PLATSA Armario 6 caixóns, branco/Fonnes branco, 140x42x241 cm
Como conseguilo
Co planificador PLATSA podes crear unha solución que se adapte a ti, ao teu fogar e ás túas necesidades de almacenaxe.
Detalles do produto
Inclúense fixacións para que poidas unir facilmente varias estruturas PLATSA. Son fáciles de quitar e de poñer, non é necesario o uso de ferramentas, e evitarás que os buratos externos dos parafusos queden á vista.
A estrutura é moi doada de montar, só hai que unir as partes ata que fagan clic, sen necesidade de ferramentas.
Ao ter unha estrutura de pouco fondo, é ideal para espazos pequenos.
Podes organizar o espazo interior cos complementos da serie HJÄLPA e o exterior coas solucións prácticas da serie LÄTTHET.
As patas regulables permiten corrixir posibles desniveis no chan.
IKEA of Sweden/Ola Wihlborg
Medicións
- Ancho: 140 cm
- fondo: 42 cm
- Altura: 241 cm
Opinións dos clientes
Accesorios para PLATSA
Deseña o teu propio armario PLATSA
Queres personalizar o aspecto e as funcións de PLATSA de xeito que se adapte ao teu espazo, ás túas necesidades e ao teu gusto?


Cambia contigo
A nosa casa a miúdo ten unhas dimensións limitadas, polo que pode ser desafiante atopar un lugar para todo. Co sistema de almacenaxe PLATSA, queriamos crear unha solución de almacenaxe versátil e sinxela que poidas refacer e ampliar, tanto vertical como horizontalmente, nos laterais ou no medio. Por riba de todo, o prezo debía ser baixo, e a calidade, alta. A solución: a calidade axeitada no lugar axeitado.
"Todo o que precisas son as túas mans", di o desenvolvedor de produto Freddy Kramer mentres encaixa unha estrutura PLATSA con outra. Encaixar, si. O secreto e un tipo de conector chamado cuña. Freddy continúa explicando por que é un aspecto importante o feito de poder montar ou separar estruturas con facilidade. "A vida das persoas hoxe en día non deixa de cambiar: mudámonos máis a miúdo, vivimos en espazos máis pequenos e ás veces compartimos a nosa casa. Por iso nosas necesidades cambian ao longo da vida".
Separa e reconfigura
Freddy mostra como se poden dispoñer as estruturas en vertical, horizontal ou ao xeito dunhas escaleiras, para despois completarse con andeis, cestos de arame, raíl para a roupa, caixóns e portas. "Mesmo pode utilizarse o exterior. Nesta parte, podes colocar ganchos ou un raíl para a roupa e fixalo entre dúas estruturas".
Amor nunha caixa branca
Para que PLATSA fose realmente duradeira, a calidade foi tan importante como a flexibilidade e a facilidade de montaxe. Porén, mellorar a calidade sen aumentar o prezo non é tarefa doada. "A calidade axeitada no lugar axeitado", di Freddy, e abre unha porta de armario. "Aquí, no exterior da porta, que podes ver e tocar todos os días, utilizamos unha lámina mate cunha textura fina, mentres que o interior, sen expoñer, está recuberto cunha lámina base máis sinxela". O proxecto PLATSA esixiu moito tempo e compromiso, mais tamén deu os seus resultados. "Estas caixas brancas baleiras para as estruturas, poden non dicirche moito a primeira vista, mais en realidade son caixas brancas cheas de amor", conclúe Freddy cun sorriso.
Material
Que é un taboleiro de partículas?
O taboleiro de partículas está feito de madeira reciclada e serraduras, polo que as pezas de madeira con tonalidades inadecuadas, achas e serraduras son convertidas en recursos no canto de en refugallos. Utilizamos estes taboleiros para facer estantes, estruturas de cama, sofás e estruturas de cociña. Para protexelo da humidade e do desgaste, botámoslle verniz, chapa ou laminado que ademais realzan o aspecto do moble.