O coleccionista de especias
Joshua é un deseñador estadounidense apaixonado por buscar e recoller diferentes especias de todo o mundo. Sempre está a aprender cousas novas sobre a cociña e encántalle a infinidade de cores, sabores e aromas que transmiten as especias na comida. Ademais, a Joshua gústalle secar as súas propias especias, como bo fabricante de especias afeccionado que é.

Cunha colección de especias tan grande e diversa, necesita solucións coas que poder gardar e ter en orde e á man todas esas especias nun único lugar.

No tocante ao almacenamento de especias,
necesitas un bo sistema que che permita ver e ter todo á man. Cunha parede chea de andeis abertos e botes de vidro etiquetados, podes gardar especias a granel e ter á man as especias que máis utilices. Grazas aos botes de vidro transparente saberás canta comida che queda e sempre terás á vista as túas especias. Nunha cociña máis pequena, un carriño é un obxecto moi útil. Pódelo meter en espazos estreitos, movelo onde queiras e sempre saberás o que contén.
Para secar as túas propias herbas, os raís e ganchos ocupan pouco espazo e, desta maneira, daraslle á cociña un acabado fermoso e un aroma agradable. Cando estean completamente secas, poderás gardar as herbas en botes de vidro durante meses. Poderás ver o seu contido e, grazas ás tampas, as herbas manterán o seu frescor. Quedan moi ben nun andel, mais tamén é posible gardalos nalgún caixón da cociña.
Como bo coleccionista de especias, sen dúbida terás moitos accesorios. As caixas UPPDATERA son ideais para gardar artigos pequenos, utensilios e botes e ademais son fáciles de mover. O morteiro ÄDELSTEN e o muíño para especias INTRESSANT, co seu mecanismo de cerámica máis eficiente cós de aceiro, son utensilios prácticos e fermosos adornos se os colocas enriba do mesado da cociña.