Saltar
Ir á lista de produtos

LILLABO serie

Estes xoguetes non poden ser máis clásicos, pero actualizámolos con novas pezas e funcións. Con eles, calquera cuarto se converterá nun universo de xogos envolvente e emocionante.

LILLABO: Abrocha o cinto, que imos de viaxe!

En marcha! É, probablemente, a palabra que mellor define a nova serie LILLABO. Os coches de madeira veñen en diferentes modelos, formas e cores, pero todos eles están listos para pasear polas rúas da cidade. A cidade que montes sobre a alfombra pode medrar, xa que as estradas poden conectarse se combinas dúas ou máis alfombras. No medio queda un lugar ideal para un taller cun lavadoiro de coches e un heliporto. A calidade da madeira garante a súa lonxevidade, algo moi importante para uns xoguetes tan clásicos que souberon manter a súa popularidade durante xeracións.

Primeiro plano dun conxunto de ponte para tren LILLABO. Uno dos trens está a cruzar a ponte, mentres que outro pasa por debaixo. Todo sobre unha alfombra LILLABO.