Saltar

O outono chama á túa porta: déixao entrar!

Tes ganas de gozar da cálida e acolledora sensación que só ofrece o outono? A nova colección HÖSTAGILLE, chea de deseños e adornos en cores vivas e terrosas, pode transformar con facilidade o teu fogar no refuxio outonal definitivo.

Unha mesa rústica adornada con cabazas e un alce HÖSTAGILLE, e unha fonte para servir HÖSTAGILLE con froita.

Formas sinxelas de preparar o teu fogar para o outono

Coa nova colección HÖSTAGILLE, facer que o teu espazo sexa cálido e acolledor será coser e cantar. Os adornos, a vaixela e as candeas outonais farán que o teu fogar sexa tan acolledor que quizais ata consideres recibir visitas.

Sobre un mantel a raias, rodeado de cubertos e floreiros, hai un molde de torta HÖSTAGILLE en branco roto cunha torta de mazá no interior.
Unha presentación de imaxes fixas de varios produtos da colección HÖSTAGILLE, como adornos e pezas de vaixela.

Cultiva o momento

Namentres a estación fai a súa maxia no exterior, inspírate para impregnar de aire outonal o interior do teu fogar. Con candeas aromáticas, cuncos e floreiros en tons terra e vaixelas con encanto, poderás darlle a benvida ao outono e sentirte como no fogar.

Unha candea aromática HÖSTAGILLE nun tarro de cristal sobre uns libros amontoados, á beira dun floreiro decorativo e unha pera.
Primeiro plano dun cunco decorativo HÖSTAGILLE marrón dourado con tampa, cun deseño en forma de cabaza sobre unha mesa estampada.

Un floreiro HÖSTAGILLE marrón cunha flor seca, colocado con elegancia sobre unha mesa de madeira cunha suave luz ambiental.
Un cunco para servir HÖSTAGILLE beixe claro con alcachofas sobre unha mesa, á beira dunha fonte para servir HÖSTAGILLE con peras.
Cando me encargaron crear un adorno para a colección HÖSTAGILLE que transmitise a sensación de ser tan sueco como o cabalo de Dalecarlia, escollín outro animal moi querido: o alce. Espero que esa divertida versión do rei do bosque vos saque un sorriso.
Marta KrupińskaDeseñadora
Dúas figuras decorativas de alces HÖSTAGILLE colocadas sobre unha mesa de madeira, rodeadas de adornos outonais e luz natural.

Prepara o teu fogar para non saír del

Ás veces, os mellores plans son os que se cancelan. Sobre todo se quedar na casa significa prender unha candea (ou cinco), ver a túa serie favorita e gozar dunha cunca de té. Coa colección HÖSTAGILLE, calquera pode converterse en amante do outono.

Unha coroa artificial HÖSTAGILLE de cores variadas adorna unha parede rústica, entre obxectos decorativos, algúns libros e unha candea.
Nunha mesa, á beira dunha cafeteira francesa e unha cunca fumegante, hai unha candea aromática HÖSTAGILLE nun vaso.

Unha bandexa HÖSTAGILLE cun estampado laranxa, sobre a que hai unha rebanda de pan con manteiga, un vaso de té e un pano de mesa de papel HÖSTAGILLE.
Tres candeas HÖSTAGILLE sen aroma están colocadas nunha brillante bandexa HÖSTAGILLE, rodeadas de adornos outonais.

Follas que caen, ánimos que se levantan

O verán rematou, pero o mellor está por chegar. Se ti tamén prefires o outono, bótalle unha ollada á colección HÖSTAGILLE para somerxerte na ledicia dos encontros acolledores, os doces con sabor a especias e os días de abrigo. Pronto pensarás en quen precisa as demais estacións.

Velaquí a colección HÖSTAGILLE
Unha porta de madeira e cristal adornada cunha coroa artificial multicolor HÖSTAGILLE en cálidos tons outonais.
Unha mesa de comedor adornada cunha grilanda artificial HÖSTAGILLE de varias cores, rodeada de elegantes pezas de vaixela e cristalaría.
Velaquí a colección HÖSTAGILLE