Saltar

Dispoñibilidade de artigos

Actualizamos a dispoñibilidade das existencias varias veces cada hora. Isto significa que cada vez que se vende un artigo, rexístrase a súa venda e actualízase o estado das existencias.

 

Dispoñibilidade de artigos nas nosas tendas físicas    |  Dispoñibilidade de artigos en liña

Recordatorio sobre o inventario das existencias

Os/as colaboradores/as de IKEA non poden reservar produtos para a súa compra. Sentímolo.

Os/as colaboradores/as de IKEA non poden facer reservas especiais de existencias adicionais (por desgraza, non existen tales existencias).

Os/as colaboradores/as de IKEA ven os mesmos números que ves ti na dispoñibilidade de existencias. Sabemos o mesmo ca ti.

Dispoñibilidade nunha tenda IKEA

  1. 1.Visita IKEA.com/es para buscar o produto que queiras. 
  2. Á dereita da páxina de información do produto poderás seleccionar a tenda para comprobar as existencias. Podes cambiar de tenda IKEA se así o desexas.
  3. Aparecerá a dispoñibilidade de existencias da tenda seleccionada. 

Que significa a dispoñibilidade do produto en tenda

  • En stock: o artigo está dispoñible.
  • Quedan poucas existencias: é probable que o artigo se esgote no día. 
  • Non está en stock: o artigo xa non está dispoñible na tenda.

Que facer se un produto non está dispoñible na tenda

Pedilo en liña

Se un produto non está dispoñible na tenda, comproba se está dispoñible en liña. Lembra que os artigos que mercas en liña non se reservan ata que finalizas a compra e recibes unha confirmación do pedido.

Proba noutra tenda IKEA

Se un produto non está dispoñible na tenda IKEA que queres, podes consultar a súa dispoñibilidade noutra tenda IKEA.

Recibe unha notificación cando volva estar dispoñible

Se o produto que buscas non está dispoñible na túa tenda ou noutra tenda IKEA, podes solicitar recibir unha notificación por SMS ou correo electrónico. Rexístrate desde a páxina de información do produto para recibir esa notificación. Nesa mesma páxina obterás información sobre cando se espera que o produto volva estar dispoñible.

Lembra que as nosas notificacións non supoñen unha reserva do artigo e que, se é un artigo cunha alta demanda, pode esgotarse rapidamente. Recomendámosche realizar o teu pedido en liña para garantir a túa compra.


Dispoñibilidade en liña

  1. Visita IKEA.com para buscar o produto que queiras.
  2. Engádeo ao carriño. A continuación, engade o teu código postal.
  3. Poderás ver a dispoñibilidade de existencias para as diferentes opcións de entrega e recollida.

Que facer se un produto non está dispoñible en liña

Comproba se existe dispoñibilidade para outro tipo de envío ou recollida

Se un produto non está dispoñible para a opción de entrega que desexas, comproba as demais opcións.

Proba nunha tenda IKEA

Se un produto non está dispoñible en liña para ningunha opción de entrega, podes comprobar a súa dispoñibilidade na tenda IKEA que prefiras. Tamén podes rexistrarte para recibir unha notificación cando o produto volva estar dispoñible nesa tenda.

Lembra que as nosas notificacións non supoñen unha reserva do artigo e que, se é un artigo cunha alta demanda, pode esgotarse rapidamente. Recomendámosche realizar o teu pedido en liña para garantir a túa compra.

Preguntas frecuentes

O servizo de atención ao cliente pode proporcionar información máis detallada sobre a dispoñibilidade de existencias?

Os/as nosos/as colaboradores/as do servizo de atención ao cliente teñen acceso á mesma información sobre dispoñibilidade de existencias que aparece na páxina web.

Se un artigo non está en stock, como podo saber cando volverá estar dispoñible?

IKEA ofrece a posibilidade de rexistrarte para recibir unha notificación cando os artigos que estean fóra de stock de maneira temporal volvan estar dispoñibles na tenda que escollas. Podes rexistrarte a través da páxina de información do produto.

Como podo ver cantos artigos tedes en stock na tenda que quero?

A información pódese consultar na páxina de información do produto. Só tes que facer clic na tenda que prefiras para consultar información adicional, como a cantidade de existencias dispoñibles.

Podo reservar artigos nunha das tendas?

Non, os produtos non se poden reservar. Se a túa tenda local dispón de existencias, recomendámosche que realices un pedido a través do servizo Click & Collect. Todas as opcións de entrega pódense consultar na nosa páxina web.

Non atopas o que buscas?

Estamos aquí para axudarte. Contacta connosco.