Saltar

Ofertas exclusivas da Rede IKEA para Empresas

Goza de todos os descontos para o teu negocio

Goza dunha serie de descontos exclusivos na tenda e nas túas compras en liña que che axudarán a facer medrar o teu negocio.

Coa túa tarxeta da Rede IKEA para Empresas, tamén terás acceso a todos os descontos IKEA Family. Así, non perderás ningunha oferta en compras para o teu fogar ou a túa empresa. Lembra iniciar sesión coa túa conta da Rede IKEA para Empresas sempre que navegues pola web para gozar de todas as vantaxes.

Únete ou inicia sesión
Ver termos e condicións

Únete á Rede e podes obter un desconto do 10%

Do 1 ao 30 de novembro de 2026, ambos incluídos, as empresas que se unan á Rede de Empresas IKEA poderán gozar dun desconto directo do 10 % na súa primeira compra superior a 200 € (IVE incluído).

Ver termos e condicións

Na casa a partir de 48 horas

Enviámosche o teu pedido pequeno a domicilio dende 0,90€* por ser de IKEA Family. Envío de mobles dende 12,90€.

Máis información

Financiamento

Elixe o teu plan de financiamento

30 días para pensalo

Devolve as túas compras nas nosas tendas ou a domicilio

Máis información

Promoción: As túas compras suman

Do 1 de setembro de 2026 ao 31 de agosto de 2027

Consigue ata 150€ de desconto para o teu negocio con este beneficio exclusivo da Rede IKEA para Empresas. A entidade IKEA IBÉRICA, S. A. U. (IKEA), con domicilio social en Avenida Matapiñonera, 9, 28703, San Sebastián de los Reyes e CIF A-28812618, lanza a seguinte promoción que se rexerá baixo as seguintes condicións:

A promoción vai dirixida en exclusiva aos socias e as socias da "Rede IKEA para Empresas" que cumpran as condicións esixidas, e permanecerá vixente entre o 1 de setembro de 2026 e o 31 de agosto de 2027, ambos os días incluídos.

A promoción será válida para compras realizadas: (i) fisicamente nos establecementos IKEA do territorio peninsular español; (ii) a través de www.IKEA.es; e (iii) por venda telefónica mediante o número de teléfono 900 400 922. As compras realizadas a través destas canles computarán para a obtención do cupón nos termos e condicións que se indican a continuación, e, á súa vez, os cupóns obtidos na aplicación desta promoción poderán trocarse en compras que se efectúen a través das canles mencionadas, previo cumprimento das condicións especificadas nas presentes bases e no propio cupón.

IKEA resérvase o dereito a modificar os termos e condicións da presente promoción en calquera momento, con previo aviso por medio do correo electrónico do cliente ou mediante a publicación de novos termos e condicións, do mesmo xeito en que se publicaron os presentes. Así mesmo, IKEA resérvase o dereito a anular a presente promoción, sempre que concluíse o período computable en curso nese momento, garantindo ao cliente os cupóns obtidos polas compras realizadas no devandito período e cun aviso previo de 15 días naturais como mínimo no correo electrónico do cliente. Se o devandito aviso previo se realizase menos de 15 días naturais antes da finalización do período en curso, estenderase a promoción tantos días do seguinte período como días restantes ata o cumprimento do mínimo de aviso previo.

Obtención do cupón de desconto

Cando a suma de todas as compras efectuadas polo cliente da Rede IKEA para Empresas, computadas de xeito bimestral, se encontre entre os importes indicados nas seguintes franxas, o cliente recibirá, como titular da conta da Rede IKEA para Empresas, un cupón de desconto no correo electrónico proporcionado como método de contacto da súa conta.

Os períodos que se considerarán para acadar cada franxa serán de dous meses e iniciaranse co período de setembro a outubro de 2026, e seguirán esta cadencia: novembro e decembro de 2026, xaneiro e febreiro de 2027, marzo e abril de 2027, maio e xuño de 2027, e xullo e agosto de 2027 (en diante, "Períodos de Cómputo").

