Preguntas frecuentes Covid-19

Están pechadas as tendas?

Seguindo as instrucións das autoridades todas as tendas IKEA e puntos IKEA Deseña están pechados de maneira temporal. Iremos informando de calquera cambio na nosa páxina web.

A nosa tenda online está aberta e á túa disposición, podes visitarnos a calquera hora.

O servizo de compra online segue activo con total normalidade?  

Se, neste momento o noso servizo de compra online segue dispoñible e funcionando con normalidade.

Vai realizar a entrega do meu pedido?

Se, vai realizar. Neste momento o noso servizo de compra online segue dispoñible. Por favor, ten en conta que algunhas entregas poden sufrir atrasos motivados pola particularidade da situación. Nas zonas confinadas de Igualada non poderemos facer entregas. Lembra que podes consultar o estado do teu pedido aquí.

Se fago o pedido online Podédesmo enviar a domicilio?

Podes realizar a túa compra online desde calquera dispositivo e decidir onde e como queres recibir o teu pedido. Selecciona a modalidade de entrega a domicilio e enviámosche o teu pedido á dirección que ti elixas, para mostrarche as opcións dispoñibles pedirémosche o código postal do lugar de entrega. Debido á situación actual, todas as entregas a domicilio deixaranse na porta do cliente. Máis información sobre envío a domicilio.

Estableceu IKEA medidas de seguridade nas entregas?

Se, traballamos con altas medidas de seguridade nas entregas. Como consecuencia, durante este período excepcional, a entrega da mercadoría farase na porta do cliente e non se accederá á vivenda.

Realízanse os servizos de montaxe/instalación?

A saúde e a seguridade é unha das prioridades de IKEA. Decidimos pospoñer os servizos de instalación e montaxe en todos os mercados onde temos presenza ata que podamos asegurar a seguridade dos nosos colaboradores e clientes. Esperamos volver pronto á normalidade. 

Que pasa co servizo de Click and Collect? 

Con motivo das medidas adoptadas polas autoridades, nestes momentos o servizo de Click and  Collect queda suspendido. Esperamos volver pronto á normalidade e manterémosvos informados en todo momento.  

Preguntas frecuentes