BESTÅ Moble TV con caixóns
Como conseguilo
Todo o que precisas para ter ordenada a zona da TV, con moito espazo para gardares cousas e sen que che molesten os cables. Escolle unha combinación preparada ou crea a túa propia. Esta é só unha de tantas posibilidades.
Detalles do produto
A fronte RIKSVIKEN ten un brillo sutil que achega profundidade e lustre a decoración.
É doado ter os cables da TV e outros dispositivos ocultos pero á man grazas ás aberturas da parte de atrás do moble de TV.
Se non queres que se vexan os cables, pásaos polo burato que hai na parte superior do moble de TV.
As patas elevan a combinación BESTÅ do chan, danlle un aspecto máis lixeiro e permiten limpar por debaixo facilmente.
Os dous caixóns permiten organizar os mandos a distancia, as consolas e os accesorios da televisión.
As portas e os caixóns levan un sistema integrado para abrir e pechar de xeito suave e silencioso.
Medicións
- Ancho: 120 cm
- fondo: 42 cm
- Altura: 48 cm
- Peso máximo/andel: 20 kg
- Peso máximo/caixón: 10 kg
- Ancho de caixón (int): 51 cm
- Fondo de caixón (int): 32.5 cm
- Peso máx. TV: 16 kg
Opinións dos clientes
Deseña a túa propia almacenaxe BESTÅ
Queres personalizar o aspecto e as funcións de BESTÅ de xeito que se adapte ao teu espazo, ás túas necesidades e ao teu gusto?
