Saltar
Máis de VARDAGEN serie

VARDAGEN Bote con tapa, vidro incoloro, 1.8 l

4,99€

Escolle tamaño

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Podes cambiar de opinión

Os nosos produtos inclúen unha política de devolución de 365 días*. Máis información
VARDAGEN
602.919.30

E abofé, tampouco está de máis que poñas as túas galletas caseiras á vista. Desaparecerán nun chiscar de ollos e, como o bote está feito de vidro transparente, poderás ver decontado cando é hora de enchelo de novo.

Características do produto
  • Apto para lavalouza
Máis información
A persoa colle granola dun gran frasco VARDAGEN con culler na cunca sobre a mesa.

Opinións dos clientes

4.2Recensión: 4.2 de 5 estrelas. Revisións totais: 1817Valoración media
1817Opinións
4.2Recensión: 4.2 de 5 estrelas. Revisións totais: 1817Valoración media
1817Opinións

As túas olladas

Ideas suxeridas polos produtos que viches fai pouco

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Deseñar para os gustos da xente de todo o mundo

Cociñas ás veces pratos doutras culturas? Entón formas parte dunha tendencia internacional chamada transculturalismo. Basicamente significa que os hábitos culinarios e alimentarios mundiais son moito máis parecidos do que crees. Como podemos responder a esta tendencia? Deseñamos a serie VARDAGEN con produtos que poden utilizarse de múltiples maneiras. En sueco, VARDAGEN significa "todos os días", e así é como deben utilizarse os produtos, vivas onde vivas.

"Os consumidores teñen acceso á diversidade cultural na cociña e a alimentación de todo o mundo", explica Ina Tidbeck Sjöblom, que axudou a crear os produtos. "Queren probar o mellor de todas as culturas, o que significa que non só en Asia necesitamos produtos para comer sushi".

Crear produtos para todas as nosas diferenzas (e similitudes)

Os produtos VARDAGEN están deseñados para converter as diferenzas en similitudes. Como a cunca para ovos. "Fixémola cunha forma que se parece máis a un cunco moi pequeno para mollar", explica Ina. "Así que tamén serve para a comida asiática, xa sabes, o cunco onde se pon a pasta de chile e outros condimentos". Outro cunco ten o tamaño e a forma xustos para ser un cunco de arroz en Asia, pero tamén pode utilizarse como cunco para ensaladas ou cereais.

Responder á demanda mundial de durabilidade

VARDAGEN adáptase de forma única ao mercado mundial, atendendo ás diferentes necesidades dos consumidores. Unha cousa na que a xente de todo o mundo parece estar de acordo é na importancia da durabilidade. "Sabemos por todos os estudos e investigacións que facemos que a xente non quere comprar e tirar cousas, quere comprar algo que dure", di Ina. Por iso VARDAGEN fabrícase con materiais duradeiros e sostibles, como vidro, porcelana e aceiro inoxidable. Iso significa que, tal como suxire o nome VARDAGEN, serán útiles todos os días durante moitos días máis.

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de VARDAGEN vaixela

Accesorios para VARDAGEN