Declaración de accesibilidade dixital
IKEA Retail (Grupo Ingka): Como negocio retallista comprometido coa misión de ofrecer unha ampla variedade de produtos de mobiliario funcional e ben deseñado a prezos baixos para a maioría das persoas, estamos a mellorar continuamente a accesibilidade das nosas experiencias, sistemas e servizos dixitais para a nosa diversa base de clientes, incluídas as persoas con discapacidades, de conformidade coa Lei 11/2023, do 8 de maio, de transposición de Directivas da Unión Europea en materia de accesibilidade.
Estamos a traballar continuamente para mellorar a accesibilidade dixital, e facémolo implementando estándares globais, incluídas as Directrices de Accesibilidade ao Contido Web (polas súas siglas en inglés, WCAG).
Como empresa, IKEA Retail (Grupo Ingka) comprometeuse a utilizar un enfoque centrado no ser humano ao usar a tecnoloxía para beneficiar a maioría.
Estado de conformidade
WCAG ofrece orientación sobre como facer que os sitios web sexan máis doados de usar para as persoas con discapacidade. Hai tres niveis de conformidade, e IKEA Retail (Grupo Ingka) ten como obxectivo alcanzar o nivel 2.1 AA de WCAG.
Demos pasos importantes para que as nosas experiencias dixitais sexan máis inclusivas. Tamén colaboramos con expertos/as en accesibilidade e persoas con discapacidade para que fagan probas e compartan os seus comentarios.
Sabemos por varias avaliacións de accesibilidade que aínda temos algunhas cousas que mellorar. Ten en conta que isto non significa que os usuarios non poidan acceder aos produtos dixitais nin utilizalos, senón que indica que aínda queda traballo por facer (e estamos a facelo!).
Para ser transparentes por completo, estes son algúns exemplos de contido non accesible:
IKEA.com
- WCAG 1.1.1 O contido non textual, como as imaxes, non conta cunha alternativa textual que cumpra unha función equivalente.
- WCAG 1.2.2 O contido de vídeo pregravado no conta con subtítulos.
- WCAG 1.2.5 O contido de vídeo pregravado non conta cunha audiodescrición.
- WCAG 1.3.1 A información, a estrutura e as relacións que se transmiten a través da presentación visual non están á disposición das tecnoloxías de apoio.
- WCAG 1.3.2 Non é posible determinar mediante programación a secuencia de lectura significativa do contido.
- WCAG 1.3.3 As instrucións baséanse de xeito exclusivo en características sensoriais como a forma, a cor ou a posición.
- WCAG 1.3.4 O contido está fixado a unha orientación de pantalla específica e non se adapta ás preferencias do usuario.
- WCAG 1.3.5 Os campos de entrada que recollen datos persoais non indican a súa finalidade ás tecnoloxías de apoio.
- WCAG 1.4.1 Utilízase a cor como único medio visual para transmitir información ou indicar unha acción.
- WCAG 1.4.10 O contido non se reaxusta a unha soa columna ao amplialo ao 400%, o que obriga a utilizar o desprazamento bidimensional.
- WCAG 1.4.11 Os compoñentes da interface de usuario que no son de texto ou os obxectos gráficos non presentan un contraste suficiente con respecto ás cores adxacentes.
- WCAG 1.4.12 O espazado do texto non pode axustarse sen que se perda contido ou funcionalidade.
- WCAG 1.4.13 O contido adicional que aparece ao pasar o cursor ou ao seleccionar un elemento non se pode agochar nin seleccionar ao pasar o cursor, nin permanece o tempo suficiente para poder lelo.
- WCAG 1.4.3 O texto non presenta contraste dabondo de cor con respecto ao fondo.
- WCAG 1.4.4: O tamaño do texto non pode aumentarse ata un 200% sen que se perda contido ou funcionalidade.
- WCAG 2.1.1 Non se poden manexar todas as funcións só mediante unha interface de teclado.
- WCAG 2.1.2 O foco do teclado pode quedar atrapado dentro dun compoñente sen que haxa xeito de sacalo de aí. WCAG 2.2.1 O usuario non pode desactivar, axustar nin ampliar os límites de tempo.
- WCAG 2.2.2 O usuario non pode poñer en pausa, deter nin agochar o contido que se move, pestanexa ou se despraza. WCAG 2.4.1 Non hai ningún mecanismo dispoñible para omitir bloques de contido que se repiten en varias páxinas.
- WCAG 2.4.11 O indicador de foco do teclado non é visible por completo durante a interacción.
