Caixa alta cunha tapa pregable, igual de práctica dentro que fóra do armario. Está forrada cunha tea estampada de poliéster reciclado que, xunto á asa de pel sintética, achega unha sensación de calidade.
Detalles do produto
Caixa de almacenaxe encastelable e decorativa, igual de práctica no armario que nun andel ou no chan.
Podes acceder facilmente ao contido, mesmo se o artigo está encastelado ou colocado nun caixón, xa que a tapa é pregable.
Ideal para gardar desde xerseis e chaquetas ata xogos, libros e dispositivos electrónicos.
O recipiente pode manipularse facilmente grazas ás asas.
O padrón e a expresión encaixan á perfección co mobiliario da serie HAUGA e IDANÄS, aínda que podes utilizala con calquera moble que che guste para organizar e estruturar as túas cousas. Faltaría máis.
O tecido está feito en poliéster reciclado. Aproveitar o lixo como se for un recurso achéganos a un futuro máis sostible.
A xogo con outros produtos da serie BLÄDDRARE e BAXNA.
Paulin Machado
Medicións
- Ancho: 35 cm
- fondo: 50 cm
- Altura: 30 cm
Opinións dos clientes
Explora as túas opcións
Proba os mobles e a decoración nun espazo virtual antes de mercar para atopar os que mellor se adapten ao teu fogar.

Material
Que é o poliéster reciclado?
Ao crear produtos a partir de poliéster reciclado, as botellas PET e outros obxectos teñen a posibilidade de ter outra vida e converterse así en tecidos, caixas, frontes de cociña e mesmo lámpada. Estes novos produtos garanten a mesma calidade cós produtos de poliéster virxe. E obviamente o resultado é igual de limpo e seguro. E pode que o mellor de todo é saber que estás a contribuír a utilizar menos materias primas.