Saltar

Guía de cociña LERHYTTAN en negro

Soñas cunha cociña duradeira que soporte o paso do tempo, independentemente das tendencias de cada tempada? Demostra a túa personalidade coas portas LERHYTTAN en negro de estilo tradicional. Ideal para achegar un toque rústico e artesanal, o sofisticado marco de madeira maciza escura con bordos biselados e un panel con revestimento permíteche unir a comodidade cun estilo clásico.

Unha cociña de estilo rústico con frontes de cociña LERHYTTAN en negro, unha mesa extensible NORDVIKEN e cadeiras NORDVIKEN en negro.
Unha cociña de estilo rústico con frontes de cociña LERHYTTAN en negro, unha mesa extensible NORDVIKEN e cadeiras NORDVIKEN en negro.

Cociña

LERHYTTAN en negro: 1169€

 

Prezo para unha cociña estándar de 240 x 60 x 228 cm

Contido: armarios, frontes, tiradores, accesorios interiores, bisagras, zócolos, patas, caixóns, mesado, vertedoiro e billa.

Non inclúe: electrodomésticos, iluminación integrada nin mesado á medida.

Deseña a cociña dos teus soños

Existen cociñas con infinidade de formas e tamaños diferentes, e cada persoa ten unha idea diferente sobre o que é unha cociña perfecta. Por iso, o sistema de cociña METOD, agochado detrás destas frontes LERHYTTAN en negro, resulta tan práctico. Ofrecemos armarios de moitos tamaños diferentes para que poidas combinalos e adaptalos perfectamente ás túas necesidades.

Inicia o planificador de cociñas IKEA
Unha cociña con portas de vidro con marcos de madeira en cor negra, armarios con frontes en negro e un mesado de madeira.
Inicia o planificador de cociñas IKEA

Coordina o teu estilo de cociña favorito

Sabías que todos os nosos electrodomésticos, billas de cociña e vertedoiros encaixan perfectamente en calquera cociña IKEA? Combina como queiras para crear a túa cociña ideal. Nesta elegante cociña, escollemos unha billa de cociña de dobre mando en metal pulido negro e un vertedoiro branco coa parte frontal visible para crear un contraste que permite que a billa brille con luz propia.

Vertedoiros e billas
Un vertedoiro branco cunha parte frontal visible e unha billa de metal pulido negro nunha cociña con frontes de madeira de cor negra.
Vertedoiros e billas

25 anos de garantía de balde

As cociñas IKEA están feitas para resistir os rigores da vida cotiá do fogar, por moitos días e anos que pasen. De feito, estamos tan seguros da calidade do noso sistema METOD que che ofrecemos unha ampla garantía de 25 anos.

Obtén máis información sobre a nosa garantía de 25 anos
Detalle de frontes de caixóns LERHYTTAN de cor negra e estilo tradicional con tiradores ENERYDA negros nunha cociña.
Obtén máis información sobre a nosa garantía de 25 anos