- WCAG 2.4.2 As páxinas non teñen títulos descritivos que identifiquen o seu tema ou a súa finalidade.
- WCAG 2.4.3 A orde de selección do teclado non segue unha secuencia lóxica e significativa.
- WCAG 2.4.4 Non é posible determinar a finalidade das ligazóns só a partir do texto da ligazón ou do seu contexto programático.
- WCAG 2.4.5 Só se ofrece un xeito de localizar unha páxina dentro dun conxunto de páxinas. WCAG 2.4.6 Os encabezamentos e as etiquetas non son descritivos dabondo como para transmitir o seu tema ou a súa finalidade.
- WCAG 2.4.7 O indicador de foco do teclado non é visible.
- WCAG 2.5.1 As funcións que requiren xestos multipunto ou baseados en traxectorias non se poden manexar cun único punteiro.
- WCAG 2.5.2 As accións activadas por un único punteiro non se poden interromper nin desfacer antes de que se completen.
- WCAG 2.5.3 O nome accesible dun compoñente non contén a etiqueta de texto visible.
- WCAG 2.5.7 A funcionalidade que require un movemento de arrastre non ten unha alternativa accesible cun único punteiro.
- WCAG 2.5.8 Os elementos interactivos non cumpren co tamaño mínimo requirido nin coa separación necesaria con respecto aos elementos adxacentes.
- WCAG 3.1.1 O idioma predeterminado da páxina non está identificado no marcado da páxina.
- WCAG 3.1.2 As pasaxes ou frases nun idioma distinto ao predeterminado non se identifican no código de marcado. WCAG 3.2.1 Prodúcese un cambio de contexto de maneira automática cando un compoñente recibe o foco do teclado. WCAG 3.2.3 Os mecanismos de navegación non se presentan nunha orde coherente en todas as páxinas.
- WCAG 3.2.4 Os compoñentes coa mesma funcionalidade non se identifican de xeito coherente en todas as páxinas.
- WCAG 3.2.6 Non se proporcionan mecanismos de axuda ou non aparecen nunha localización coherente en todas as páxinas.
- WCAG 3.3.1 Os erros de introdución de datos non se detectan de xeito automático nin se describen ao usuario.
- WCAG 3.3.2 Non se proporcionan etiquetas nin instrucións para o contido que require a intervención do usuario.
- WCAG 3.3.3 Cando se detecta un erro de introdución de datos, non se ofrecen suxestións para corrixilo.
- WCAG 3.3.4 As operacións que implican compromisos legais ou financeiros non poden verificarse, confirmarse nin reverterse.
- WCAG 4.1.2 Os elementos interactivos non teñen nomes accesibles, roles nin información de estado exposta mediante programación.
- WCAG 4.1.3 As mensaxes de estado non se determinan mediante programación e, polo tanto, as tecnoloxías de apoio non os anuncian.
Aplicación de IKEA
- WCAG 1.1.1 O contido non textual, como as imaxes, non conta cunha alternativa textual que cumpra unha función equivalente.
- WCAG 1.2.1 O contido pregravado que consiste só en son ou vídeo non conta cunha alternativa equivalente en formato de texto ou son.
- WCAG 1.2.3 O contido de vídeo pregravado non conta cunha audiodescrición nin cun texto alternativo completo.
- WCAG 1.2.5 O contido de vídeo pregravado non conta cunha audiodescrición.
- WCAG 1.3.1 A información, a estrutura e as relacións que se transmiten a través da presentación visual non están á disposición das tecnoloxías de apoio.
- WCAG 1.3.2 Non é posible determinar mediante programación a secuencia de lectura significativa do contido.
- WCAG 1.4.1 Utilízase a cor como único medio visual para transmitir información ou indicar unha acción.
- WCAG 1.4.11 Os compoñentes da interface de usuario que no son de texto ou os obxectos gráficos non presentan un contraste suficiente con respecto ás cores adxacentes.
- WCAG 1.4.2 O son que se reproduce de xeito automático durante máis de tres segundos non se pode poñer en pausa, deter nin silenciar.
- WCAG 1.4.3 O texto non presenta contraste dabondo de cor con respecto ao fondo.
- WCAG 1.4.4: O tamaño do texto non pode aumentarse ata un 200% sen que se perda contido ou funcionalidade.
- WCAG 2.1.1 Non se poden manexar todas as funcións só mediante unha interface de teclado.
- WCAG 2.1.2 O foco do teclado pode quedar atrapado dentro dun compoñente sen que haxa xeito de sacalo de aí. WCAG 2.2.1 O usuario non pode desactivar, axustar nin ampliar os límites de tempo.
