintegrada 
• Bisagra BEHJÄLPLIG para lavalouza totalmente integrada 
• Caixóns FÖRVARA 
• Cestos de reixa UTRUSTA
• Apertura a presión de portas 
• Paneis 
• Xambas/molduras 
• Mesados (agás LILLTRÄSK) 
• Vertedoiros (agás FYNDIG)
• Apertura a presión eléctrica UTRUSTA 
• Os armarios abertos TUTEMO, HÖRDA,
TORNVIKEN e VADHOLMA teñen 10 anos
de garantía. As cociñas KNOXHULT e
SUNNERSTA teñen 2 anos de garantía.

10 anos de garantía IKEA

Billas de cociña

Que cobre esta garantía?
A garantía de 10 anos é válida para todas as billas de cociña de IKEA. Esta garantía cobre os defectos de materiais e fabricación e só se aplica ao uso doméstico. 

Exclusións desta garantía:
Esta garantía non se aplicará cando os
produtos se utilizasen en ambientes
corrosivos, nin por danos causados por residuos
da auga. Tampouco se aplica ao filtro/aireador
que se debe limpar con regularidade ou
substituír cando estea desgastado.

5 anos de garantía IKEA

Electrodomésticos

Que cobre esta garantía?

A garantía cobre os defectos de materiais ou de fabricación dos electrodomésticos a partir da data de compra en IKEA. Esta garantía é só aplicable para o uso doméstico. Dentro do período de garantía estarán cubertos os custos das reparacións dos defectos de fabricación, os compoñentes substituídos e os traballos e desprazamentos do persoal nos que se incorra, sempre que o acceso aos electrodomésticos para a súa reparación non supoña gastos adicionais. As partes substituídas pasarán a ser propiedade de IKEA.

Canto dura esta garantía?

Esta garantía é válida durante cinco (5) anos a partir da data de compra orixinal do electrodoméstico en IKEA. Os electrodomésticos LAGAN e TILLREDA teñen dous (2) anos de garantía a partir da data orixinal de compra.

Que electrodomésticos cobre esta garantía?

A garantía de cinco (5) anos é válida para todos os electrodomésticos de IKEA, agás os electrodomésticos LAGAN e TILLREDA, que teñen dous (2) anos de garantía.

Quen realizará o servizo de reparación?

Será o fabricante, distribuidor oficial ou servizo autorizado por IKEA quen realice estes servizos de reparación.

Que non cobre esta garantía?

• O desgaste normal de uso

• Danos deliberados ou danos por neglixencia, danos causados por non cumprir as instrucións de uso, por instalación incorrecta ou por conexión á voltaxe inadecuada, danos causados por reaccións químicas ou electroquímicas, danos causados por oxidación, corrosión ou por auga, incluídos danos derivados dun exceso de cal na subministración de auga e danos causados por condicións ambientais anómalas

• Compoñentes consumibles, incluídas pilas, lámpadas e bombillas

• Partes decorativas e non funcionais que non afecten o uso normal do electrodoméstico, incluídos rabuños e posibles diferenzas de cor.

• Danos accidentais causados por obxectos ou substancias estrañas usadas para a limpeza e desatasco dos filtros, sistemas de desaugadoiro ou compartimentos para o xabón.

• Danos aos seguintes compoñentes: vidro cerámico, accesorios, cestos para xogo de cubertos e cristalería, canalizacións de alimentación e desaugadoiro, selos, lámpadas e protectores de lámpadas, biombos, pomos, cubertas e partes destas, a non ser que poida probarse que os devanditos danos son debidos a defectos de fabricación.

• Casos nos que non se poidan encontrar defectos durante a visita do técnico.

• As reparacións que non se leven a cabo polo fabricante, distribuidor oficial ou servizo autorizado ou nas que non se utilicen pezas de reposto orixinais.

• Reparacións causadas por unha instalación incorrecta ou na que non se seguiran as especificacións.

• O uso do electrodoméstico nun ámbito non doméstico, por exemplo, uso profesional.

