Pasar ao contido principal

Colección limitada MARKERAD

Acabas de mudarte de casa e é momento de buscar cousas que lle dean un toque persoal ao teu novo fogar.

Faino con MARKERAD, unha colección de edición limitada deseñada en colaboración co creador recoñecido mundialmente Virgil Abloh. Xuntos actualizamos varios obxectos cotiáns —dende reloxos ata cadeiras— cun estilo rechamante que pode axudar a que calquera casa destaque.

Unha bolsa IKEA marrón, coa palabra "SCULPTURE" escrita, aparece entre dúas esculturas brancas.
Unha bolsa IKEA marrón, coa palabra "SCULPTURE" escrita, aparece entre dúas esculturas brancas.
Virgil Abloh, de pé en fronte dunha multitude de persoas, explica un dos seus deseños.
A razón de ser da colección é achegar un toque artístico aos obxectos anónimos".

Virgil Abloh, deseñador

Dúas persoas novas transportan a mesa MARKERAD sobre as súas cabezas.
Aparece unha alfombra MARKERAD con forma de tícket de IKEA xigante colgada diante da cámara.
Aparece un conxunto de funda de edredón e almofada gris cunha etiqueta laranxa bordada suspendido no aire, tapando a cara dunha modelo.

Colección pensada para expresarse

A colección MARKERAD parte de deseños minimalistas clásicos e achégalles as referencias artísticas e os elementos subversivos propios do traballo de Virgil, coas súas emblemáticas comiñas por todas partes. Engaden un ton irónico aos produtos que creamos, perfecto para as persoas que queren decorar a súa nova casa cun toque fashion ou as que buscan actualizar a decoración da súa casa de sempre.

Toda a colección MARKERAD exposta nun almacén.
Un reloxo branco coa palabra "TEMPORARY" escrita por diante aparece en fronte dunha modelo sentada.
Un modelo levanta no aire unha bolsa IKEA marrón coa palabra "SCULPTURE" escrita.
Un home novo vestido con roupa de cores suxeita unha caixa de ferramentas IKEA laranxa coa palabra "HOMEWORK" escrita por diante.
Un modelo suxeita unha cadeira de madeira diante da cámara, amosando o tope de porta incorporado a unha das súas patas frontais.
Trátase de enaltecer o anónimo, as iconas cotiás que usamos sen darnos de conta. Ao poñer un tope de porta nunha das patas dunha cadeira corrente, creamos algo inesperado, unha interrupción".

Virgil Abloh

Vese un martelo vermello dentro dun armario de cristal con marco de madeira, e a súa sombra reflíctese no chan en fronte del.
Unha modelo suxeita un cadro da Mona Lisa diante da cara.
Dous modelos suxeitan un espello cunha greta longa dende a parte inferior ata a parte superior esquerda; unha das caras reflíctese nel.
Unha muller reclínase comodamente nun canapé de madeira con colchón gris.
Virgil leva o deseño moderno a un contexto contemporáneo. Mediante a interpretación da historia e a tradición dun xeito persoal único, crea deseños moi acordes co noso tempo".

Henrik Most, director creativo de IKEA