- WCAG 2.4.11 O indicador de foco do teclado non é visible por completo durante a interacción.
- WCAG 2.4.3 A orde de selección do teclado non segue unha secuencia lóxica e significativa.
- WCAG 2.4.4 Non é posible determinar a finalidade das ligazóns só a partir do texto da ligazón ou do seu contexto programático.
- WCAG 2.4.5 Só se ofrece un xeito de localizar unha páxina dentro dun conxunto de páxinas.
- Os encabezamentos e as etiquetas non son descritivos dabondo como para transmitir o seu tema ou a súa finalidade.
- WCAG 2.5.1 As funcións que requiren xestos multipunto ou baseados en traxectorias non se poden manexar cun único punteiro.
- WCAG 2.5.3 O nome accesible dun compoñente non contén a etiqueta de texto visible.
- WCAG 2.5.8 Os elementos interactivos non cumpren co tamaño mínimo requirido nin coa separación necesaria con respecto aos elementos adxacentes.
- WCAG 3.2.1 Prodúcese un cambio de contexto de maneira automática cando un compoñente recibe o foco do teclado.
- WCAG 3.2.2 O cambio da configuración dun compoñente da interface de usuario provoca un cambio automático de contexto.
- 3.2.3 Os mecanismos de navegación non se presentan nunha orde coherente en todas as páxinas.
- WCAG 3.2.4 Os compoñentes coa mesma funcionalidade non se identifican de xeito coherente en todas as páxinas. WCAG 3.3.1 Os erros de introdución de datos non se detectan de xeito automático nin se describen ao usuario.
- WCAG 3.3.2 Non se proporcionan etiquetas nin instrucións para o contido que require a intervención do usuario.
- WCAG 3.3.3 Cando se detecta un erro de introdución de datos, non se ofrecen suxestións para corrixilo.
- WCAG 3.3.4 As operacións que implican compromisos legais ou financeiros non poden verificarse, confirmarse nin reverterse.
- WCAG 3.3.7 A información inserida con anterioridade non se volve inserir de xeito automático nos campos repetidos dentro da mesma sesión.
- WCAG 4.1.2 Os elementos interactivos non teñen nomes accesibles, roles nin información de estado exposta mediante programación.
- WCAG 4.1.3 As mensaxes de estado non se determinan mediante programación e, polo tanto, as tecnoloxías de apoio non os anuncian.
Produtos da web locais
Hai dúas solucións adquiridas a escala local no sitio web de IKEA en España que presentan deficiencias con respecto ás novas obrigas legais en materia de accesibilidade dixital. Estamos a facer o posible por melloralas para que se adapten por completo á nova lexislación.
- Páxina de solicitude de facturas de asistencia ao cliente
Trátase dun formulario web para solicitar ou duplicar unha factura a petición do cliente. A información legal e fiscal recóllese nun formulario web, o que permite que o noso Remote Contact Centre cree, comparta e duplique facturas. - Programa de afiliación en España
É un produto de rede privada virtual para crear, xestionar e estender os nosos programas para socios e socias a través da nosa propia marca. As persoas que se afilien poden iniciar sesión en ikea.es e navegar por un sitio web xestionado por un socio externo.
Estamos a traballar de xeito activo para abordar estes problemas como parte dun esforzo continuo para mellorar a accesibilidade das nosas experiencias, sistemas e servizos dixitais.
Comentarios
Sempre temos a disposición de mellorar e axudar os nosos clientes, polo que queremos convidarte a que contactes connosco se detectas algunha barreira de accesibilidade en calquera elemento das nosas experiencias dixitais.
Contacta connosco para abordar calquera tema sobre accesibilidade dixital.
Enderezo postal: Avenida Matapiñonera, 9, 28703, San Sebastián de los Reyes, Madrid.
Ponte en contacto connosco
Selecciona unha das seguintes opcións para poñerte en contacto connosco.
Podémoste axudar?
Segundo o motivo polo que nos contactes, IKEA ten o mellor método de contacto para ti. Fai clic no botón a continuación para comezar.
Chámanos por teléfono
Podemos atenderte por teléfono no 900 400 922, de luns a sábado, de 10:00 a 20:00. Non estamos dispoñibles os domingos e festivos.
Preparación da presente declaración de accesibilidade
A presente declaración tomou como referencia as avaliacións realizadas cos nosos equipos expertos en accesibilidade co apoio de avaliacións periódicas dos nosos provedores en accesibilidade.
A declaración elaborouse o 28 de xuño de 2026 e revisouse e actualizouse por última vez o 28 de xuño de 2026.