O envío do cupón de desconto devindicado realizarase entre os días 1 e 15 do mes  posterior á terminación do Período de Cómputo correspondente ("Período de Envío"). Por exemplo, os cupóns devindicados coas compras do período de setembro a outubro de 2026 enviaranse entre o 1 e o 15 de novembro de 2026. O cupón devindicado é un desconto directo nunha única compra que poderá trocarse dende a súa recepción, no correo electrónico designado pola persoa titular da conta da Rede IKEA para Empresas, ata os dous (2) meses seguintes á data de finalización do Período de Envío correspondente.  O "Importe Final" que se considerará para a obtención do desconto será a suma das compras nos dous (2) meses que conforman o Período de Cómputo correspondente menos a suma de todas as devolucións de artigos computados para todos os efectos da presente promoción. No caso dos pagamentos por transferencia, e para todos estes efectos, as compras computaranse na data de facturación na que se complete o pedido.  As devolucións restaranse (independentemente de cando se realicen e do período no que se efectuasen as compras que orixinan a devolución en cuestión) do seguinte cómputo para a obtención do cupón.

A modo de exemplo, se o cliente devolve artigos no Período de Cómputo de setembro a outubro dunha compra que efectuou nese período, a devandita cantidade restarase do cupón que recibirá entre os días 1 e 15 do mes de novembro de 2026. Así mesmo, se a devolución da compra se realiza durante o Período de Computo de novembro a decembro de 2026, restarase a cantidade do cupón que recibirá o cliente entre os días 1 e 15 do mes de xaneiro de 2027, e así sucesivamente.

As franxas que determinarán o importe do desconto directo en forma de cupón son as seguintes:

  • Se o Importe Final de cada Período de Cómputo bimestral está entre 200€ e 500€, poderás obter un cupón de 20€ de desconto directo.
  • Se o Importe Final de cada Período de Cómputo bimestral está entre 500€ e 1499,99€, poderás obter un cupón de 50€ de desconto directo.
  • Se o Importe Final de cada Período de Cómputo bimestral está entre 1500€ e 2999,99€, poderás obter un cupón de 100€ de desconto directo.
  • Se o Importe Final de cada Período de Cómputo bimestral é igual ou superior a 3000€, poderás obter un cupón de 150€ de desconto directo. 

Co obxectivo de contabilizar as compras para o cómputo, será esencial que o cliente se asegure de (i) acreditar a súa identidade e pasar a súa tarxeta da Rede IKEA para Empresas nas caixas, cando a compra sexa na tenda; (ii) iniciar sesión cando a compra se efectúe na canle en liña; ou (iii) facilitar o seu número da Rede IKEA para Empresas e acreditar a súa identidade no momento de facer a compra a través do servizo de venda telefónica.

Só recibirá o cupón de xeito automático o socio ou a socia que indicase no seu perfil que si autoriza recibir novidades e ofertas personalizadas de IKEA segundo a súa actividade, o seu perfil e as súas compras.  Se non é así, tamén pode solicitalo a través de calquera das nosas vías de contacto habituais (Contactar - IKEA - IKEA), dende o día seguinte á finalización do Período de Envío, conforme ao indicado anteriormente (isto é, dende o día 16) ata o último día do mes en curso. IKEA enviará o cupón ao correo electrónico asociado á conta da Rede IKEA para Empresas no prazo de tres (3) días hábiles (excluídos os sábados, os domingos e os festivos) dende o contacto. 

O cupón envíase sobre a base da aceptación das condicións da presente promoción e, no seu caso, o interese lexítimo.

