Este cómodo coxín é ideal para exteriores, xa que o seu tecido foi tinguido dun xeito que o fai máis resistente ao sol. Pódese usar por ambos lados e leva prácticos lazos que o manteñen suxeito.
Detalles do produto
A cor mantense fresca durante máis tempo, xa que o tecido é altamente resistente á descoloración grazas ao seu bo nivel de resistencia á luz.
As cintas manteñen o coxín no seu sitio.
O coxín dura máis tempo porque lle podes dar a volta e empregar ambos os dous lados.
IKEA of Sweden
Medicións
- Ancho: 36 cm
- fondo: 32 cm
- grosor: 6 cm
Opinións dos clientes
Material
Que é o poliéster reciclado?
Ao crear produtos a partir de poliéster reciclado, as botellas PET e outros obxectos teñen a posibilidade de ter outra vida e converterse así en tecidos, caixas, frontes de cociña e mesmo lámpada. Estes novos produtos garanten a mesma calidade cós produtos de poliéster virxe. E obviamente o resultado é igual de limpo e seguro. E pode que o mellor de todo é saber que estás a contribuír a utilizar menos materias primas.