Saltar
Ir á lista de produtos

Cortinas e estores

Todas as xanelas deixan pasar a luz, mais se o que buscas é fermosura e estilo, reducir o ruído e as correntes de aire, e controlar o nivel de iluminación que entra, é importante elixir os complementos axeitados para elas. Se queres aproveitar máis estas vantaxes, mais non tes tantas xanelas, utiliza unha cortina como separador de ambientes ou como alternativa á porta do armario.

Se controlas a luz, controlas o cuarto

As cortinas son unha das cousas que poden ter máis impacto na decoración do teu fogar. Axúdanche a controlar a luz e inflúen no illamento e a redución do ruído. Só tes que elixir o deseño e o tecido axeitados. Ademais, temos barras e sistemas de guías que se adaptan a cuartos de todos os tamaños.

Cortinas... por menos de 19,99€

Velaquí todas as cortinas
Velaquí todas as cortinas

Un sistema de guías para cortinas que se adapta ao teu espazo

Pendura as túas cortinas na barra VIDGA, que se axusta con facilidade ao espazo e a forma do teu cuarto. Este moderno sistema de guías para cortinas, moi fácil de instalar e utilizar, permíteche penduralas sen esforzo xusto como queres: en fiestras ou paredes, arredor de esquinas ou mesmo como separador de cuartos.

Tamén temos estores e persianas

Velaquí todos os estores
Velaquí todos os estores

A domicilio a partir de 48 horas

Enviámosche o teu pedido pequeno a domicilio dende 2,90€* por ser de IKEA Family. Envío de mobles dende 9,90€.

Máis información

Click & Collect GRATIS este verán

IKEA Family: Recolle o teu pedido pequeno dende 1,90€* en calquera do máis de 14.000 puntos de recollida (Inpost, Correos, tendas e puntos IKEA), só por tempo limitado!

Máis información

Opcións de financiamento

Gózao agora e vai pagando aos poucos* cos nosos servizos de financiamento.

365 días para cambiar de opinión

Podes devolver os teus artigos nas nosas tendas ou a domicilio

Máis información

Financiamento

PUBLICIDADE. 1. Financiamento a través da tarxeta IKEA Visa, emitida pola entidade de pagamento híbrida CaixaBank Payments & Consumer, E. F. C., E. P., S. A. U. e suxeita á súa autorización. A entidade escolleu, como sistema de protección dos fondos recibidos de usuarios de servizos de pagamentos que presta, o seu depósito nunha conta bancaria separada aberta en CaixaBank, S. A. Obtén máis detalles sobre as formas de pagamento da túa tarxeta aquí: www.caixabankpc.com/es/productos.Financiamento dispoñible en 3, 6, 10, 12, 18 e 24 meses sen xuros (TXN: 0%. TAE: 0%), e en 36, 48, 60 e 72 meses para compras realizadas en tendas IKEA do territorio peninsular e na tenda en liña (IKEA.es), agás a tenda IKEA Asturias. Importe mínimo de 10€ para tres, seis e dez meses, e de 120€, 180€, 500€ e 720€ para 12, 18, 24 e 36 meses, respectivamente, e de 960€ para 48, 60 e 72 meses. Importe máximo que financiar: 3000€. Exemplo representativo nunha compra financiada en dez meses de 1500€. TXN: 0%; TAE: 0%. 10 cotas de 150€. Prezo total a prazos e importe total debido: 1500€. Custo total do crédito (xuros): 0€. Exemplo representativo nunha compra financiada en 36 meses de 3000€. TXN: 4,89%; TAE: 5%. 35 cotas de 89,76€. Última cota de 89,97€. Importe total debido e prezo total a prazos: 3231,57€. Custo total do crédito (xuros): 231,57€.Sistema de amortización francés.

2. Elixe a túa cota mensual, dun mínimo de 5€, sempre que non sexa inferior ao importe mínimo mensual que fixamos para evitar que a túa débeda dure máis tempo. As condicións desta cota mínima son as establecidas na INE e no contrato, e poderás vela calculada no teu espazo de cliente na web ou na aplicación, así como no teu extracto mensual, en función do importe que dispuxeses. Exemplo representativo para unha compra de 1500€ financiada coa modalidade de pagamento aprazado ("revolving"). TXN: 20,88%; TAE: 23%. 48 cotas mensuais de 46,35€. Xuros e custo total do crédito: 724,80€. Prezo total a prazos e importe total debido: 2224,80€.Sistema de amortización francés.

