Saltar

Descubre Tyg, a nosa colorida colección de teas precortadas.

Arranxa os teus vaqueiros favoritos, crea unha criatura fantástica ou fai un mandil con quince petos. A estas teas precortadas, feitas de 100 % algodón, con 150 cm de anchura e 300 cm de lonxitude, pódeselles pasar o ferro e tamén lavar. Así que anímate: tira, racha, cose, pega, dobra e corta. O teu único límite é a basta.

Unha persoa sentada debuxando a carón dunha máquina de coser nun cuarto con creacións coloridas de tea da colección Tyg.
Unha persoa sentada debuxando a carón dunha máquina de coser nun cuarto con creacións coloridas de tea da colección Tyg.

Desata a túa creatividade

Un anaco de tea é como unha páxina baleira: está chea de posibilidades. Converte a colección Tyg no inicio dunha nova aventura, unha nova faceta e un novo mañá.

Vídeo de dúas persoas pegando, dobrando, cosendo e creando con teas da colección Tyg.

Crea unha funda divertida

Transforma calquera cuarto e agocha esas manchas e rabuñaduras tan pouco favorecedoras cunha funda divertida feita con tea SANDLUSERN en branco e negro. Unha tesoira, un pespunto e algo de fío: ese moble desgastado quedará como novo.

Unha persoa axustando unha mesa auxiliar cuberta con tea precortada SANDLUSERN. Enriba da mesa hai un floreiro forrado con tea.

Viste un floreiro

Cose un cordón na basta dunha tea redonda, como a tea precortada RAKLOSTA con lunares brancos sobre un fondo azul. Ata o cordón arredor do floreiro para darlle un aire totalmente diferente.

Velaquí as instrucións de costura
Un vídeo de alguén creando unha funda para un floreiro con tea precortada RAKLOSTA e un cordón de cor rosa intenso.
Velaquí as instrucións de costura

Crea algo indefinido

Con tres costuras, dous cordóns e un pouco de recheo, a tea JÄTTEVÄDD de cores vivas pode converterse nun suave coxín de nós e nun adobío divertido, todo á vez. Tamén é o sitio perfecto para gardar roupa, fíos de la e mantas.

Un coxín de nós sobre un chan de madeira clara. Está feito coa tea precortada JÄTTEVÄDD de raias en cores vivas.

Presume de estampados

O animado estampado botánico FJÄLLDRABA non pasa desapercibido. Escolle a túa parte favorita e pona na parede: é unha idea xenial para aproveitar as teas que sobran.

Velaquí a tea FJÄLLDRABA
Un vídeo de alguén fixando a tea precortada FJÄLLDRABA a un taboleiro de madeira cunha grampadora e poñéndoo na parede.
Velaquí a tea FJÄLLDRABA

Expresa a túa personalidade con téxtiles

Repara, remenda e personaliza as túas pezas de roupa de forma que sexan inconfundibles. Faille petos a unha camisa, crea unha gravata sinxela e cose unha saia con só dous fíos e unha banda elástica. Tamén podes crear accesorios divertidos e funcionais. Como unhas pulseiras sinxelas que tamén sirvan como alfineteiro.

Unhas mans poñendo alfinetes na tea precortada ULLRANUNKEL. A persoa leva unhas pulseiras da mesma tea usadas como alfineteiros.
Dúas persoas collidas do brazo e vestidas con pezas confeccionadas con teas da colección Tyg. A saia está feita coa tea precortada FLUGBLOMSTER.
Unha cortina feita de patchwork de teas de cores da colección Tyg. Dúas cabezas asómanse dende detrás da cortina.

Atrévete aínda que non saia perfecto

Pode ser o lenzo dos teus soños. Mais tamén é só unha madeixa de fío. Non teñas medo a intentalo! Inspírate nas teas con estampados divertidos e cores alegres. Que che apetece crear?