MÄVINN Funda de coxín, a cadros gris/corazón vermello, 40x58 cm
Como conseguilo
Funda de coxín a cadros con 2 corazóns vermellos bordados á man. Un acompañamento distintivo que representa un medio de vida para os e as artesás da empresa social xordana Jordan River Foundation.
Detalles do produto
IKEA colabora con empresas sociais de todo o mundo para crear produtos únicos cos que dar traballo ás persoas que máis o necesitan.
Este produto fíxose á man na empresa social Jordan River Foundation, que fornece sustento estable a mulleres artesás xordanas e refuxiadas sirias.
Os bordados en punto de cruz teñen forma de 2 corazóns vermellos, adornan o anverso e crean fundas únicas.
O algodón é un material natural, resistente e suave que require poucos coidados e que se pode lavar á máquina.
O peche tipo sobre mantén o coxín no seu sitio sen que se precisen cremalleiras ou botóns.
Johanna Jelinek
Medicións
- lonxitude: 40 cm
- Ancho: 58 cm
Opinións dos clientes
Accesorios para MÄVINN
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Foi unha alegría inmensa para min que me pedisen crear a colección MÄVINN en colaboración con empresas sociais, xa que cada un dos obxectos que a conforman permite crear postos de traballo para persoas necesitadas. O meu deseño inspírase nas casas tradicionais escandinavas, onde a decoración se caracterizada pola súa funcionalidade, simplicidade e polos materiais naturais. Agardo que vos guste o resultado final e que vos sintades orgullosas e orgullosos ao saber que, ao mercar estes obxectos, estades axudando a outras persoas".