Un armario aberto á túa vida cotiá
Baixamos o prezo dos nosos produtos máis emblemáticos. Aproveita esta oportunidade para anovar o teu fogar por menos.
Un zapateiro sen límites
RAGGBERG é un banco para zapatos feito de piñeiro macizo sen tratar. Podes deixalo natural, pintalo da cor que queiras ou darlle o acabado que mellor se adapte á túa entrada. Mobles que se adaptan a ti, non ao revés.
Un muro cheo de soños, agora a un mellor prezo
Baixamos o prezo dos nosos produtos máis emblemáticos. Aproveita esta oportunidade para anovar o teu fogar por menos.
A caixa que nunca pasa de moda nin se volve demasiado cara
Aínda que as tendencias van e veñen, KUGGIS segue aí. Feitas de plástico duro e cun deseño atemporal, estas caixas organizan a túa vida hoxe, mañá e dentro de dez anos.
Caixas para todo, agora a un mellor prezo
Baixamos o prezo dos nosos produtos máis emblemáticos. Aproveita esta oportunidade para anovar o teu fogar por menos.
Recomendado para ti
Recipientes de almacenaxe: os heroes invisibles do teu fogar
Ninguén goza xogando aos acochos coas súas cousas, sobre todo se ten présa. Xa sexan as chaves, un par de calcetíns ou mesmo o móbil, que semella fuxir en canto te despistas, os recipientes de almacenaxe axeitados poden ser a solución definitiva para poñer orde. Os artigos pequenos conseguen chegar a calquera recuncho do teu fogar, pero, cunha colección tan diversa como a nosa, as túas necesidades de almacenaxe están cubertas. Dende organizadores de roupa e almacenaxe baixo a cama ata cestas e caldeiros do lixo: atoparás xusto o que precisas para volver poñer en orde o teu espazo vital.
Atopa os organizadores perfectos para ti
Os nosos organizadores de almacenaxe están dispoñibles en tantos estilos como as diferentes estancias do teu fogar, polo que se integrarán discretamente co resto do teu mobiliario. Transforma a sala de estar nun paraíso despexado con caixas e cestas. Son perfectas para dispositivos multimedia, mantas e obxectos de todo tipo. Coa nosa variedade de opcións de almacenaxe baixo a cama, gañarás moito espazo para gardar máis roupa de cama, zapatos ou pezas doutras tempadas. Xa sexan xoias, recordos ou materiais de arte, os nosos organizadores de caixóns e as nosas caixas con compartimentos encherán de harmonía os teus obxectos máis prezados. Os divisores extraíbles permítenche personalizalos, de xeito que poderás adaptar o espazo aos teus requirimentos únicos.
Comeza o día de xeito produtivo cun espazo de traballo organizado
Se o papelame pode contigo, os nosos organizadores para documentos e equipos electrónicos cambiaranche a vida. Grazas aos arquivadores e revisteiros, poderás deixar de perder o tempo rebuscando entre as túas cousas e esquecer os documentos esparexidos. E se adoitas ter o escritorio cheo de material de oficina, un organizador de escritorio axudarache a mantelo impecable nun abrir e pechar de ollos.
Potencia a eficiencia na túa cociña
A nosa selección de organizadores de cociña poñerá en orde as túas especias, os teus cubertos e os utensilios de todo tipo, ao tempo que te aseguras de telos á man. Imaxina os teus estantes cheos de tarros de especias perfectamente etiquetados ou recipientes amontoables cos accesorios básicos para enfornar. Estas solucións de almacenaxe de cociña están deseñadas coidadosamente para ofrecer funcionalidade e estética, de xeito que poidas gozar dun espazo despexado no que a túa cociña brille. Máis alá da almacenaxe de alimentos, temos recipientes especializados para utensilios de cociña, cubertos e material de limpeza. Esquécete de rebuscar en caixóns e armarios para atopar esas espátulas e eses batedores tan escorregadizos. Cos nosos recipientes de almacenaxe, atopar os teus utensilios de cociña e acceder a eles non podería ser máis doado para que goces ao máximo da túa experiencia na cociña.















































































