Saltar

Instalación

Podes instalar os teus mobles e electrodomésticos pola túa conta, pero se queres que che botemos unha man, en IKEA ofrecemos toda a axuda que precisas coa instalación de cociñas, baños, electrodomésticos, etc. 

Cociñas | Electrodomésticos | Baños | Reformas | Teitos/parede

Instalación de cociñas

Este servizo inclúe o seguinte:

  • Montaxe e instalación de mobles.
  • Instalación e conexión de electrodomésticos e iluminación de IKEA (non inclúe as conexións de gas).
  • Instalación de vertedoiros, billas e sifóns de IKEA (non inclúe o servizo de fontanaría).
  • Instalación de mesados* (incluídos os cortes de vertedoiro e placa). (Excepto mesados de pedra)
  • Instalación de paneis laterais, tiradores e accesorios de interior.
  • Cerramentos con paneis a teito, dun máximo de 20 cm.
  • Retirada de toda a embalaxe.

Contabilizaranse por separado os metros lineais de mobles superiores e os metros lineais de mobles inferiores. É imprescindible unha medición previa da túa cociña por parte dos/as nosos/as colaboradores/as profesionais antes da instalación para gozar dunha planificación óptima. 

Verificación

Un medidor profesional comprobará se o proxecto é viable ao asegurar as medidas, os accesos á vivenda, as tomas de subministracións... Podes reservar esta cita o mesmo día da cita de planificación. O prezo deste servizo é de 40€, que recuperarás cando merques a túa cociña co noso servizo de instalación de cociñas IKEA.

Contratación

Nestes momentos, este servizo só pode contratarse en tenda ou a través do servizo de venda telefónica, chamando ao 900 400 922.

*O prezo deste servizo varía en función da tenda IKEA en que se contrate. Consulta a web local de cada tenda IKEA ou nos puntos de información da sección de cociñas da túa tenda IKEA.

Servizo Prezo
Instalación de cociñas da serie METODDesde 89€ ml*
Instalación de cociñas da serie KNOXHULTDesde 69€ ml

Outros servizos de cociñas

  • Desmontaxe e retirada de cociñas: 55€/ml (servizo adicional dispoñible contratando a instalación de cociñas) 
  • Desmontaxe de cociñas: 30€/ml (servizo adicional  dispoñible contratando a instalación de cociñas)
  • Instalación de electrodomésticos IKEA: 25€/unidade (servizo incluído contratando a instalación de cociñas)
  • Instalación de electrodomésticos IKEA con paneis: 40€/unidade (servizo incluído contratando a instalación de cociñas)
  • Retirada de electrodomésticos: 0€/unidade (servizo gratuíto coa compra e o transporte dun novo)
  • Instalación de mesados*: 40€/ml (é necesaria a medición previa, que custa 25€) (Excepto mesados de pedra)

Instalación de electrodomésticos

O servizo inclúe o seguinte:

Instalación, posta a punto e información ao cliente sobre o electrodoméstico IKEA.

Prezo:

  • Instalación de electrodomésticos IKEA: 25€/unidade (servizo incluído contratando a instalación de cociñas)
  • Instalación de electrodomésticos IKEA con paneis: 40€/unidade (servizo incluído contratando a instalación de cociñas)

 

Contratación:

Consúltao na túa tenda IKEA, a través dos puntos de información da sección de cociñas, ou chamando ao 900 400 922.


Instalación de baño completo

O servizo inclúe o seguinte:

  • Montaxe de todos os mobles de baño.
  • Conexión do sifón IKEA á parede.
  • Conexión das billas IKEA ás saídas de auga.
  • Instalación de espellos, lámpadas e accesorios de baño IKEA.
  • Instalación de mesados de baño.
  • Retirada de toda a embalaxe.

Prezo

Prezo do servizo: 69€


Contratación

Consúltao na túa tenda IKEA, a través dos puntos de información da sección de baños. Nestes momentos, este servizo só pode contratarse en tenda ou por vía telefónica, chamando ao 900 400 922.

Outros servizos de baños

  • Instalación de moble de lavabo e espello: 55€ por cada conxunto
  • Instalación de billas: 30€/unidade (servizo dispoñible contratando a instalación de baños)
  • Desmontaxe e retirada de baños: 59€/unidade

Servizo de reforma de baños

Se o que precisas é facer unha pequena reforma (instalar un inodoro ou un biombo, ou cambiar a bañeira por unha ducha) ou unha reforma integral, tamén ofrecemos este servizo para que deixes o teu baño a punto:


Instalación no teito ou na parede

O servizo inclúe o seguinte:

Podemos instalar os mobles na parede ou no teito salvo que prefiras facelo pola túa conta. O servizo de instalación inclúe andeis, estantes, repisas, vitrinas, lámpadas, focos, apliques, cadros, espellos, reloxos, barras de cortina, cortinas finas, estores, persianas, etc.

Prezo

Prezo do servizo: 14€/unidade

Contratación

Consúltao na túa tenda IKEA, a través dos puntos de información, ou no mostrador de transporte e montaxe, xunto a Atención ao Cliente. Nestes momentos, este servizo só pode contratarse en tenda.


*Estas instalacións en parede ou teito non inclúen o servizo de montaxe; se fose necesario, habería que contratar a montaxe á parte. Se non se contrata o servizo de transporte, supón un custo de desprazamento. Consulta as condicións nos puntos de información ou no mostrador de transporte e montaxe.