PAX / GRIMO Armario con portas corredizas, branco/vidro incoloro branco, 200x66x201 cm
Como conseguilo
Por que agochar a roupa? Déixaa á vista! A parte superior deste gardarroupa con portas corredizas GRIMO é de cristal, así sempre terás á vista as túas camisas ou vestidos favoritos.
Detalles do produto
10 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.
Emprega a ferramenta de planificación PAX para adaptar esta combinación PAX/KOMPLEMENT aos teus gustos e necesidades.
A combinación de vidro e paneis cubertos crea unha expresión equilibrada.
O mecanismo de peche suave está integrado nos rieles e consegue que as portas abran e pechen de forma silenciosa, suave e lenta.
As patas regulables permiten corrixir posibles desniveis no chan.
Co planificador PAX podes integrar a iluminación na combinación. Logo de elixires a fonte luminosa, o planificador indicarache os accesorios que precisas para completar a solución.
O cesto de malla permite que o aire circule e é perfecto para gardar os accesorios para facer actividades ao aire libre, como sombreiros e luvas.
Mover os organizadores de interior ao teu gusto é un xogo de nenos. Cun lixeiro cambio podes modificar a túa solución de almacenaxe para que se adapte á túa roupa, e non ao revés.
Non necesitas tantos caixóns? ¿Queres engadir unha estrutura ou cambiar as portas? Co planificador PAX podes abrir esta solución e adaptala ás túas esixencias.
Medicións
- Ancho: 200.0 cm
- fondo: 66.0 cm
- Altura: 201.2 cm
Accesorios para PAX / GRIMO
Deseña o teu propio armario PAX
Queres personalizar o aspecto e as funcións de PAX de xeito que se adapte ao teu espazo, ás túas necesidades e ao teu gusto?
