Saltar

Devolucións, desistencia de contrato e incidencias

Se desexas devolver algúns dos nosos produtos e non sabes como facelo ou queres información sobre a túa incidencia, nesta páxina atoparás todo o que precisas sobre como devolver os nosos artigos, a política de devolucións e como proceder cunha reclamación. 

 

Devolucións   |  Desistencia  |   Incidencias   |  Pezas de reposto


Devolucións

Todas as persoas poden cambiar de opinión. Por iso, dámosche 365 días para devolver calquera produto, sempre que se atope no seu estado e na súa embalaxe orixinais. 

Se o teu produto é un colchón, tes sete días para probalo. Unha vez aberto, para poder cambialo, só tes que traelo embalado por completo, xunto co teu tícket de compra, á tenda IKEA que elixas; devolverémoscho nunha tarxeta de devolución

Porén, os clientes que non teñan a consideración de consumidor de conformidade coa normativa vixente de aplicación, así como os que realicen a compra a través da Rede IKEA para Empresas ou co seu soporte, deben ter en conta o seguinte:

    • o prazo para as devolucións será de TRINTA (30) DÍAS; xa que logo, non se aplicará a estes Clientes o prazo de devolucións da Política de Devolucións xeral de IKEA;
    • aceptan de xeito expreso e como condición esencial que IKEA non admitirá que devolvan produtos previamente abertos ou montados, nin cando se pretendan devolver unha vez desmontados de novo, ou se non se atopan na súa embalaxe orixinal.

Consulta a nosa política de devolucións para coñecer as condicións e descubre as opcións de devolución dispoñibles.

Dereito de desistencia para compras en liña

Podes exercer o teu dereito de desistencia nun prazo de 14 días dende a recepción da mercadoría mercada en liña en IKEA.es, na nosa aplicación ou co equipo de venda telefónica.

  • Este dereito de desistencia non se aplica a produtos personalizados nin a produtos alimentarios.
  • No tocante aos servizos asociados á compra, en caso de desistencia, reembolsaranse sempre que non fosen executados por completo. Pedímoste que coides os artigos que desexas devolver, xa que non podemos aceptar produtos que estean sucios, manchados ou danados.
  • O reembolso realizarase no mesmo medio de pagamento que utilizases, nun máximo de 14 días dende que recibamos o produto ou unha proba de envío.
  • Consulta as nosas Condicións xerais de compra en liña - IKEA para obter máis información. Este dereito é independente de calquera política comercial que ofrezamos.

Para iniciar a desistencia do contrato, fai clic no botón que aparece a continuación. Ten á man o teu número de pedido (podes atopalo no correo de confirmación e no recibo).

Incidencias

Todos os nosos produtos sométense a rigorosas probas antes de lanzarse para garantir que cumpran cos estándares e normativas. Ademais, preparámolos coidadosamente nas nosas tendas e almacéns IKEA para que cheguen en perfectas condicións. En IKEA, esforzámonos por mellorar a experiencia dos nosos clientes, pero aínda así, ás veces ocorren fallos. Se algo sae mal, atoparemos a solución adecuada. 

Visita a páxina de xestión de incidencias para obter máis información. 


Pezas de reposto e parafusos para mobles IKEA

Fáltache un parafuso? Buscas pezas soltas? Non te preocupes: temos as pezas que precisas para deixar o teu moble, accesorio ou electrodoméstico coma novo.  Reparar compensa máis que substituír, tanto a nivel medioambiental como económico.

Iniciar solicitude

Tes algunha pregunta?

Insire unha ou varias palabras na barra de busca para consultar as nosas preguntas frecuentes.

  • Se desexas información sobre os nosos produtos, utiliza o buscador da parte superior da web.
  • Se desexas consultar o estado do teu pedido, fai clic aquí

Tamén che pode interesar...