Ás veces, ti tamén tes que recargar as pilas
Recarga enerxía cun batido de froita e verdura LÅNGLUR, a dose ideal de enerxía para vencer o cansazo de media tarde. Con todo o sabor e a vitamina C do mango, a cabaza e a mazá, está listo para tomar cunha palla de papel.
Colle cinco, pero só se prometes compartir
O noso clásico xeado de vainilla elabórase de xeito tradicional, con leite e nata, o que axuda a que sempre estea delicioso e a que sexa tan lixeiro e cremoso como te imaxinas. Ademais, ten un prezo moi baixo, e iso convida a compartir.
Chícharos, avea, pataca, mazá e cebola en forma de albóndegas
Facer albóndegas vexetais non é tan complicado. Elaborar unhas que conquisten tamén aos máis carnívoros xa é outro conto. Fixemos 100 catas ata dar coas albóndegas de proteína vexetal HUVUDROLL co sabor perfecto. Conseguímolo? Iso decídelo ti.
Amor a primeiro bocado
Dálles unha gran dentada a KAFFEREP, unhas galletas de crema de vainilla doce cun recheo con sabor a framboesa. Están tan boas que comezarás a notar bolboretas no estómago.
Merca produtos para un fogar máis sostible
Recomendado para ti
Alimentos e bebidas
Dille "hej" e "mmm" á nosa gorentosa gama de alimentos e bebidas, que reúnen sabor e calidade. A nosa selección está pensada para todos os padales e ocasións, e, xa que logo, é hora de mergullarnos no mundo de sabores de IKEA.
Como podo variar un pouco as miñas comidas sen esforzo?
Dálles un toque especial ás túas rutinas coa ampla variedade de delicias culinarias da nosa gama. Goza de comidas preparadas, que ademais de ser saborosas permítenche aforrar tempo, e saborea os condimentos que realzan a túa experiencia culinaria sen complicarte demasiado.
Un paraíso de bebidas
Sube o nivel das túas bebidas coa nosa selección, perfecta para calquera ocasión. Tanto ten que se trate da cunca de café que precisas para empezar o día, dun refresco que che dea enerxía ou un pouco de viño quente para entrar en calor nos días de inverno: os nosos produtos son un premio para as túas papilas gustativas.
Trucos de cociña que facilitan o día a día
Converte a túa cociña nun paraíso de comodidade. A nosa gama de alimentación vai alén dos produtos: foi deseñada para facilitarche a vida. Aquí encontrarás comidas deliciosas, prontas para tomar en calquera ocasión. Unha festa de aniversario? Visitas repentinas? Cambios de plans? Axiliza a túa rutina de cociña con produtos ao alcance, deliciosos e que inunden a mesa de alegría
Que podo facer para os alimentos duraren máis tempo?
Sigue os nosos consellos de almacenaxe para conservar mellor as túas delicias culinarias. Merca recipientes con peche hermético para gardar as varreduras. Garda os alimentos perecedoiros nas condicións adecuadas e asegúrate de que os ingredientes manteñan o mesmo estado que cando os mercaches. Despídete dos desperdicios e acostúmate á perfección na cociña.

































