FLINTAN Cadeira de traballo con repousabraz, Diseröd gris
Como conseguilo
10 ano de garantía
- Probado para: 110 kg
Esta cadeira de oficina ergonómica ten moitas características para maior comodidade, como un respaldo elevado e unha malla transpirable. A funda do asento é extraíble e pódese meter na lavadora. 10 anos de garantía.
Detalles do produto
10 anos de garantía. Consulta as condicións no folleto de garantía.
Ideal para usar en oficinas.
Como se pode quitar e lavar á máquina, poderás ter a funda sempre limpa.
Esta cadeira ergonómica inclúe moitas funcionalidades que che permitirán adaptala facilmente ó teu corpo.
Podes axustar a altura do asento para as costas e as pernas formaren un ángulo de 90º.
Con tensión de inclinación automática, o teu peso determina a resistencia que ofrece o respaldo. Esta contrapresión permíteche manter unha postura activa na cadeira.
Estabilidade mellorada grazas a que a función de inclinación pódese bloquear cando o respaldo está en posición recta.
Mecanismo de inclinación sincronizado para a cadeira moverse ó teu ritmo. O respaldo móvese máis có asento cando te recostas, polo que o torso/cadeiras se abren. Isto é bo para a circulación e para ter máis enerxía.
Conforme te reclinas, o mecanismo de inclinación sincronizado permíteche manter os pés apoiados no chan mentres miras para arriba. Esta postura é boa para estirar o peito e mellorar a circulación sen forzar as coxas.
Os repousabrazos permiten descansar a parte superior dos antebrazos e reducen as dores de costa e ombros durante as reunións máis longas.
A cadeira inclúe un mecanismo que bloquea as rodas cando non hai ninguén sentado e evita que se mova ao levantarse.
As rodas facilitan os movementos sobre chans moquetados, espidos e mesmo sobre superficies desiguais.
Grazas a que están revestidas de goma, as rodas deslízanse suavemente sobre calquera tipo de chan.
Medicións
- Probado para: 110 kg
- Ancho: 71 cm
- fondo: 71 cm
- altura máxima: 114 cm
- altura mínima: 103 cm
- anchura do asento: 46 cm
- Fondo do asento: 49 cm
- altura máxima do asento: 58 cm
- altura mínima do asento: 45 cm
- Altura mín. apoiabrazos: 69 cm
- Altura máx. apoiabrazos: 81 cm