3. Servizo de fraccionamento válido para compras feitas fóra de IKEA. Poderase fraccionar cada compra superior aos 30€, sempre que a modalidade de pagamento, no momento de realizar a compra, sexa a de final de mes. É necesario solicitar o fraccionamento antes do día 20 de cada mes. Para fraccionar en tres meses, importe mínimo de 30€, TXN: 0%, TAE: 19,77%, prezo do servizo 3% que aboar na primeira cota. Exemplo representativo: para unha compra fraccionada de 1500€, primeira cota de 545€, e de 500€ as demais, e importe total debido de 1545€. Custo total do crédito: 45€. Prezo total a prazos: 1545€. Para fraccionar en seis meses, importe mínimo de 60€, TXN: 14,95%, TAE: 16,01%. Exemplo representativo: para unha compra fraccionada de 1500€, seis cotas de 261,01€, xuros de 66,06€ e importe total debido de 1566,06€. Custo total do crédito: 66,06€. Prezo total a prazos: 1566,06€. Para fraccionar en dez meses, importe mínimo de 100€. TXN: 14,95%, TAE: 16,01%. Exemplo representativo: para unha compra fraccionada de 1500€, 10 cotas de 160,47€, xuros de 104,70€ e importe total debido de 1604,70€. Custo total do crédito: 104,70€. Prezo total a prazos: 1604,70€. Para fraccionar en 12 meses, importe mínimo de 120€, TXN: 14,95%, TAE: 16,01%. Exemplo representativo: para unha compra fraccionada de 1500€, 12 cotas de 135,35€, xuros de 124,20€ e importe total debido de 1624,20€. Custo total do crédito: 124,20€. Prezo total a prazos: 1624,20€. Utilizouse o sistema de amortización francés para o fraccionamento en 3, 6, 10 e 12 meses.

Atoparás as cortinas e os estores perfectos na tenda mais en liña, dentro da nosa colección. Temos unha ampla variedade de cores e estilos diferentes, polo que sempre haberá algo para cada estancia.

Descubre a ledicia, a elegancia e a funcionalidade dos téxtiles coas cortinas modernas de IKEA. Talvez queiras bloquear a luz do sol pola mañá para durmir máis os domingos. Ou, ao mellor, só estás a procurar unha forma fácil e elegante de dividir un cuarto. En calquera caso, atoparás as cortinas que se axusten ás túas necesidades aquí.

Cando as teñas, asegúrate de combinalas coas barras e as guías axeitadas.

Como escoller as cortinas en función do cuarto

Escoller unhas cortinas para o dormitorio, a sala de estar ou a cociña pode ser un desafío. Para que sexa máis doado, o primeiro que tes que ter en conta é a funcionalidade. Fíxate na orientación do cuarto, pensa para que o vas utilizar e planifica con isto en mente. A continuación, ofrecémosche algúns consellos.

Cortinas para o dormitorio

Se o teu dormitorio está orientado cara ao leste, polas mañás recibirá directamente a magnífica luz do sol. Se, pola contra, está orientado cara ao oeste, entrará luz ata o solpor. Pensa se precisas unhas cortinas grosas que bloqueen a luz para que non te moleste o sol mentres dormes.

Un truco de decoración é instalar estores detrás das cortinas nunha cor que combine ben. Isto achega un toque extra de profundidade ao cuarto.

Cortinas para a sala de estar

Se a túa sala de estar está orientada cara ao leste e a televisión está colocada mirando ás fiestras, o resplandor do solpor podería estragar a túa próxima sesión de cine. Unhas cortinas que escurezan o cuarto poden axudar a bloquear a luz se o que queres é perderte nunha película que estás a ver por primeira vez.

Se a luz non se reflicte na túa televisión, quizais prefiras unhas cortinas translúcidas e luminosas para que deixen pasar a luz polo día. Outra opción é escoller unhas cortinas cun estampado bonito que combine co deseño da túa sala de estar.

Cortinas para a cociña e o baño

As persianas venecianas son unha boa opción para a cociña. Se a auga con xabón do vertedoiro as salpica cando fregues os pratos, podes secalas con facilidade. Combina as persianas venecianas cun reberete bonito.

Respecto ás cortinas de baño, a privacidade é un factor que debemos ter en conta. Escolle unhas cortinas que cubran a fiestra do baño enteira, pero que deixen entrar a luz.

Como colgar cortinas longas

As cortinas longas pódense instalar de moitos xeitos. Cólgaas nos lados da fiestra para enmarcar con elas a vista do exterior. Se as colocas un pouco por riba da fiestra e deixas máis espazo nos lados, o cuarto parecerá máis grande. Aquí podes xogar coas cores e as tonalidades diferentes para crear un ambiente dinámico. 

Como crear novos espazos no fogar con cortinas

Cunhas cortinas grosas, podes crear a sensación de que hai dous espazos separados e independentes no mesmo cuarto. Por exemplo, podes aplicar esta técnica para crear un pequeno espazo de traballo na túa sala de estar. Ou tamén podes darlles algo de espazo propio aos teus fillos no caso de que compartan o dormitorio.

Para dividir un cuarto cunhas cortinas longas, tes que colgar as barras ou as guías do teito. Colócaas no centro do cuarto ou onde queiras establecer a división. A continuación, colga as cortinas e voilà!