Os cociñeiros profesionais chámano "mise en place", é dicir, ter todo en orde e no seu sitio na cociña. Estes 3 cuncos axudaranche a cociñar e tamén a clasificar os refugallos.
Detalles do produto
Con estes cuncos cociñarás como un auténtico profesional e todo estará no sitio que ten que estar. Tamén poderás utilizalos para recoller as mondas e outros restos de alimentos.
Os cuncos de preparación UPPFYLLD son perfectos cando o que necesitas é preparar a comida sen ocupar todo o espazo do mesado nin da táboa de cortar.
Coloca o cunco de preparación debaixo da táboa de cortar e mete as verduras, a carne ou os alimentos que queiras polo lado aberto cando xa os teñas preparados.
Unha boa idea é utilizar un dos cuncos para botar os restos orgánicos, deste xeito o proceso de cociñado será máis limpo, sinxelo e rápido.
O fondo do cunco só ten 1 mm de grosor na abertura lateral, polo que non afectará á estabilidade da táboa de cortar.
Os cuncos de preparación pódense amorear, de xeito que permiten aforrar espazo cando os gardes.
Unha vez o cunco estea cheo, poderás retiralo facilmente da táboa de cortar e botar os ingredientes na tixola, sobre a ensalada ou onde ti quixeres.
A serie UPPFYLLD leva a cor á túa cociña.
K Gouriou/W Chong
Medicións
- Unidades: 3 pack
- diámetro: 18 cm
- Altura: 5 cm