IKEA calculará a suma do valor das compras feitas por cada socio ou socia da Rede IKEA para Empresas que utilizase a tarxeta do club nos Períodos de Cómputo indicados. Con ese fin, computaranse as compras netas en produtos IKEA polo seu PVP. Quedan excluídos da presente promoción os artigos do Mercado Circular (ou da sección saldos ou de segunda man), IKEA Food, o bistró, a Tenda de Alimentación Sueca e as tarxetas agasallo. Así mesmo, quedan excluídos do cómputo os servizos contratados de calquera tipo.

No caso das devolucións totais ou parciais que convertan a obtención do cupón de desconto en indebida, IKEA procederá á anulación do cupón de desconto emitido e á emisión dun novo cupón de desconto co importe correcto obtido polo cliente no seguinte Período de Envío. Se o cliente xa utilizou o cupón obtido indebidamente, IKEA reterá o importe do devandito cupón no reembolso que lle corresponda ao cliente pola devolución e procederá ao envío dun novo cupón polo importe correcto que lle corresponda, no seu caso.

IKEA resérvase o dereito a excluír da presente promoción os titulares das contas da Rede IKEA para Empresas en supostos de mala fe, abuso de dereito ou indicios de fraude.

Uso e condicións do cupón de desconto

O cupón de desconto é válido para un só uso (unha única compra), sen mínimo de compra, e poderá trocarse dende a súa recepción, no correo electrónico designado pola persoa titular da conta da Rede IKEA para Empresas, ata os dous (2) meses seguintes á data de finalización do Período de Envío. En calquera caso, a validez concreta de cada cupón estará reflectida nas condicións específicas de uso dos cupóns.

Cupón non válido para realizar pagamentos totais nin parciais en compras que igualen ou superen a cantidade de mil euros (1000€).

Este cupón non se pode fraccionar, reembolsar nin trocar polo seu importe en efectivo, nin total nin parcialmente. Se se fai uso do desconto do cupón nunha compra por un importe inferior a el, quedará cancelado cando se troque, e non se reembolsará o importe restante do desconto, mesmo se o devandito importe é superior ao da compra.

Posto que o desconto do cupón é para usarse só unha vez, terá que gastarse na súa totalidade. En caso de uso parcial, o importe restante quedará anulado.

No caso dunha devolución total ou parcial da compra na que se utilizou o cupón, non se devolverá o importe polo seu prezo ordinario, senón a cantidade efectivamente aboada polo artigo ou os artigos devoltos; é dicir, a resultante de restar o desconto aplicado.

O uso do cupón non será acumulable a outras ofertas ou promocións, nin se poderá combinar con outros cupóns de desconto. O cupón non poderá compensarse con saldos pendentes para calquera efecto, incluídas as compras financiadas.

O cupón de desconto é de uso persoal e intransferible, para uso propio e exclusivo da persoa ou da entidade titular e asociada á conta da Rede IKEA para Empresas. Queda prohibida a súa venda e comercialización a través de calquera medio. A responsabilidade de uso e custodia do cupón corresponde de xeito exclusivo á persoa receptora e titular do devandito cupón, que será responsable de calquera uso indebido que se faga del ou do seu extravío. Isto exonera a IKEA de calquera responsabilidade, incluídas as perdas e os usos indebidos, fraudulentos ou por parte de terceiros.

IKEA resérvase o dereito a anular calquera cupón ou cupóns de clientes nos que se detecte un uso abusivo ou fraudulento, así como no suposto de que se comparta, divulgue ou transfira o devandito cupón de desconto.

IKEA resérvase o dereito a modificar os termos e condicións de uso dos cupóns en calquera momento se existe causa xustificada, e sempre con previo aviso. En calquera caso, IKEA garantirá que os cupóns de desconto obtidos ata o día seguinte dende a modificación poidan utilizarse conforme á versión anterior, agás mala fe, abuso de dereito ou indicios de fraude.

