Saltar

Unha pequena sala de estar tradicional, a un prezo accesible

Unha pequena sala de estar nun piso céntrico pode ser tamén un lugar ideal para relaxarse, comer, pasar o tempo ou mesmo desatar a creatividade mentres pintas, pero sen necesidade de gastar moitos cartos. Queres saber como? Aquí tes todo o necesario.

Sala de estar cun sofá branco, un moble de TV branco e paredes con papel pintado floral.

A túa sala de estar completa, por menos de 580€

Consíguea na nosa web, por teléfono ou na túa tenda favorita. 

A túa listaxe da compra crearase de xeito automático. Ademais, se xa iniciaches sesión, a listaxe da compra quedará gardada na túa conta IKEA.

Velaquí a listaxe da compra con estes produtos

Engade toques de cor e estampados sutís para que o cuarto cobre vida

Os tecidos poden unir todos os demais elementos do cuarto. Utilizar tons e texturas sutís nos coxíns e as colchas pode definir o ton da decoración. Se te atreves cos estampados e as cores, daraslle ao cuarto un aire creativo, lúdico e espontáneo.

Velaquí todos os tecidos do fogar
Guía de teito SKURUP negra de tres focos
Velaquí todos os tecidos do fogar

Un novo fogar para a túa TV

Aínda que o teu apartamento sexa pequeno, os mobles da sala de estar son moi importantes para crear un espazo de lecer ideal. Coa nosa selección de mobles de TV de varios tamaños e estilos, tes unha gran variedade de opcións para axudarche a crear o teu centro de diversión dixital.

Velaquí todos os mobles de TV
Unha alfombra STRÖG natural, de tecido liso
Velaquí todos os mobles de TV

Goza como nunca dos teus pasatempos

Non só hai que cumprir coas obrigas. Podes darte o capricho de gozar dos teus pasatempos en calquera recanto do teu fogar. A sala de estar é un espazo ideal para facelo, aínda que sexa pequena. Chega cunha mesa pregable para comer dúas persoas e un par de tallos que utilices tamén para pintar.

Velaquí todos os tallos
Cortinas DYTÅG brancas con cinta na parte superior, un par
Velaquí todos os tallos

Un espazo de almacenaxe cun estilo tradicional

Non hai que renunciar á funcionalidade nin a un bo prezo. A serie SKRUVBY é unha solución perfecta, con detalles de carballo, bordos perfilados, as portas con rañuras e os tiradores forxados. E se engades caixas e organizadores personalizados para controlar a desorde, a túa sala de estar terá un aspecto marabilloso, pero tamén moi funcional.

Velaquí os mobles de sala de estar
Unha libraría SKRUVBY branca
Velaquí os mobles de sala de estar