• Custo por realizar a instalación inicial do electrodoméstico de IKEA. Custo por conexión de placas de gas para o seu uso con gas diferente ao natural. Estas restricións non se aplican ao traballo correcto realizado por un especialista utilizando os nosos compoñentes orixinais para adaptar o electrodoméstico ás especificacións técnicas de seguridade doutro país da UE.

Cociñar

5 anos de garantía IKEA

Coitelos IKEA 365+

 

Válida para todos os coitelos da serie
IKEA 365+.

Que cobre esta garantía?

Os defectos no funcionamento, materiais e fabricación de todos os coitelos da serie IKEA 365+. Isto significa que, nun uso normal doméstico e sempre que se sigan as nosas instrucións de mantemento, os coitelos cortarán igual de ben mesmo despois de 15 anos. Neste caso, o uso normal defínese en utilizar os coitelos para cortar alimentos, lavalos á man unha vez ao día e afialos con regularidade. A garantía cobre:

• A condición de afiable. Os coitelos estarán afiados cando os compres e poderás afialos para que corten
adecuadamente. A folla dos coitelos é de aceiro endurecido, para poder afialos en calquera momento, durante o período de garantía

• Mangos duradeiros. Os mangos dos coitelos non se gretarán, romperán ou soltarán da folla.

• Non aparecerá ningún tipo de corrosión nas follas dos coitelos.

Que non cobre esta garantía?

Os cambios na aparencia dos coitelos, a non ser que teña un efecto significativo na súa función.

15 anos de garantía IKEA

Potas e cazolas IKEA 365+

Válida para todas as potas e cazolas sen revestimento antiadherente. 5 anos de garantía válida para todas
as potas e cazolas con revestimento
antiadherente.

Que cobre esta garantía?
Esta garantía só se aplica ao uso doméstico e cobre os defectos na fabricación de todos os recipientes. A garantía cobre:

• Estabilidade da base

• Lavado nunha lavalouza doméstica (con excepción dos produtos con revestimento antiadherente ou os recipientes que recomendamos lavar á man, como os de ferro fundido).

• Propiedades antiadherentes en produtos con características antiadherentes.

Que non cobre esta garantía?

Esta garantía non cobre os cambios na aparencia dos recipientes, a non ser que afecten de xeito
significativo á súa funcionalidade. 

25 anos de garantía IKEA

Potas e cazolas SENIOR

Válida para todas as potas e cazolas da serie SENIOR.

Que cobre esta garantía?

Esta garantía só se aplica ao uso doméstico e cobre os defectos de materiais e fabricación de todos os produtos SENIOR. A garantía cobre a base das potas e as tixolas. Garantimos que a base manterá a súa forma e, polo tanto, as súas características de condución da calor. A garantía tamén é válida se lavas as potas e as cazolas á man.

Que non cobre esta garantía?

Esta garantía non cobre os cambios na aparencia dos recipientes, a non ser que afecten de xeito significativo a súa funcionalidade.

25 anos de garantía IKEA

Potas e tixolas SENSUELL

Válida para todas as potas e tixolas da serie SENSUELL.

Que cobre esta garantía?

Esta garantía só se aplica ao uso doméstico e cobre os defectos de materiais, funcionamento e fabricación de todos os recipientes. A garantía cobre:

• Estabilidade da base

• Lavado nunha lavalouza doméstica.

Que non cobre esta garantía?

Esta garantía non cobre os cambios na aparencia dos recipientes, a non ser que afecten de xeito significativo a súa funcionalidade.

5 anos de garantía IKEA

Garantía da batería TROVÄRDIG


Que cobre esta garantía?

Os defectos no funcionamento, materiais e fabricación de todos os recipientes. A garantía cobre:

• Estabilidade da base

• Propiedades antiadherentes en produtos con características antiadherentes.

Que non cobre esta garantía?

Os cambios na aparencia dos recipientes, a non ser
que afecten de xeito significativo a súa funcionalidade.