- Fibras sintéticas
Un coxín firme con recheo de poliéster reciclado que ofrece un bo soporte lumbar ao teu fillo cando queira sentar e ler, e que tamén resulta agradable para apoiar a cabeza.
Detalles do produto
O coxín de forma cilíndrica ofrece un bo apoio ao corpo, a cabeza e os pés dos pequenos; é ideal para ver a TV, ler e descansar.
Cuns coxíns decorativos encima da cama ou no recuncho de lectura, a habitación resulta aínda máis acolledora.
O recheo de poliéster non se deforma e proporciónalle unha suxeición cómoda e agradable ao corpo do teu fillo.
As cremalleiras dos produtos para nenos non levan tirador e, polo tanto, son seguras para os pequenos pero doadas de abrir para os adultos.
A funda do coxín pode quitarse facilmente para lavar porque ten cremalleira.
Maria Gustavsson
Medicións
- lonxitude: 80 cm
- diámetro: 25 cm
- Peso do recheo: 1000 g
- Peso total: 1030 g