01/09/2026

Promoción: Únete agora á Rede IKEA para Empresas e consigue un 10% de desconto na túa primeira compra que supere os 200€*

IKEA Ibérica, S. A. U., con domicilio social en Avenida de Matapiñonera, 9, 28703 San Sebastián de los Reyes (Madrid) e CIF A-28812618 (en diante, "IKEA"), organiza a presente promoción dirixida a incentivar a alta de novos socios e socias no programa de fidelidade Rede IKEA para Empresas.

A promoción está dirixida en exclusiva aos clientes que se dean de alta por primeira vez como socios e socias da Rede IKEA para Empresas entre os días 1 e 3o de novembro de 2026, ambos os dous incluídos. Non poderán beneficiarse desta promoción os clientes que xa formasen parte do programa con anterioridade unha vez que se inicie a devandita promoción.

Os novos socios e socias da Rede IKEA para Empresas que cumpran as condicións da promoción recibirán un (1) cupón de desconto do 10%, se realizan unha (1) única compra cun importe superior a 200€ (IVE incluído). Este cupón poderá utilizarse en compras realizadas en tendas físicas IKEA do territorio peninsular español, a través de www.ikea.es  ou mediante o servizo de venda telefónica de IKEA. Quedan excluídas as compras realizadas en Ceuta, Melilla e as Illas Baleares e Canarias.

Para poder recibir o cupón de desconto, será imprescindible que, no momento de darse de alta na Rede IKEA para Empresas, o cliente autorice de xeito expreso a recepción de comunicacións comerciais por parte de IKEA. O cupón enviarase por correo electrónico ao enderezo facilitado no perfil do socio ou a socia.

O envío do cupón non se realiza de xeito inmediato tras a alta, senón que se efectuará cunha cadencia semanal, e tomaranse como referencia as novas altas realizadas durante a semana natural inmediatamente anterior. O cupón poderá utilizarse dende o momento da súa recepción e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2026, data na que caducará de xeito automático sen a posibilidade de que o troque o socio ou a socia a partir de entón.

En caso de que o socio ou a socia cumpra as condicións da promoción e non recibise o cupón, poderá solicitalo a través das canles habituais de asistencia ao cliente de IKEA ("Contacta connosco"), dentro dun prazo máximo de catro (4) semanas dende a data de alta na Rede IKEA para Empresas. Unha vez comprobado o cumprimento das condicións, IKEA procederá a enviar o cupón por correo electrónico nun prazo máximo de tres (3) días hábiles, excluídos os sábados, os domingos e os festivos.

O cupón de desconto é persoal, intransferible e válido para un só uso, e non se pode acumular a outras ofertas, promocións ou cupóns. O cupón non se pode fraccionar nin trocar por cartos en efectivo, nin total nin parcialmente. No caso de que o importe da compra sexa inferior ao desconto aplicado, a parte non utilizada do cupón quedará anulada, sen dereito a compensación algunha.

Quedan excluídos do uso do cupón os produtos e servizos do restaurante IKEA, o bistró e a Tenda de Alimentación Sueca, así como as tarxetas agasallo, os artigos do Mercado Circular ou de segunda man, e calquera tipo de servizo, incluídos o transporte, a montaxe e a planificación.

En caso de devolución total ou parcial da compra na que se utilizase o cupón, o reembolso realizarase só polo importe aboado de xeito efectivo tras a aplicación do desconto, e non procederá en ningún caso a devolución do importe corresponde ao cupón usado.

IKEA resérvase o dereito a anular o cupón e a excluír da promoción aos clientes nos que se detecte un uso fraudulento, abusivo ou contrario á boa fe, así como a modificar ou cancelar a promoción por causa xustificada, e garantirá en todo caso os dereitos adquiridos polos clientes que xa cumprisen as condicións da promoción.

A participación nesta promoción implica a aceptación íntegra dos presentes termos e condicións.

IKEA resérvase de xeito expreso o dereito a realizar cantas modificacións e engadidos ou anexos sucesivos sobre a promoción estime oportunos, sempre que estean xustificados ou non prexudiquen as persoas destinatarias da promoción, e que se lles comuniquen como é debido.