Saltar

Crea un dormitorio inspirado na sabana con SANDLÖPARE

Segundo os días minguan e tornan máis fríos do outro lado da xanela, por que non transformar o dormitorio do teu fillo ou filla nunha sabana solleira e cálida? Cos téxtiles de cores, xoguetes de peluche suaves e ilustracións detalladas de Anna Lagerström, a colección SANDLÖPARE tráeche puntos marróns, raias negras e soles vermellos. Se aínda queres matizar a estancia máis, podes levar as cores e formas da sabana ás paredes. Para iso, abonda con sacarlle unha fotografía ás ilustracións, proxectalas na parede, darlles o tamaño que máis che guste e pintar.

Un dormitorio infantil cheo de xoguetes relacionados coa sabana, da colección SANDLÖPARE, con suricatas, xirafas e guepardos.

Érguete entre a natureza con roupa de cama divertida

A roupa de cama SANDLÖPARE está dispoñible en tres deseños diferentes, para todos os nenos e nenas encontraren algo que se axuste ás súas personalidades. E con diferentes motivos a cada lado dos xogos de fundas nórdicas, poderán cambiar de estilo facilmente segundo as súas preferencias.

Velaquí todos os téxtiles para nenos
Un dormitorio infantil cunha estrutura de cama e un escritorio en madeira clara. A cama está feita con roupa de cama SANDLÖPARE en azul escuro/branco.
Un primeiro plano do debuxo dun guepardo nunha funda nórdica SANDLÖPARE inspirada na sabana e unha funda de almofada amarela.
Unha cama KURA pola noite cunha funda nórdica SANDLÖPARE multicolor e unha funda de almofada e unha suricata de peluche. A luz da casa está acesa.
Un neno aperta unha cría de xirafa de peluche SANDLÖPARE nunha cama con funda nórdica e funda de almofada SANDLÖPARE amarela.
Velaquí todos os téxtiles para nenos

Deixa voar a túa imaxinación

Esta colección abre un amplo abano de posibilidades no tocante a creatividade e o rolo para pintar e o libro de actividades SANDLÖPARE non son máis que o primeiro paso. Vai un paso alén e coloca cabezas nos extremos da cama e rabos nos cestos cos adhesivos decorativos SANDLÖPARE. Ou por que non crear os teus propios animais e deseños?

Velaquí máis material escolar e para traballos manuais
Dous nenos e un adulto están nunha estancia solleira pintando nun rolo para colorear SANDLÖPARE.
Un dormitorio con paredes beixes e andeis de madeira con adhesivos decorativos SANDLÖPARE con animais da sabana.
Velaquí máis material escolar e para traballos manuais

Camufla a cama cun dosel da sabana

Se o que queres é levar a sabana para a casa dunha soa peza, o dosel KURA con debuxos de animais é xusto o que andas a buscar. Estas tres cortinas están pensadas para camas KURA e podes instalalas sen importar a posición na que estea a cama, ademais de que te axudarán a transformar decontado calquera cama nun reino animal. Agóchate detrás das cortinas cando xoguedes ás agochadas ou reproduce os sons do león, mono, avestruz ou guepardo para ver quen asoma primeiro a man polo burato correspondente.

Velaquí todos os téxtiles para nenos
Velaquí todos os téxtiles para nenos

Agochado, mais non visto, con almacenaxe temática

A almacenaxe pode converterse nunha necesidade enfastiada en calquera dormitorio infantil. Mais non ten por que ser así. Coas maletas e bolsas SANDLÖPARE, recoller será unha parte máis do xogo. Aí veñen os leóns! Asegúrate de agochar todos os animais nun lugar seguro.

Velaquí máis solucións de almacenaxe e organización para cativos
Tres maletas empilladas debaixo dunha cama KURA e un tapete acolchado no chan, cun libro de actividades SANDLÖPARE enriba.
Un primeiro plano dunha maleta SANDLÖPARE en marrón claro con adhesivos inspirados na sabana.
A cabeza dun guepardo de peluche SANDLÖPARE asoma dunha bolsa de almacenaxe multicolor SANDLÖPARE, adornada con animais da sabana.
Un cativo sentado nun tapete acolchado SANDLÖPARE cunha cría de guepardo de peluche. Detrás ten almacenaxe inspirada na sabana.
Unha maleta SANDLÖPARE en marrón claro aberta sobre un banco de madeira. Dentro da maleta hai material artístico ben ordenado.
Velaquí máis solucións de almacenaxe e organización para cativos

Converte as bestas salvaxes nas túas amigas

A sabana non sería o mesmo sen os seus moradores. Leva para a casa un novo amiguiño do que aprender, co que xogar e ao que contarlle os teus segredos. As peluches SANDLÖPARE son as compañeiras perfectas para calquera aventura. Ademais, están feitas cun mínimo de 90% de poliéster reciclado e pódense lavar á máquina a 40°C.

Velaquí todos os xoguetes de peluche
Un neno axeonllado nun dormitorio decorado como se fose unha sabana cun chimpancé de peluche SANDLÖPARE nos ombreiros.
Un cativo aperta un guepardo de peluche SANDLÖPARE nunha cama con roupa SANDLÖPARE azul escura.
Velaquí todos os xoguetes de peluche