- Apilable
Esta caixa con tampa é ideal para gardar obxectos de lecer, está feita nun 50% de plástico reciclado e permite percibir o que hai dentro sen que sexa totalmente visible.
Detalles do produto
Como o material é semitransparente, podes ver facilmente o contido.
É perfecta para os sistemas de almacenaxe das series VIHALS, BESTÅ e KALLAX, así como para outros sistemas de almacenaxe cunha profundidade de polo menos 33 cm.
Podes encastelar recipientes de diferentes tamaños, xa que están deseñados para encaixar entre si.
Con espazo abondo para gardar todo o que necesites: obxectos de lecer, cousas do traballo...
Pódese empregar en calquera estancia da casa, mesmo en zonas de moita humidade como o baño.
Protexe as túas cousas do po e a sucidade, xa que a tampa encaixa no seu sitio e as asas consisten nuns rebaixes na superficie.
As tiras das caixas alíñanse entre elas, a pesar das caixas seren de distinto tamaño, deste xeito créase unha sensación de orde e calma, aínda que poñas varias caixas unhas enriba doutras.
Jon Eliason
Medicións
- Altura: 16.5 cm
- Ancho: 33 cm
- volume: 12.5 l
- fondo: 33 cm
Opinións dos clientes
Explora as túas opcións
Proba os mobles e a decoración nun espazo virtual antes de mercar para atopar os que mellor se adapten ao teu fogar.

A idea tras o produto
A idea tras o produto
"A miña idea coas PANSARTAX era crear unha almacenaxe flexible que se axustase a calquera peza da casa. Son moi fáciles de cargar e transportar dun sitio a outro, ideais nestas épocas nas que vivimos en lugares máis pequenos, compartimos espazos e nos movemos decote. As raias forman parte da construción e forman un padrón gráfico. As caixas están feitas de material parcialmente transparente que che permite xogar coas cores en función do contido que gardes dentro".