Estilos e prezos para todas as persoas, con 10 anos de garantía
Temos solucións para axudarche a crear o baño dos teus soños. Tanto se a túa idea é un estilo elegante e tradicional como un paraíso minimalista, ou calquera outra cousa intermedia, temos os sistemas de baño para ti.
Transforma o teu baño nun spa contemporáneo. Elegancia e funcionalidade en cada detalle, con distintos acabados que podes elixir para o teu novo refuxio de calma.
Un lenzo en branco para que o personalices ao teu gusto. Ao combinar a almacenaxe aberta e pechada, o sistema ENHET ofréceche a liberdade de deseñar un baño á túa medida, e sen facer burato ningún!
A solución ideal para espazos reducidos. Co deseño intelixente que maximiza a almacenaxe sen renunciar ao estilo simple, o sistema NYSJÖN adáptase a calquera espazo e orzamento.
Renova o teu baño cun toque de encanto clásico. Dado que combina á perfección co resto da familia HEMNES, conseguirás un estilo uniforme no teu fogar sen apenas esforzo.
Para aproveitar ao máximo un baño pequeno non fai falta reformalo. Con ideas prácticas de almacenaxe podes usar mellor as esquinas. Estantes, bancos, carriños e ganchos axudan a organizar o básico e mellorar a orde e o aspecto xeral do baño.
Descubre as nosas billas de baño deseñadas para usar a auga de forma máis intelixente, de maneira que reduzas o seu consumo sen esforzo á vez que realzas o estilo do baño.
Dende armarios de lavabo e de parede ata iluminación e espellos: descubre máis información sobre o que debes ter en conta á hora de remodelar ou redecorar o teu baño.