Como conseguilo
Que sería dun Día de Defuntos sen pantasmas? Este recipiente de vidro con tampa é perfecto para gardar obxectos pequenos e xoias. Un elemento decorativo que podes complementar cunha candea pequena.
Detalles do produto
Recipiente con tampa e forma de pantasma. Un obxecto decorativo ideal para gardar cousas pequenas.
A tampa protexe o contido do po e das moscas.
Este recipiente arrepiante con tampa está empaquetado nunha caixa decorativa. O agasallo perfecto.
Marta Krupińska
Medicións
- diámetro: 13 cm
- volume: 0.6 l
- Altura: 16 cm
- Ancho: 17 cm
- fondo: 13 cm
Opinións dos clientes
Form design process
Dálle un toque arrepiante á túa casa.
Cabazas, teas de araña, pantasmas, gatos negros e candeas. Coa colección KUSTFYR poderás crear rápida e facilmente ese ambiente arrepiante cando queiras celebrar unha festa temática ou se simplemente lle queres dar un toque sinistro a cada recuncho da casa. Deixa voar a túa imaxinación e crea un decorado ao teu gusto, desde a entrada ata a mesa.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Sempre intento darlle un algo distinto a todo o que fago e esta pequena pantasma de vidro da colección KUSTFYR non é a excepción. Neste recipiente con tampa poderás gardar de todo: clips para papeis no despacho, as chaves no recibidor, xoias no dormitorio ou tamén podes crear con el un decorado sinistro, cunha candea acesa dentro. A xente ten que divertirse e gústame ver como as persoas adultas deixan saír o seu neno interior cando ven algo que lles gusta. Agardo que isto evoque a mesma sensación en ti".