ÅKERRÄTTIKA Discos desmaq reut c/bolsa
Como conseguilo
Proba os discos de limpeza reutilizables, aforra cartos e reduce refugallos. A viscosa supersuave limpa con suavidade e eficacia. Despois de usalos, gárdaos na bolsa que se inclúe e métea na lavadora.
Detalles do produto
Son reutilizables, así gastarás menos e nunca che faltarán os teus discos de limpeza.
O suave material de viscosa é absorbente, ofrece unha limpeza eficaz e é delicado coa pel.
Os discos pódense lavar. Abonda con colocalos dentro da bolsa que se inclúe e metela directamente na lavadora.
IKEA of Sweden
Medicións
- Unidades: 10 pack
- diámetro: 8 cm
Opinións dos clientes
Material
Que é a viscosa?
A viscosa é unha fibra forte e suave como a seda, mesmo máis suave que o algodón. É especialmente adecuada para toallas e roupa de cama, xa que a fibra ten unha gran capacidade para absorber a humidade e proporciona unha sensación de frescor e comodidade contra a pel. A fibra de viscosa está feita de celulosa, a miúdo de polpa de madeira de haxa ou eucalipto. E do mesmo xeito que con calquera outra materia prima madeireira, esforzámonos por utilizala da forma máis intelixente e eficiente posible para evitar residuos.
Calidade
Cóidate cos nosos produtos de spa
Calquera día é bo para coidarte. Os nosos produtos de spa céntranse no teu benestar, axudan a relaxarte, refrescarte e recuperar folgos. Cómpreche un defoliante corporal, discos de limpeza para a cara ou unha toalla absorbente para o cabelo? Sexa o que for, os nosos produtos están deseñados para durar e para que ao combinalos poidas crear un ambiente harmonioso na túa casa.