Saltar

Bimbo que axuda a crear un espazo de traballo privado e produtivo na casa

Só porque compartas un espazo non tes por que compartilo todo. Co mobiliario axeitado podes crear un espazo na casa onde a luminosidade sexa boa, o asento cómodo e adaptable e onde os negocios son os negocios.

Dúas persoas sentadas en lados opostos da sala de estar, separadas por un biombo RISÖR, as dúas concentradas en cadansúa pantalla.
Dúas persoas sentadas en lados opostos da sala de estar, separadas por un biombo RISÖR, as dúas concentradas en cadansúa pantalla.

Ponte cómodo co teu mellor aspecto

Traballar desde o sofá cama permíteche mesmo estar deitado durante as reunións interminables. E o mellor de todo é que ninguén ten por que decatarse, só tes que asegurarte de apagar a cámara. Cando penses na iluminación, non esquezas a luz natural. Con tratamentos para as ventás como as cortinas opacas poderás controlar canto sol entra e manter os reflexos da pantalla e a luz penetrante e molesta ao mínimo.

Velaquí todos os sofá camas
Un recanto dun cuarto cun sofá cama de dúas prazas LYCKSELE LÖVÅS gris escuro, unha mesa auxiliar BURVIK negra e un espello LINDBYN.
Velaquí todos os sofá camas

Mestura a luz de ambiente e a luz dirixida para traballares mellor

A luz de ambiente fornece unha luz suave que fai que as longas horas mirando unha pantalla sexan máis levadías, mentres que a luz dirixida dunha lámpada de traballo axuda a manteres a concentración.

Velaquí todas as lámpadas
Espazo de traballo compacto composto por unha mesa para ordenador portátil VITTSJÖ negra e marrón e unha cadeira VOLFGANG, con estantes de parede LACK.
Velaquí todas as lámpadas

Grazas aos biombos compartirás chamadas cos teus compañeiros de traballo, non cos do piso

Cando se trata de reunións en liña, a privacidade é fundamental. Un biombo coma este permitirache traballar sen molestias e tamén evitar que molestes as persoas ao teu redor.

Velaquí máis divisores de cuartos
Sala de estar dividida por un biombo RISÖR, con mesa para portátil VITTSJÖ a un lado, un espazo de traballo compacto no outro.
Velaquí máis divisores de cuartos